FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL
Primeiro domingo de agosto
Dende 1961 celébrase a "Romaría Viquinga", festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2002.
No século XI na mariña lucense avistouse unha frota de naves normandas achegándose ás costas.
Seica o Bispo San Gonzalo, púxose a rezar e o fervor da súa Fe levantou unha gran tormenta que fixo naufragar a toda a frota.
A través dos cauces dos ríos os invasores adentrábanse no territorio galaico. Así fixeron para chegar á localidade pontevedresa de Catoira.
Aquí neste enclave xúntanse as augas do Ulla coa ría de Arousa. É a entrada máis natural para ir a Compostela.
Cada primeiro domingo de agosto celébrase a Romaría Vikinga en Catoira.
A recreación do desembarco é o acontecemento central da festa.
A golpe de remos o drakrar vikingo rodea a illa do rapto e alcanza a península de Catoira.
Os invasores saltan á terra e loitan cos habitantes que só teñen aperos de labranza a modo de armas polo que algunhas doncelas son secuestradas.
O Sangue desta batalla convértese en viño tinto do Ulla que corre abundante na romaría.
O día grande é o domingo pero días antes xa se pode disfrutar das xornadas Catoira na Historia.
Outro xeito de dicilo
"Romaría Viquinga de Catoira - Nesta data, Catoira escenifica nun singular espectáculo as invasións viquingas que sufriron hai máis de mil anos. Tras un asalto cheo de euforia e viño, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval e a posterior verbena da Alameda"
Enlace de Interese
https://es-es.facebook.com/RomeriaVikingaCatoira/