Slide background

GALICIA

Terra

Patrimonio

RURAL

Horta, Viño, Roza, Sega, Pan, Liño, Xabón, Matanza...

CONCELLOS

Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra

RÍOS E FERVENZAS

Auga de Vida

GASTRONOMÍA

Cociña Tradicional

TRADICIÓNS
EVENTOS
ENTROIDO
VILAS GALEGAS
FESTAS GALEGAS
FEIRAS GALEGAS
Slide background
Eventos
SOSTENIBILIDADE
Cultura

VISITA ESTA WEB

Ven a coñecer Galicia

ALDEAS E VILAS

CONCELLOS
TRADICIONS

HORTAS
de Galicia

PAISAXES
MAR E MONTAÑA

ROMÁNICO
Tradicións
Slide background

Descubre

MUNDO RURAL

Despega a outros sitios
Segue os enlaces!

O mellor é vivir en Galiza

Citas culturais anuais

Festival Irmandiño de Moeche

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

" O festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns  galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os primeiros organizadores tiñan  como motivo máis tanxíbel e máis próximo,  conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da  nosa historia. Hoxe en  día, este obxectivo estase a cumprir grazas á constancia e entrega de moita xente implicada con este concello e con este país.

A manifestación artística propia do Irmandiño é a música folk, que nos anos 80 era un dos símbolos reivindicativos de Galiza. Pero tamén houbo espazo para outras artes: teatro, artesanía, etnografía, pintura, artesanía, música coral, deseño (concurso de carteis), investigación, (Premio de investigación histórica),

Para todas as persoas que ao longo do tempo estiveron ligadas ao festival dalgún xeito  unha das características  é a capacidade de aglutinar xentes de todas as idades, dende nenos a vellos, e de diferentes lugares.

A transmisión interxeracional é un trazo do Irmandiño xunto co feito de ser unha festa aberta; dende o primeiro ano os veciños e veciñas de Moeche non estiveron sós xa que o festival é froito do traballo de moitas persoas  ligadas afectivamente a Moeche. O relevo na organización vai pasando de mans en mans,  mesmo de xeración en xeración; os que botaron a andar os primeiros Festivais continúan vecellados e así hoxe participan homes e mulleres que sobrepasan os 70, e incluso os 80, con pequenos e pequenas de curta idade.

Non podemos deixar de  mencionar a ese público fiel  que ano tras ano nos visita, mozos e mozas  que acoden sen falta á cita do Irmandiño e sen eles o festival non sería o mesmo.

O inicial espírito reivindicativo da nosa existencia como pobo con cultura e lingua de seu así coma da nosa conciencia social, especialmente nestes tempos  de vertixe e uniformización, debe seguir vivo nas vindeiras edicións e así se veu plasmando especialmente  nos diferentes pregóns da man do poeta Manuel María, o artista Xurxo Souto,  os poetas Rafa Villar e Alfonso Venancio ou o escritor Sechu Sende.

Só resta desexar que o Festival Irmandiño siga sendo unha expresión da cultura como  sinal de afirmación colectiva, expresión dunha tradición da que todos e todas debemos aprender  para construírmos o futuro da nosa Terra.

Agradecemento  sinceiro a todo o movemento asociativo de Moeche que estivo presente na organización os diferentes anos:

Asociación de Veciños Castelo de Moeche      

Asociación C.e D. El Fenix                              

Asociación Ecuestre 23 de abril

Agrupación Riandola

APA do Colexio de Moeche

Asociación Cultural O Castelo de Moeche "

FONTE: http://www.festivalirmandino.galeon.com/index.html

 

Tags: moche, irmandiño

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.