PROCESIÓN DOS CADALEITOS
Romería de Santa Marta
Falar de Santa Marta de Ribarteme é falar dunha das romarías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mestura de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda.
A procesión é presidida tódolos anos pola imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.
Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.
Esta romaría cobra un carácter especial pois nela poderase ver algún que outro penitente introducido nun ataúde solicitando a intervención milagreira da santa, co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que esta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carme.
Ligazóns de Interese
Santa Marta de Ribarteme. Procesión de los ataúdes. As Neves (Pontevedra)