Rapa das Bestas en Sabucedo
En 1567 dúas irmás de Sabucedo, un pobo de Pontevedra, foron pedirlle a San Lorenzo que lles librase da peste negra, a cambio estas regalaríanlle dous cabalos.
Contan que este foi o inicio da tradición coñecida co nome “ rapa das bestas”, que se vén celebrando neste pobo desde hai máis de 4 séculos.
A rapa consiste na procura grupos de cabalos salvaxes. Homes a pé corren axudados por outros homes a cabalo, rodeando os grupos e facendo baixar ata o pobo que está a un 15 km de distancia. Unha vez no pobo, encérranos no curro, unha praza circular feita de paredes de pedra. Nenos de entre 12 e 15 anos inícianse nesta tradición separando aos poldros dos cabalos.
Despois chega a quenda dos homes, teñen que conseguir someter aos cabalos, raparlles as crines, as colas e marcalos.
Son necesarios 3 homes para someter a un cabalo, un móntao para cansalo, outro o colle polo pescozo, o terceiro cólleo pola cola, rápao e márcao.
Sen dúbida a doma dos animais é unha arte ancestral transmitida de xeración a xeración que perdura nos nosos días.
Nin se lles quere facer dano, nin se realiza esta práctica por divertimento.