- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 3499
Festas de San Miguel ARCANXO
29 de Setembro día de S. Miguel
" A palabra anxo significa o mesmo que enviado; pero entre os Anxos e os Arcanxos hai a diferenza de que:
- Os anxos son aqueles espíritos que envía Deus para as cousas comúns e ordinarias;
- Os Arcanxos, son unha orde superior aos anxos, son enviados para os negocios extraordinarios e de maior importancia. A esta clase pertencen os anxos Gabriel, Rafael e Miguel"
Celebrado en moitas aldeas e vilas da xeografía galega. Ponteareas ou Santiago de Compostela están de festa neste día.
Celébrase en San Miguel de Pastoriza a nomeada Romarías Arteixás onde ao longo deste día hai mostras de traballos e artesanos, xogos populares e un bon xantar todo elo con un continuar son de música tradicional galega, gaitas e folk.