Verán
Verán

- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2081
Folión de Carros
Chantada 4º Fin de semana de Agosto
Celébrase anualmente o cuarto fin de semana do mes de agosto grazas á asociación Amigos do Folión que se fundou no ano 1989 co obxectivo de manter no tempo esta antiga tradición, a cal, segundo algúns data da Idade Media e segundo outros incluso da era castrexa.
No ano 2002 foi declarada Festa de Interese Turística de Galicia e está a espera de converterse en ben de interese cultural BIC.
As rúas de Chantada neste día que coincide coas festas patronais, retorna a un pasado tradicional e exalta oficios arraigados en décadas anteriores.
Enlaces de Interese:
https://www.facebook.com/Folión-de-carros-de-Chantada-172189359458490/
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3053
OS COLEXIOS DOS CONCELLOS RURAIS
LIGAZÓN A RELACIÓN DE CENTROS DE ENSINO GALEGOS
Ligazón a artigo orixinal: http://aldeasgallegas.com/colexio.htm
Noticias relacionadas:Un colexio rural que medra
- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 3664
Feira do Viño de Valdeorras
O Barco de Valdeorras Páxina Oficial : D.O. Valdeorras - Información de Festas
Sobre o viño destas terras
A tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Na actualidade abarca as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín.
As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei.
As variedades de castes autorizadas son: Para os brancos, con preferencia, o Godello, e ademais, Doa Branca e Palomino ou Xerez. Para os tintos, preferentemente, o Mencía e Sousón, aínda que tamén Brancellao, Merenzao ou María Ardoña, Negreda, Garnacha Tintorera, Alacante, Tempranillo e Grao Negro.
Brancos
Elaborados a partir das variedades brancas (preferentes: Godello, Loureira, Treixadura, Doa Branca, Albariño, Torrontes e Lado. Autorizada: Palomino)
Elabóranse:
VALDEORRAS GODELLO: cun 100% de Godello.
CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades preferentes.
VALDEORRAS BRANCO: elaborados coas variedades preferentes ou autorizadas brancas.
Tintos
Elaborado con uvas tintas preferentes (Mencía, Tempranillo, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto, Espadeiro e Ferrón), ou autorizadas (Gran Negro, Garnacha Tintureira e Mouratón).
Elabóranse:
VALDEORRAS MENCÍA: cun 85% de Mencía.
VALDEORRAS CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades tintas preferentes.
VALDEORRAS TINTO: coas variedades preferentes ou autorizadas tintas.
Escumoso
Un viño espumoso obtido segundo o método tradicional, elaborado cun mínimo do 85% de uva da variedade godello.
Tostado
Viño naturalmente doce elaborado a partir das variedades tintas ou de Godello.
Produción Controlada
Os distintos viños tintos acabados de mencionar, e o Valdeorras Godello que se elaboren con uva procedente de parcelas con limitación de produción.
Crianza
Todos os tipos de viños brancos e tintos de Valdeorras sometidos ao envellecemento en barricas de carballo poderán ser, segundo a lexislación vixente, Barrica, Crianza e Gran Reserva.
FUENTE WEB OFICIAL DO CONSELLO REGULADOR D.O. VALDEORRAS
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3446
FESTAS DO CARME
16/07 FESTA DAS REDES en Ares - O CARME Riveira, Moaña, Portonovo, SanXenxo, OGrove, Foz, Melide, Arzúa, Rianxo, A Garda, Camariñas
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3425
ECCE HOMO
Antes a Rubían iamos comer debaixo das árbores cós avós, empanadillas, polo ou o que fose. Case sempre o avó traía melindres de Ourense.
Hoxe segue a misa con procesión na honra ao Ecce Homo onde numerosos ofrecidos realizan o percorrido descalzos có traxe morado de nazareno para pedirlle ao santillo que lles cure dalgún mal.
Logo á tarde festa con orquestra.
Xa comeza o día 14 de setembro, día de feira con verbena e queimada. Os dous dias seguintes misas, sesión vermout , xantares e grandes orquestas.
MÁIS INFORMACIÓN
Esta tradición remóntase ao século XVIII, época na que ademáis pelegrinaban fieis de toda a comarda de xeonllos ata esta capela do Diviño Ecce Homo de Rubían . Ligazón
ANOS ANTERIORES
2008 Concierto presentación na Capela
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3024
AS FACHAS DE CASTELO
Fai miles de anos que se celebra este ritual de autoafirmación que reune aos tres símbolos máis importantes do druidismo celta, o lume a planicie e o circulo.
A piques de perdeserse esta costume, na década dos noventa grazas a laboura duns poucos fundouse a asociación As Fachas co obxetivo de garantir a súa perseveranza tempo.
No castro de Castelo, na noite do 7 ao 8 de setembro colócanse no perímetro do asentamento marcando a súa estructura circular e separados por espacios minuiciosamente medidos, fachas de ata sete metros de altura, ás que se lle poñerá lume cando a escuridade sexa completa.
No medio do silencio asoma un son bárbaro producido polo crepitrar das lapas das ducias de fachas. Veciños e curiosos visitantes son testigos deste impresionante espectáculo igneo que permite desfrutar da cumunión cós seus mais remotos ancestros.
O lume préndeselle ás fachas de arriba para baixo e a mellor feita será a última en extinguirse, pola que levarán premio os seus elaboradores.
Enlace a PDF de interese (pronto)
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3910
ROMARÍAS de Setembro
Son moitas as localidades en Galicia que celebran as súas festas ou romarías nos días sete, oito e nove de setembro.
Romaría de nosa señora da Barca en Muxía "Esta romaría, que mestura relixiosidade e troula, é unha das máis concorridas de Galicia. Tras cumprir cos ritos da Pedra de Abalar ou da Pedra dos Cadrís, os devotos poden gozar dunha comida campestre entre música de gaitas e pandeiretas, e continuar a festa na localidade"
Os Remedios en Sarria, Ribas Pequenas, Baños de Molgas,, Amil, Moraña.....
Romaría de Cadeiras http://coladodovento.gal/romaria-da-virxe-de-cadeiras-pinol/
Os Milagres no Cebreiro máis datos
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3521
LIGAZÓNS DE INTERESE
O SAN VITOIRO na Pobra do Brollón
27 de agosto S. Vitorio
A NOSA SEÑORA DA LANZADA. A IDEA DO MÁIS ALÁ
A XÉNESE DUN SANTUARIO COSTEIRO Rafael Quintía Pereira1
SAN RAMÓN E SANTA MARIA EN VILALBA
31 de agosto S. Ramón en SALCEDO
TEIXEIRA - A POBRA DO BROLLÓN - Por Arco da Vella
San Xil en Bóveda
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3070
Último fin de semana de Agosto
RIBADAVIA, revive a súa Historia
Saber máis : http://festadaistoria.com/
http://festadaistoria.com/?seccion=festa_da_istoria
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 1444
En agosto na Limia.
Historia do Evento
Segundo a tradición, cando os romanos chegaron a Limia quedaron abraiados pola fermosura da paisaxe e o seu río, o cal confundiron co río Lethes, o río do esquecemento. Contaba a lenda que quen o cruzase esquecería todo o relativo á súa vida pasada e ao seu lugar de orixe. Foi así como durante moito tempo, o exército desistiu da idea de conquistar os territorios máis alá da vía fluvial por medo á amnesia.
Foi Décimo Junio Bruto o único que non se deixou levar pola superstición. Arrebatoulle o estandarte a un dos seus homes e cruzou o río. Cando chegou ao outro lado foi chamando aos soldados polos seus nomes para demostrar que aínda mantiña os seus recordos.
Este episodio da historia recréase na celebración da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia o penúltimo fin de semana de agosto.
Na festividade pódense ver campamentos militares da época, un mercado de produtos galaico-romanos e desfiles entre outras cousas. O máis representativo da festividade é a escenificación do paso dos romanos polo Limia e a posterior batalla.
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 4352
DÍA DOS MÁRTIRES GALEGOS
17 de Agosto
Así narraba o inolvidable Xosé Neira Vilas, alá polo ano 2010, como xurdiu esta data para homenaxear a todos aqueles que morren por causas inxustificables.
"Sobre o líder galeguista Alexandre Bóveda, amigo e compañeiro de loita de Castelao, lévase escrito moito. Xerardo Álvarez Gallego falábame en Buenos Aires, en 1956, do proxecto de escribir unha biografía de seu cuñado; quería dar testemuño daquel mártir cercano, pois fora testemuña día a día da súa vida e do seu tráxico final. Anos despois deu a coñecer Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. Publicáronse tamén moitos poemas na súa memoria. Na diáspora arxentina instituímos o 17 de agosto -data do fusilamento de Bóveda na Caeira- como Día dos Mártires Galegos, con actos que organizaba unha comisión integrada por case unha decena de asociacións de emigrantes. Pasaron 74 anos daquel asasinato e a figura de Bóveda agrándase no tempo. Con el "enterraron semente" que segue abrollando nas conciencias dos bos e xenerosos.
O máis dramático desta biografía é o arbitrario proceso que desembocará na morte brutal. Vemos a súa valentía, a súa determinación e a súa tenrura familiar. Cando confesa que a súa morte vai ser o seu derradeiro acto de servizo a Galicia, fainos recordar a frase de Julio Antonio Mella, o líder popular cubano, mandado asasinar en México uns anos antes polo tirano Machado: "Aún después de muertos somos útiles".
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 1886
FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS NATURAIS
PONTE DE LOUZARA, SAMOS
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2450
FESTA NORMANDA EN FOZ
ALGO DE HISTORIA
Na época das invasións viquingas ó Reino de Galicia, una gran frota normanda intentou penetrar nas terras de Foz.
No século IX o Bispo de San Martiño de Mondoñedo, nomeado Gonzalo, colleu fama de Santo perdurando no tempo a súa lenda.
No alto da Grela, Bispo e plebe intentaron aceptar o fatal destino que lles ía tocar e comezaron a rezar. De súpeto, o ceo comezouse a nubrar, soprando o vento e levantándose unha tempestade no mar. O bon Gonzalo mantíñase rezando mentras os abraiados ferigreses vían como o temporal ía a máis, de xeito que a frota viquinga comezaba a amosar dificultades para entrar na ría.
As violentas olas e o vento comezaron a fundir naves viquingas, que non podían chegar a terra nin escaparse mar adentro. O Bispo Gonzalo seguía rezando mentres raios e xigantescas ondas facían naufragar barco tras barco, ata que só quedou un que segundo o Bispo, Deus quixo que levase aviso da dificultade de asaltar as terras cristiás.
Dende aquel día, celébrase na capela do Obispo Santo do Alto da Grela unha muy popular romaría e dende 2011 ten lugar a festa normanda en Foz en recordo do milagro de Gonzalo.
[gallery title="Imaxes por Mercenarios Galaicos " width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/1.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/3.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/2.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery]
[gallery title=" " width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/4.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/5.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/6.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/10.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/8.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="" src="/images/eventos/Normanda/9.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery]
Fonte: http://www.festanormanda.com/historia/
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3220
FESTIVAL IRMANDIÑO EN MOECHE
No ano 1431, Roi Xordo apoiado por uns 10.000 homes tomou o Castelo de Moeche, centro dun triángulo formado polos castelos de Vilalba, Andrande e Narahío...
" O festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.
Os primeiros organizadores tiñan como motivo máis tanxíbel e máis próximo, conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da nosa historia...." Ler artigo completo
Ligazóns de Interese:
Facebook do Evento - Visitar Moeche - Concello de Moeche - Castelo de Moeche
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 1460
Celanova, segundo fin de semana de agosto
Introdución
No ano 1970 descubriuse nun xacemento castrexo de Castromao unha placa de bronce onde figuraba un pacto establecido de convivencia pacífica entre ese asentamento e os romanos que data do ano 132 dc. O folión castexo de Celanova busca conmemorar este episodio da historia antiga.
Nesta festividade, centos de persoas vístense coas roupas dalgún clan castrexo ou ben das lexións romanas e recrean a convivencia harmónica que tivo lugar alí. Para facelo, representan o encontro entre ambos bandos, a súa conciliación e finalmente rematan con danzas da época.
Ligazóns relacionados
http://www.terradecelanova.com/html/folion_dos_castros.htm
http://www.xoanarcodavella.com/2017/07/poblado-castrexo-de-castromao.html
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2249
Romaría Labrega
Segundo fin de semana de agosto
Ruta Cabalar - Feira de Artesanía - Carreira Popular - Carreiras de Cabalos - Música Folk - Marcha en Bicicleta - Sega do cereal con Fouciñas - Malla do Trigo - Festa da Escuma e Carreira con Cortacéspede - Bon xantar e música tradicional ao longo dos dous días nos que se desenvolven as actividades.
Ligazóns de interese: Facebook do Evento
Vilares (Os) (San Vicenzo)
Os Vilares é unha parroquia que está a 7 km de Guitiriz e que conta con 44 entidades poboacionais.
O seu patrimonio histórico cultural é amplo. A orixe da súa igrexa parroquial data do século XII e conta nas inmediacións cun conxunto de cruceiros que amosan a paixón e morte de Xesús.
Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.
Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada. "É unha enorme rocha situada nun fermoso contorno natural. A lenda conta que Roldán (lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada."
Fonte: Web do concello Colabora: www.andu.es
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 4096
58ª Edición - Agosto 2020
57ª Edición - Agosto 2019
Festa do polbo do Carballiño
No Mosteiro de Oseira, teñen depositados os legados históricos que atestiguan que esta zona é da tradición pulpeira xa que a aldea de Arcos, tamén parroquia do Carballiño, posuía terras con mar e costa onde dende fai séculos os seus habitantes se adicaban á pesca do polbo galego.
56ª Edición 12 Agosto 2018
Información sobre edicións anteriores 2010 a 2015
[gallery title="Imaxes da LIV Edición da Feira do Pulpo do Carballiño" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]Ano 2016 - 54ª Edición da Feira adicada ás cidades e vilas do Eixo Atlántico
[gallery_item title="Iglesia Vera Cruz del arquitecto Antonio Palacios" src="/images/eventos/polbocarba/20.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="pulpo en el Carballiño" src="/images/eventos/polbocarba/11.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Melindres e Bica" src="/images/eventos/polbocarba/14.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Presidente Xunta de Galicia saudando" src="/images/eventos/polbocarba/34.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Nuñez Feijoo saudando aos veciños do Carballiño" src="/images/eventos/polbocarba/35.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Alcade do Carballiño xunto coa Directora de Turismo e o Presidente da Xunta" src="/images/eventos/polbocarba/30.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="Mª Nava Castro Domínguez. Directora Turismo de Galicia e outras autoridades " src="/images/eventos/polbocarba/109.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="potas de cobre tradicional de cocer o polbo" src="/images/eventos/polbocarba/107.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="Posto de venta tradicional - Navallas" src="/images/eventos/polbocarba/108.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Posto de venta tradicional, allos" src="/images/eventos/polbocarba/106.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item]
[/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Promoción do centro agrogandeiro Inorde" src="/images/eventos/polbocarba/42.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Promoción do centro agrogandeiro Inorde" src="/images/eventos/polbocarba/33.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Promoción do centro agrogandeiro Inorde" src="/images/eventos/polbocarba/16.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Grupo Folclórico Portugués" src="/images/eventos/polbocarba/40.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Grupo Folclórico Portugués. Danza e Cante " src="/images/eventos/polbocarba/41.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Pulpo cocendo" src="/images/eventos/polbocarba/13.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Vista xeral do xantar" src="/images/eventos/polbocarba/110.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="camareiros do evento" src="/images/eventos/polbocarba/104.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="pulpeiros do evento" src="/images/eventos/polbocarba/102.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][/gallery]
TENDA DE RETRATOS -GALERIA 2016 VIDEOS 2016 ENLACE
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3312
Mercado Medieval en MONDOÑEDO
En agosto, XXVII Edición
Celébrase anualmente o segundo domingo de agosto revivíndose a Idade Media ao longo de toda a xornada.
O casco histórico da cidade de Mondoñedo, declarado conxunto histórico-artístico en 1985 acolle este mercado medieval que é un dos máis antigos da provincia de Lugo.
Facebook do Evento
https://www.facebook.com/groups/46835578050/
Ligazóns Relacionadas: Un paseo una foto , Cultura , Mondonedo.net
Info Web Concello http://www.concellomondonedo.es/
- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 1745
Festa da Prehistoria
MOS - Pontevedra
2º Fin de semana de Agosto
"Organizada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria. Esta festa celébrase sempre o segundo fin de semana de agosto no parque forestal da Penacova polo que transcorre o sendeiro histórico de Mos. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional neste tipo de celebracións xa que a raíz do seu nacemento xurdiron outras en diversas localidades españolas. Os participantes agrúpanse en tribos ao modo das antigas sociedades prehistóricas, constrúense chozas e organízanse xogos e competicións nos que participan todos os clans ou tribos involucradas nesta celebración."
Ligazóns relacionados:
Páxina oficial do Evento: https://festadaprehistoria.wordpress.com/
Informacion Web do Concello de MOS
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3661
MEL DE GALICIA (I.G.P)
Unha das cousas polas que Galiza ten fama a nivel mundial é pola calidade do seu mel. Pódese mercar en calquera das seguintes feiras anuais que se veñen celebrando na nosa xeografía. É moi habitual atopar postos nas feiras tradicionais de calquera localidade.
O mel séguese a producir a nivel particular e para consumo propio nas aldeas. Nestes anos hai un novo rexurdimento deste produto alimenticio e proliferan as empresas familiares en toda a xeografía galega.
FEIRA DO MEL DE QUIROGA
Organiza: http://www.concellodequiroga.com
Oferta: Mel e produtos do campo
Data habitual: 10 de Agosto, coincidindo coa feira mensual
Enlaces relacionados coa comarca
FEIRA MONOGRÁFICA DO MEL DE CERDIDO
Organiza: Concello de Cerdido
Oferta: Mel e produtos do campo
Data habitual: Outubro
Telf.: 981411013
FEIRA DO MEL DE ORTIGUEIRA
Organiza: Delegación de Ortegal da Asoc. Galega de Apicultores
Oferta: Produtos relacionados coa apicultura
Data habitual: 11 de Novembro ( Día de San Martiño)
Telf.: 981 400 106
FEIRA DO MEL DE FERREIRA - VALADOURO
Oferta: Mostra e degustación de mel da comarca e apicultura en xeral.
Data habitual: Segundo fin de semana de outubro
Telf.: 982574000
FEIRA DO MEL DE MONDOÑEDO
Organiza: Asoc. Galega de Apicultores
Oferta: Produtos relacionados con la apicultura
Data habitual: Outubro (San Lucas)
Telf.: 982507034
FEIRA DO MEL DE MOECHE
Organiza: Concello de Moeche
Oferta: Todo tipo de produtos apícolas
Data habitual: Febreiro
Telf.: 981404006
Fontes de Información:
http://www.feriasdegalicia.com
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3284
70ª edición da popular Carreira de Burros
Martes 4 agosto
Foto: Peruchela
Escairón, concello do Saviñao (Lugo)
"Esta tradicional carreira de burros celébrase a mañá do derradeiro día das festas patronais de Escairón, na primeira semana de Agosto.
Trátase dunha proba nas que os animais cós seus respectivos xinetes dan voltas ao redor do antigo campo de fútbol competindo por ser os
primeiros. De seguido realízase unha tamén moi tradicional competición de tiro de cordas entre as xentes de diferentes parroquias que
abranguen as terras do concello do Saviñao.
Tense constancia desta celebración xa nun cartel anunciando as festas alá polo ano 1943."
Ligazóns de interese
- Categoría pai: Eventos
- Visitas: 1130
PEMENTO DE ARNOIA
GALEGO DE RAZA
Festa de Interese Turístico Galego
Primeiro Fin de Semana de Agosto
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2012
Pardiñas Feira e Festa da Música e das Artes
Primeiro fin de semana de agosto Lagostelle (San Xoán)
"A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio, A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O Pazo, O Penedo, O Sanguiñedo, Senande, Sesulfe, A Torre.
A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a " Área Recreativa dos 7 muíños" que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local. De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) á tardiña, cando as ras comezan a croar, crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños. Este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga. Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estas adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .
Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así porque o gnomon se despraza ao longo do ano según a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra."
Fonte: Web do Concello.
Colabora : http://andu.es
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3429
ALBARIÑO DE CAMBADOS, PONTEVEDRA
Celébrase durante a semana do primeiro domingo de agosto.
É a festa do viño branco máis multitudinaria da comunidade. Enche durante cinco días as rúas de Cambados de casetas onde degustar o Albariño e a gastronomía das Rías Baixas, amenizado todo con espectáculos pirotécnicos e musicais que garanten a diversión.
Esta festa do viño é a máis antiga de Galicia e a segunda de España, considerada ademais Festa de Interese Turístico Nacional.
Naceu no ano 1953 coa colleita do 1952.
Ligazóns de interese
Saber máis do Evento
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3897
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL
Primeiro domingo de agosto
Dende 1961 celébrase a "Romaría Viquinga", festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2002.
No século XI na mariña lucense avistouse unha frota de naves normandas achegándose ás costas.
Seica o Bispo San Gonzalo, púxose a rezar e o fervor da súa Fe levantou unha gran tormenta que fixo naufragar a toda a frota.
A través dos cauces dos ríos os invasores adentrábanse no territorio galaico. Así fixeron para chegar á localidade pontevedresa de Catoira.
Aquí neste enclave xúntanse as augas do Ulla coa ría de Arousa. É a entrada máis natural para ir a Compostela.
Cada primeiro domingo de agosto celébrase a Romaría Vikinga en Catoira.
A recreación do desembarco é o acontecemento central da festa.
A golpe de remos o drakrar vikingo rodea a illa do rapto e alcanza a península de Catoira.
Os invasores saltan á terra e loitan cos habitantes que só teñen aperos de labranza a modo de armas polo que algunhas doncelas son secuestradas.
O Sangue desta batalla convértese en viño tinto do Ulla que corre abundante na romaría.
O día grande é o domingo pero días antes xa se pode disfrutar das xornadas Catoira na Historia.
Outro xeito de dicilo
"Romaría Viquinga de Catoira - Nesta data, Catoira escenifica nun singular espectáculo as invasións viquingas que sufriron hai máis de mil anos. Tras un asalto cheo de euforia e viño, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval e a posterior verbena da Alameda"
Enlace de Interese
https://es-es.facebook.com/RomeriaVikingaCatoira/
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 5082
PROCESIÓN DOS CADALEITOS
Romería de Santa Marta
Falar de Santa Marta de Ribarteme é falar dunha das romarías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mestura de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda.
A procesión é presidida tódolos anos pola imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.
Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.
Esta romaría cobra un carácter especial pois nela poderase ver algún que outro penitente introducido nun ataúde solicitando a intervención milagreira da santa, co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que esta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carme.
Ligazóns de Interese
Santa Marta de Ribarteme. Procesión de los ataúdes. As Neves (Pontevedra)
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3722
DÍA DOS AVÓS
26 de xullo
En case que tódolos concellos de Galicia celébrase algunha festa adicada as persoas de máis idade.
Estas festas dos avós fan que ao menos unha vez ao ano se xunten vellos coñecidos e amigos.
Disfrutar do reencontro, dun bó xantar, acompañados de música e dos netiños é unha boa maneira de compartir momentos de ledicia.
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 1768
FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
D.O. Rías Baixas
Rosal é unha das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas onde se elabora uns dos viños brancos con máis prestixio e recoñecemento no panorama vitivinícola.
Os viños do Rosal acumulan distincións e galardóns nas máis destacadas catas e testemuñan a súa presenza nas mesas de todo o mundo.
O terceiro fin de semana do mes de xullo celébrase a feira de exaltación deste viño de sabor incomparable e único. Un evento consolidado, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, e amparado pola participación de adegas que forman parte da D.O. Rías Baixas.
Unha celebración que á súa vez se complementa con actividades lúdicas, culturais e deportivas.
Contacto:
Organización da Feira do Viño do Rosal
Concello do Rosal
Praza do Calvario nº 1 36770 O Rosal Pontevedra – ES
Teléfono: +34 986 625 000 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://portal.concellodorosal.es/
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2605
Feira dos Callos, Cantería e Artesanía en PARGA
Parga (Sto Estevo) 2019 XXV Edición
Terceiro domingo de xullo
"A parroquia de San Estevo de Parga esta situada a 6 km de Guitiriz , e conta con 13 entidades poboacionais: O Carballal, Cercedo, O Buxío, A Chantada,O Covelo, Ferreira, A Vilonchada, Galiñeiro, Montemeá, A Ponte, A Pobra de Parga, Portopulgo, A Tolda.
Nesta parroquia está situada a Fonte de Valdovin, que é unha das tres fontes minero medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é a Area Recreativa da Carballeira situada a beira do río Parga. Ademais destas áreas recreativas destaca tamén o CIT ( centro de iniciativas turisticas) onde se pode xogar o fútbol, ó baloncesto ou simplemente descansar disfrutando da fermosura deste lugar.
Parga posúe un riquísimo patrimonio histórico- cultural, de feito podemos atoparnos con restos de monumentos pertencentes a cultura epipaleolitica como é “O xacemento de Pena Xiboi”, declarado ben de interese cultural.
Outro dos lugares máis emblemáticos de Parga é o contorno da Igrexa Parroquial de Parga, onde podemos ver restos de sarcófagos antropoides, así como os restos do Castelo de Parga , é o cruceiro que hai nos seus arredores. No interior desta igrexa tamén podemos observar unhas pinturas murales.
O lado do centro de saúde atopase a “Capela de San Xosé” , da que destaca no seu interior un retablo de estilo barroco e talla da Virxe sedente có Neno.
En Parga abundan as festas e feiras , así as feiras celébranse os domingos entre os días 9 e 15 e o último domingo de mes. Unha das máis coñecidas é a “Feira da Canteria , artesanía e callos” , onde podemos ver como os canteiros traballan na pedra, así como disfrutar dun dos pratos típicos da zona como son os callos, neste día abundan as merendas familiares na carballeira. As festas parroquiais son na Honra a San Roque, o terceiro fin de semana de Agosto."
Fonte Web do Concello
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 4065
Rapa das Bestas en Sabucedo
En 1567 dúas irmás de Sabucedo, un pobo de Pontevedra, foron pedirlle a San Lorenzo que lles librase da peste negra, a cambio estas regalaríanlle dous cabalos.
Contan que este foi o inicio da tradición coñecida co nome “ rapa das bestas”, que se vén celebrando neste pobo desde hai máis de 4 séculos.
A rapa consiste na procura grupos de cabalos salvaxes. Homes a pé corren axudados por outros homes a cabalo, rodeando os grupos e facendo baixar ata o pobo que está a un 15 km de distancia. Unha vez no pobo, encérranos no curro, unha praza circular feita de paredes de pedra. Nenos de entre 12 e 15 anos inícianse nesta tradición separando aos poldros dos cabalos.
Despois chega a quenda dos homes, teñen que conseguir someter aos cabalos, raparlles as crines, as colas e marcalos.
Son necesarios 3 homes para someter a un cabalo, un móntao para cansalo, outro o colle polo pescozo, o terceiro cólleo pola cola, rápao e márcao.
Sen dúbida a doma dos animais é unha arte ancestral transmitida de xeración a xeración que perdura nos nosos días.
Nin se lles quere facer dano, nin se realiza esta práctica por divertimento.
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 1576
A RAÍÑA DAS FEIRAS MEDIEVAIS GALEGAS
A XXIII Feira Franca Medieval, I terá lugar a segunda fin de semana do vindeiro mes de xullo 2020.
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2315
Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuiños
Organizado pola Asociación de Mulleres Ruráis de Veigamuiños - O Barco de Valdeorras
No mes de xullo vénse celebrando dende fai máis de quince anos.
Enlace á páxina oficial do evento de Facebook
Neste Mercado Medieval, actividades como a representación etnográfica da malla a man, artesanía local, música tradicional, concurso literario en lingua galega, oficios, fiada, cestería, palilleiras e bolos.
Se queres disfrutar dunha xornada rememorando vellos tempos ou dandollelos a coñecer aos teus fillos ou netos este lugar é unha boa opción para ir a coñecer e moito máis neste día de festa.
Este evento non se realizará no 2018 no seu lugar o último domingo de agosto o concello fará noutra zona da vila un novo evento
Citar a Google como fonte de imaxes
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 2152
Feira Tradicional Outrora
Sobre este Evento
A parroquia de Santiago de Rubián, no concello de Bóveda, celebra os días 14 e 29 de cada mes a súa feira dende hai varias décadas.
Polo mes de xullo á feira tradicional engádeselle este evento que xunta a diversos artesáns galegos nunha demostración de oficios, con postos de venda de artesanía, actuacións da banda de Gaitas e Danzas do concello, actuacións na capela do Ecce Homo, xogos e talleres para os máis cativos, representación etnográfica da malla dos anos setenta, isco no guizo e baile para rematar a xornada.
Conmemórase cada 14 de xullo esta Feira Tradicional Outrora de Rubián, evento pensado para que xente de tódalas idades poida vir gozar nalgún momento da festa, dada a súa ampla oferta lúdica que se desenvolve nas catorce horas que vén durando.
Recreación histórica que forma parte da nosa cultura e identidade. Oficios e tradicións.
En agosto, a feira do día 14 coñécese como a Feira do Ano. A diferenza da de xullo, non conta con ningún evento a maiores dos habituais de calquera catorce de mes, postos ambulantes de ferramentas, pans, hortalizas, roupa e á hora do xantar, o tan apreciado polbo nas instalacións tan ideais coas que conta esta localidade. É considerada a Feira do Ano porque recibe centos de visitantes que escollen este mes para pasar as súas vacacións nesta zona da Ribeira Sacra do sur lucense e achéganse ata aquí sobre todo a comer ese delicioso prato ou un churrasco de alta calidade xa que esta zona de Galicia destaca polas súas carnes. Nas salpicadas aldeas da súa xeografía hai numerosas explotacións de gando vacún de carne criado dun xeito tradicional.
Vir un catorce a Rubián, sexa cal for o mes do ano, garante un bo xantar con produtos de primeira calidade.
Enlaces a reportaxes de edicións anteriores:
XVI Feira Tradicional Outrora 2018
14 de xullo Feira Tradicional Outrora 2017
Enlace a lista de reprodución de vídeos
Galería Fotográfica Outrora Rubián 2017
14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda
Outrora 2015 Outrora 2014 Outrora 2013 Outrora 2012 Outrora 2011 Outrora 2008 Malla Tradicional
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3590
Coñecendo a situación histórica
A Pobra do Brollón foi un dos escasos "territorios de realengo" que conservou a Coroa en Galiza. Todalas aldeas deste territorio durante a Idade Media eran, polo tanto, de realengo que son os que teñen por señor a “Su Majestad, Dios le guarde, sin que se reconozca otro señorío ni por esta razón se pague cosa alguna a ningún señor”. Un privilexio para a nosa terra nesa época de tantos séculos que abarca este periódo, xa que a maior parte do territorio de Galicia era de xurisdicción señorial ou de abadengo, sendo escasas as terras de xurisdicción real.
[gallery title="Imaxes V Edición" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Lois Diéguez xunto as autoridades do concello" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (1).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Conde de Lemos e público na escenificación do momento" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (2).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Guímaros replicandolle ao Conde de Lemos" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (3).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]Alá por o ano 1494 os procuradores de A Pobra do Brollón, Gonzalo de Losada e Xoán Franco, denunciaron ós Reixes Católicos que:
"El Conde de Lemos y sus oficiales obligaban a los vecinos de Puebla a realizar una serie de serventías y fazenderas, con es ir a labraren en su cavas e ferrerias, e en otras cosas, e faziendo cortar madera e que los dichos las llevasen a sus casas sin les pagar por ello salario alguno". Referencia: La Nobleza gallega en la Baja Edad Media, de P. García Oro.
[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Vista xeral público no evento" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (4).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Vista xeral no fin da escenificación da revolta" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (6).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Momento final do pregón de Lois Diéguez" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (7).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]Os Reies reprenderon ós Condes de Lemos por tales abusos, pero ós poucos días, esos mesmos Condes quixeron impor un novo dereito que incluía o pago da quinta parte de pan e do viño que se recollían en dita terra do Brollón. Os veciños resistiron unha vez mais e pediron os Reies unha solicitude de amparo, e os reies tiveron que recordarlles unha vez mais aos feudais de Lemos que a terra da Póboa era de realengo e que semellantes exaccións foran prohibidas por as cortes de Toledo no ano 1480."
[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="artesanas da pintura tradicional no evento" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (8).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="posto de cetrería" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (12).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Serafín Macía de Salcedo exhibe as súas miniaturas do mundo rural máis tradicional " src="/images/eventos/Guimara2018/0 (11).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery] [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Os cabalos a sombra no río" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (9).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Posto de venta de xabóns artesanais da familia Alfaya cuios ingresos son destinados a anciáns do mundo" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (13).jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Domingo Malvesada, artesanías en Pizarra" src="/images/eventos/Guimara2018/0 (14).JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery][gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="labores das veciñas/os participantes nos talleres de manualidades 2018" src="/images/eventos/Guimara2018/1.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="labores de restauración e confección artesanal de elementos decorativos" src="/images/eventos/Guimara2018/2.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery] <[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="Este ano ademais do ferreiro estivo o resineiro, vemos na imaxe un cacharro recollendo a resina" src="/images/eventos/Guimara2018/3.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Ferramentas empregadas na recollida da resina" src="/images/eventos/Guimara2018/4.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]
Enlaces:
Feira Guímara - 2016
Enlace a lista de Reproducción 2016
Enlace a páxina oficial do Facebook do Evento
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3794
Evento de Interese Turístico Internacional
Proxección de Galicia e España no estranxeiro
Acceso á páxina Oficial PROGRAMACIÓN 2019
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3255
Acerca do pan de Cea
2020 29ª Edición
"Pan de Cea, produto tradicional, elaborado en forno de leña seguindo un proceso artesanal que se transmitiu de xeración en xeración.
A historia dinos que ese proceso vénse realizando nos fornos de Cea dende o século XIII" Leer máis
http://www.pandecea.org/gal/hornos.html
http://www.pandecea.org/gal/principal.html
Enlace a Web Oficial do Pan de Cea
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3512
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3644
XXIV Asalto ao Castelo de Vimianzo (Costa da Morte)
Unha das moitas fortalezas destrozadas na Gran Guerra Irmandiña foi esta de Vimianzo.
Corría o ano 1467 cando o pobo se ergueu en armas contra o seu Sr. D. Bernal Yáñez, da familia dos Moscoso, condes de Altamira e señores absolutos de terras de Soneria , asaltando o Castelo cansos dos abusos que tiñan establecidos. Seguindo o exemplo dos seus veciños da comarca ferrolana de Andrade que se levantaran no 1431, aínda que daquela Roi Xordo non o conseguiu, trinta e pico anos despois oitentamil homes aunaron esforzos para detrozar o símbolo do poder feudal, os castelos .
Preto de 150 fortalezas foron derribadas, pero Pedro Madruga "Pedro de Sotomaior", introductor das armas de fogo , logrou conter a revolta e doblegar ós irmandiños que foron obrigrados a reconstruir os seus castelos.
Finalmente os Reies Católicos , na "doma e castración de Galicia" ordenaron o derribo de tódalas torres que voltaran facer levantar os nobres e leváronos hacia a corte alexándoos esí de Galicia.
Más información véxase Mariscal Pardo de Cela
Dende o ano 1995 a asociación Axvalso homenaxea este episodio medieval que se saldou coa destrución case total da vella fortaleza dos Moscosos.
Fundíndose o pasado có presente o visitante non debe de se sorprender se ve cousas antigas con modernas misturadas que lle dan ao acontencemento un toque cómico.
Converterse esta noite nun irmandiño máis, participando do asalto ao castelo é o obxetivo a acadar para os visitantes a este evento.
No medio de música Folk e ao ser instados polas mulleres á rebelión os heroes diríxense ata a Fortaleza cuns fachóns de palla, nun cruce cercán esperan a que o xefe ordene levantalo arriete e correr deica o castelo ao grito de "Abaixo as Fortalezas".
A posta en escea é espectacular, ducias de actores e voluntarios interpretan aos personaxes da época , soldados, bruxas, curas e campesiños . Os fogos de artificio poñen fin a un enfrontamento incerto e inesperado.
Ao mencer do día seguinte podemos quedarnos a coñecer algo máis desta terra de Vimianzo, como dómenes, necrópolis, igrexas románicas ou pazos de renome.
En canto ao valor etnográfico tamén se poden ver os Batáns do Mosquetín onde antigamente se trataba o liño, que tanto formou parte da vida cotidiá, non fai un tempo tan lonxano e do que aínda alguén garda recordo.
Fonte: "Galicia, la historia es una Fiesta"
Enlace á páxina oficial do evento no Facebook
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3728
Acerca do San Xoán
As festas cíclicas son celebradas en toda Europa dende a Prehistoria, en canto o home tomou conciencia do significado agrario das estacións.
Nun esforzo cristianizador pasouse a festa do solsticio de verán á noite do día de San Xoán.
As xuntanzas que por este motivo se fan en cidades e aldeas galegas son centos.
Sardiñadas, pancetadas, preceden ás queimadas preparadas mentres se recitan o unísono os conxuros.
A noite máis curta do ano é noite de meigas.
O lume a arma pra loitar contra os males.
Saltar a fogueira un número impar de veces é unha tradición esta noite.
E o mencer a auga cobra tanta importancia como o lume, xa que lavarse coa auga de rosas deixada ao orballo esta noite é o remedio das enfirmidades da pel e manter a beleza
Na Coruña O SAN XOÁN é festa de interese Turístico, en SARRIA e Noite de Meigas e nas praias de SANXENXO ou LOURO e outras, a TRADICIÓN do baño das nove cordas que toman as mulleres que non poden ter descendencia.
[slideshow width="SLIDESHOW_WIDTH" height="SLIDESHOW_HEIGHT" align="left|right|none" caption="yes|no"]
[slider_item title="Tradiciones de San Juan" src="/images/sanxoan.jpg" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item]
[/slideshow]
Conxuro da Queimada
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte, fociño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, ruxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.
Con este cullerón levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente, quedando así purificadas.
E cando esta queimada baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.
Enlace a versión original http://aldeasgallegas.com/sanxoan.htm
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 4046
Sobre o evento
Na vila de Allariz, a tradición popular fala da celebración da procesión do Corpus dende o ano 1316 d.C., ano da súa institución por Xoán XXII, o que tería dado lugar as burlas da comunidade xudía provocando ao ano seguinte a salida de Xán de Arzúa que montado nun touro enmaromado dispersou aos xudíos arroxándolles fariña misturada con formigas rabiosas ( esta lenda está na orixe da Festa do Boi que perviviu en Allariz ata a actualidade).
Saber máis:
http://www.festadoboi.gal/orixes/
WebGrafía: http://www.teatroengalicia.es/corpus.htm
- Categoría pai: Eventos
-
Also available:
- Visitas: 3601
Introducción
Existen moitas opcións para estudiar música no noso país. Asociacións musicáis e escolas de música na ensinanza non oficial e os conservatorios e centros autorizados na ensinanza oficial.
En canto aos conservatorios a ensinanza atópase dividida en tres graos.
-Elemental, catro cursos.
-Profesional, seis cursos.
-Superior 4 ou 5 cursos dependendo da especialidade.
Coa superación de cada un destes graos obténse unha titulación oficial que no grao superior é equivalente a unha licenciatura. Os dez primeiros cursos que abarcan o grado Elemental e o Profesional están centrados na preparación instrumental do alumno, primeiramente dun xeito individual pero tamén colectivo con asinaturas de conxunto instrumental, vocal, orquestra e outras. A partires do grao Superior o alumno pode especializarse en materias como a composición, dirección, pedagoxía ou seguir có instrumento.
Dependendo do lugar de residencia a oferta de especialidades varía en canto ao grado superior ou profesional.
En canto ás especialidades os conservatorios abordan tímidamente o campo de eí o surximento de escolas particulares de música moderna.
Música na Rúa
A promoción das ensinanzas musicáis na rúa está en auxe en todo o país e cada ano son máis as escolas e conservatorios que a inclúen entre as súas actividades normalmente coincidindo coa chegada do bon tempo a finais do curso escolar.
Na cidade do Cabe, Monforte de Lemos xa levan seis anos repetindo está experiencia. Tanto para as persoas que nas terrazas ou no paseo diario se atopan con esta actuación como para os que temos fillos, amigos ou achegados entre os participantes é un privilexio poder presenciar este espectáculo musical na rúa peatonal Cardenal Rodrigo de Castro .
Fin do Curso
Tradicionalmente o festival de fin de curso e a festa de nadal celébranse no auditorio do conservatorio.
Galería de Imaxes do Evento por Peruchela
[slideshow width="SLIDESHOW_WIDTH" height="SLIDESHOW_HEIGHT" align="left|right|none" caption="yes|no"]
[slider_item title="Vento-metal" src="/images/eventos/narua2018/1.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Vento-madeira" src="/images/eventos/narua2018/2.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Violines" src="/images/eventos/narua2018/3.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Alumnos de violín" src="/images/eventos/narua2018/4.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Flautas" src="/images/eventos/narua2018/5.jpg" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Vento-Metal" src="/images/eventos/narua2018/6.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Flautas" src="/images/eventos/narua2018/7.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Piano e Fotógrafo" src="/images/eventos/narua2018/8.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Piano" src="/images/eventos/narua2018/10.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Momento da actuación da orquestra" src="/images/eventos/narua2018/9.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Momento do concerto da orquestra do conservatorio" src="/images/eventos/narua2018/11.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="orquestra e partituras" src="/images/eventos/narua2018/000.JPG" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [slider_item title="Parque dos Condes, 1º día do verán 2018" src="/images/eventos/narua2018/00.jpg" ]CAPTION_DESCRIPTION [/slider_item] [/slideshow]
Algúns Videos 2018
Lista de Reproducción de Youtube
Enlaces a ediciones anteriores:
Enlace a VIDEO (24 minutos) curso 2016-2017
Enlace a VIDEO Fin de curso 2016-2017
Enlace VIDEOS Fin de curso 2015-2016
Enlace a curso 2014-2015
Enlace a curso 2013-2014
Concierto de nadal 2012 2013
Enlace a curso 2012-2013
Enlace a curso 2011-2012
Enlace a curso 2010-2011
WebGrafía : Juan Ramos
Enlace a artículo de la voz de Galicia