- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 3953
Feira de Santos en Monterroso
En Monterroso, Lugo
Feira de Santos, a Feira das Feiras
É coñecida como a feira das feiras pola súa dimensión e pola diversidade de productos que ofrece.
Cada un de novembro entre as oito e media da mañá e as cinco da tarde ocupa no centro da vila un espazo de oito hectáreas. Eiquí danse cita milleiros de persoas que acuden a ollar e mercar deceas de productos autóctonos que neste día se atopan en abundancia.
Mostras de cestería de frondosas, mimbres e xuncos da comarca, mel, noces, castañas, productos da horta, ovos de corral, xamón, centeo do país, queixos e ... sí o xamón de Monterroso é de gran prestixio non menos ten o queixo artesanal que nesta comarca se fai. Dende o ano 1993 conta ca " Feira do Queixo da comarca do Ulloa" feito en Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso.
A historia desta feira remóntase a inicios do xeculo XVI e o maior explendor dela a primeira metade do século XX cando era o primeiro mercado de gando cabalar de toda Galicia. De eiquí partían os animais de tiro que traballaban as terras en Castela antes da chegada da maquinaria.
Na actualidade a esta feira hai que ir e vela. De interese nacional conserva elementos propios; o mercado gandeiro atópase a dous Km do centro da vila e os regateos seguen presentes nas transaccións, e elementos comúns a calquera outra feira como son os postos para xantar o pulpo, ademáis en Monterroso en concreto pódese acompañar de pan de Melide, viño de Chantada e logo do postre un traguiño de augardente de Portomarín ou Rodeiro.
As aldeas e parroquias que salpican as terras desta comarca teñen fermosos templos románicos, cruceiros, pazos e castros dando conta da historia a todos os peregrinos que van por o camiño francés, que por estas terras pasa, a Santiago.
http://www.monterroso.es/gl/feira-de-santos-3