Romaría Labrega
Segundo fin de semana de agosto
Ruta Cabalar - Feira de Artesanía - Carreira Popular - Carreiras de Cabalos - Música Folk - Marcha en Bicicleta - Sega do cereal con Fouciñas - Malla do Trigo - Festa da Escuma e Carreira con Cortacéspede - Bon xantar e música tradicional ao longo dos dous días nos que se desenvolven as actividades.
Ligazóns de interese: Facebook do Evento
Vilares (Os) (San Vicenzo)
Os Vilares é unha parroquia que está a 7 km de Guitiriz e que conta con 44 entidades poboacionais.
O seu patrimonio histórico cultural é amplo. A orixe da súa igrexa parroquial data do século XII e conta nas inmediacións cun conxunto de cruceiros que amosan a paixón e morte de Xesús.
Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.
Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada. "É unha enorme rocha situada nun fermoso contorno natural. A lenda conta que Roldán (lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada."
Fonte: Web do concello Colabora: www.andu.es