As Herbas de San Xoán

AS HERBAS
DE SAN XOÁN

As Herbas de San Xoán

A TRADICIÓN DO SAN XOÁN | SOLSTICIO DE VRAN

Para os nosos antergos e para moitos de nós todo existe e se rexenera nun ciclo eterno. Co paso das estacións transcorre o ciclo da vida natural, nacemento, reprodución, morte e renacemento que infinitamente xira. 
Na prehistoria o home é consciente da importancia estacional, que marca o ritmo e os tempos na agricultura. Con ela aparecen os primeiros rituais que se acentúan nas datas dos solsticios.
Cando xurdiu o cristianismo a igrexa católica en troques de impoñer aproveitou as datas paganas relacionadas cos ciclos astronómicos que xa estaban instauradas e fixo coincidir nelas os santorais e as festividades máis importantes.  Foi daquela cando  a festa do solsticio de verán pasou  á noite de San Xoán. Outrora era o orballo desa noite o que lle daba ás herbas as virtudes. Despois a igrexa otórgalle a San Xoán o poder de bendicilas.
En Galiza endexamais deixou de existir a creenza de que é o orballo desa noite o milagreiro e en moitos lugares séguese a deixar un cacharro con distintos tipos de prantas, según a zona.
As prantas recóllesense á tardiña do mesma víspera do San Xoán e deixanse ao orballo toda a noite.
 
Según a tradición oral as prantas que se empregan teñen que ter 3 cualidades esenciais. Un arume especial, propiedades menciñais e repelentes do mal.
Nas datas dos solsticios o mundo dos mortos e dos vivos están rozándose e as criaturas malignas poden entrar na familia e facer moito dano polo que todo ritual é pouco para evitar a entrada do mal no fogar.
Por excelencia a herba que non pode faltar este día e o Hipericum Perforatum, herba de San Xoán.  Podes escoller entre estas outras para completar as túas sete prantas: Malva;  Herba Luisa; Romeu; Fiollo; Xesta; Fento Macho , Ruda, Sabugueiro, Estraloque; Loureiro..
Noutros lugares de Galicia recóllense pétalos de sete rosais de distanta cor deixándose ao orballo da noite. Ao mencer lavarémonos con eles para previr as enfermidades da pel e manter a beleza.

As xuntanzas que pola festa do Solsticio de vran se fan en cidades e aldeas galegas son centos.
Sardiñadas, pancetadas, preceden ás queimadas preparadas mentres se recitan o unísono os conxuros.
A noite máis curta do ano é noite de meigas.
O lume e a auga  armas pra loitar contra os males.
Saltar a fogueira un número impar de veces é unha tradición esta noite.
Na Coruña O SAN XOÁN é festa de interese Turístico, en SARRIA e Noite de Meigas e nas praias de SANXENXO ou LOURO e outras, a TRADICIÓN do baño das nove cordas que toman as mulleres que non poden ter descendencia.

CONXURO DA QUEIMADA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.

Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.

E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é  verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.

 

Vran en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA