A PANDEMIA  TEN O PROTAGONISMO

De ben seguro que neste 2021 este evento, como tantos outros, quedará suspendido. Esperamos que pase pronto toda esta situación e que volvamos a recuperar a antiga normalidade e podamos seguir a festexar acontecementos históricos tan importantes como este.

FESTA DA ARRIBADA Gran Mercado Medieval - Baiona

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

Libros Peruchela Edicións

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato