- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 3472
2ªdo sábado de xullo, Feira Guímara - Medieval
Coñecendo a situación histórica
A Pobra do Brollón foi un dos escasos "territorios de realengo" que conservou a Coroa en Galiza. Todalas aldeas deste territorio durante a Idade Media eran, polo tanto, de realengo que son os que teñen por señor a “Su Majestad, Dios le guarde, sin que se reconozca otro señorío ni por esta razón se pague cosa alguna a ningún señor”. Un privilexio para a nosa terra nesa época de tantos séculos que abarca este periódo, xa que a maior parte do territorio de Galicia era de xurisdicción señorial ou de abadengo, sendo escasas as terras de xurisdicción real.
Imaxes V Edición
Alá por o ano 1494 os procuradores de A Pobra do Brollón, Gonzalo de Losada e Xoán Franco, denunciaron ós Reixes Católicos que:
"El Conde de Lemos y sus oficiales obligaban a los vecinos de Puebla a realizar una serie de serventías y fazenderas, con es ir a labraren en su cavas e ferrerias, e en otras cosas, e faziendo cortar madera e que los dichos las llevasen a sus casas sin les pagar por ello salario alguno". Referencia: La Nobleza gallega en la Baja Edad Media, de P. García Oro.
Os Reies reprenderon ós Condes de Lemos por tales abusos, pero ós poucos días, esos mesmos Condes quixeron impor un novo dereito que incluía o pago da quinta parte de pan e do viño que se recollían en dita terra do Brollón. Os veciños resistiron unha vez mais e pediron os Reies unha solicitude de amparo, e os reies tiveron que recordarlles unha vez mais aos feudais de Lemos que a terra da Póboa era de realengo e que semellantes exaccións foran prohibidas por as cortes de Toledo no ano 1480."
Enlaces:
Feira Guímara - 2016
Enlace a lista de Reproducción 2016
Enlace a páxina oficial do Facebook do Evento