70ª edición da popular Carreira de Burros
Martes 4 agosto
Foto: Peruchela
Escairón, concello do Saviñao (Lugo)
"Esta tradicional carreira de burros celébrase a mañá do derradeiro día das festas patronais de Escairón, na primeira semana de Agosto.
Trátase dunha proba nas que os animais cós seus respectivos xinetes dan voltas ao redor do antigo campo de fútbol competindo por ser os
primeiros. De seguido realízase unha tamén moi tradicional competición de tiro de cordas entre as xentes de diferentes parroquias que
abranguen as terras do concello do Saviñao.
Tense constancia desta celebración xa nun cartel anunciando as festas alá polo ano 1943."