Tradicións

 

Neste mes o labor do campo é mais có da horta, xa que se recollerán o pan o trigo e a cebada ademais da herba.

Por certo da horta seguimos gozando cos primeiros tomates e pementos, cos continuados amorodos, as leitugas e xudías verdes.

O 25 de xullo aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas.

Podes gozar entre outras cousas de : Cogombros, cabaciñas, allos, cenorias, acelgas, xudías verdes, tomates, pementos de padrón, ourensáns e italianos, ameixas, amorodos e patacas novas.

Na última semana do mes cortaranse os fillos de parrales e cepas que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

 


Fresas e cereixas, unhas exquisitas froitas en apoxeo neste mes. Os campos énchense de amorodos silvestres dun dulzor sen igual.
Arríncanse as prantas dos chícharos e os tirabeques da terra xunto cos paus que serviron de suxeción ás plantas. Se non dispoñemos de máis terra, cavarase esta mesma e  trasplantaranse nela as novas plantas de repolos.

As familias de gandeiros recollen a herba para o gado a primeiros de mes e a últimos do anterior embolarase o "SILO". Ao longo de todo o mes de Xuño,  ségase, embolase ou empácase  en fardos secos para o inverno.

Lembrarche que no San Pedro antes de que salia o sol has de recoller os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. Por certo, a mediados de mes poderemos gozar das novas patacas.

Non esquezas seguir trasplantando as leitugas dos sementeiros é algo que está presente na mesa todo o verán.
 
Podes desfrutar en xuño dos repolos de corazón de boi, patacas novas, xudias verdes e tamén dos tomates dos invernadoiros. Uvas e peras de San Xoán son outras das froitas que ten este mes.
 
A finais de xuño ou principios de xullo recóllese a colleita de liño.

As rosas adornan as hortas e os xardíns, e a finais de mes vanse murchando e deixando paso aos gladíolos e as hortensias
libros

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA