Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos
A+ A A-

Pardiñas Feira e Festa da Música e das Artes

Primeiro fin de semana de agosto Lagostelle (San Xoán)

"A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio, A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O Pazo, O Penedo, O Sanguiñedo, Senande, Sesulfe, A Torre.

A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a " Área Recreativa dos 7 muíños" que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local. De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) á tardiña, cando as ras comezan a croar, crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños. Este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga. Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estas adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .

Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así porque o gnomon se despraza ao longo do ano según a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra."

Fonte: Web do Concello.

Colabora : http://andu.es

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Pontes de Gatin

     PONTES DE GATÍN BECERREA                                                               LUGO   Becerreá es el umbral de para recorrer una de las zonas más agraciadas por la naturaleza: los Ancares.        Es el punto de partida para acceder a la Sierra de Ancares pero cuenta tambien con sus propios espacios naturales entre los que destacan las orillas del río Navia...

Campodola

  http://www.xoanarcodavella.com/2016/02/campodola-quiroga-lugo.html?m=0 La Comarca de Quiroga incluye los municipios de Folgoso de Caurel, Quiroga y Ribas de Sil, en la zona conocida como Ribeira Sacra. Estos dos últimos municipios, bañados por el río Sil junto con el de Folgoso, en las sierras de O...

Castroncán

http://aldeasgallegas.com/Castroncan/castroncan.htm Castroncán (Campo antigo da feira e castro prerromano).  PDF de INTERESE Samos sería un lugar onde os veciños dos castros da Roda do Castro, do Castro da Margarida, os do Castroncán, os do Castro de Loureiro,  celebraban a asemblea máis importante do ano; o...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros

   diadegalicia

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA