Tradicións

A PROFESIÓN DE FOTÓGRAFO

Si observan as fotografías familiares dos nosos conveciños feitas entre os anos 50 e 70 poden apreciar como pais e fillos enfúndanse en luxosos traxes e incluso as mulleres mostran bonitas xoias. Normalmente eran montaxes realizados por algún dos fotógrafos da comarca. Naquela época a fotografía era moito máis que plasmar as imaxes da realidade, a fotografía era a creación dun entorno, dunha aparencia de benestar que en moitas ocasións pouco tiña que ver coa realidade daqueles anos. A nosa comarca así como outras do sur de Lugo e norte de Ourense, contou co fotógrafo Fernando E. Rguez. Salgado, de Ver- Bóveda.  E como sempre ocorre na nosa rexión o seu oficio mereceulle un apodo e o nome para referirse a súa casa. Foi coñecido sempre como “o fotógrafo” e a súa casa pasou a ser a casa do “fotógrafo de Ver”. Este era a verdadeira arte de Fernando Rodríguez Salgado. Era, ademais, un traballo que lle facía sentirse orgulloso e co que inmortalizou as vidas de moitísimas familias.


BIOGRAFÍA DO MEU AVÓ 

FERNANDO EDUARDO RODRIGUEZ SALGADO

(Fotógrafo 1922-2006)

Fernando E. Rodríguez Salgado nace o día 13 de maio de 1922 en Ourense.

A súa vida está marcada por o feito de ser abandonado diante dun orfanato, nunha cesta que contiña un papel no que figuraba o seu nome, apelidos e algúns cartos.

Foi criado en San Facundo, O Carballiño, por unha muller viúva que percibía por elo una paga do estado, cartos cos que tamén pagaba a crianza dos seus catro fillos naturais.

O cumprilos 15 anos diríxese a Pontevedra (Marín) cunha recomendación para ingresar na academia militar e recibir unha formación, pero antes de chegar o seu destino un amigo convénceo para alistarse no exército e vaise axudar nas cociñas dos campamentos dos batallos nacionais. Estivo en Burgos, Teruel, Zaragoza e na toma de Madrid.

É no ano 1943 cando se traslada definitivamente a Ver, Bóveda (Lugo) tras contraer matrimonio con Dña. Filomena García Rodríguez oriúnda do lugar.

Nunha época de tanta pobreza en Galicia e seguindo os pasos de tantos coetáneos, decide marcharse o Novo Mundo emigrando a Venezuela en busca dunha fortuna para a súa nova familia.

Logo dunha dura travesía en barco atravesando o charco, chega o seu destino sen saber ler nin escribir e coa acuciante necesidade de buscar un traballo honroso co que lograr os seus obxectivos, comeza unha rápida incursión no mundo da fotografía. Así aforrando moeda a moeda logra montar os seus propios estudos fotográficos. Realiza ampliacións e fotografías en todo o territorio conseguindo en pouco tempo os cartos suficientes como para regresar a ver a súa dona e fillos en varias ocasións e para construír a casa da súa propia familia. Marcado polo abandono que de seus pais tivo o nacer, a súa vida non deixou de ser nunca, máis que, unha busca constante desas orixes e unha gran mágoa pola súa nenez. Gran amigo dos animais, mantiña con eles unha relación de respeto, o igual que co resto dos seres co acompañaron o longo da súa vida. Gran créente, serio e carismático, o chegar de Venezuela sigue facendo traballos fotográficos de gran calidade tanto para xente importante, como tamén para toda esa xente humilde que se cruza no seu camiño abarcando a gran maioría dos pobos do norte de Ourense e sur de Lugo.

No baixo da súa casa construíu o seu laboratorio fotográfico. Desenvolveu a actividade de fotógrafo en exclusiva ata 1975, dende entón compaxinouna coa de anticuario. Nos seus recorridos por os pobos había detectado a posibilidade de comprar obxectos antigos (vasixas, reloxos, moedas…) e vendelos a tendas e maioristas. Este último oficio acompañaríao ata os últimos anos da súa vida profesional e sen dubida mostraba tamén o talante emprendedor e creativo de Fernando. Nos seus inicios no mundo da fotografía, finais dos anos 40, recorría as aldeas cunha bicicleta, máis tarde xa nos 60, cunha moto Vespa, cun Gogomóvil e por último e xa como anticuario cun Renault 4, que mantivo en perfecto estado hasta los últimos días da súa vida. En Xaneiro do 2003 morre Filomena, o seu gran amor e fiel compañeira coa que compartiu alegrías e tristezas durante máis de medio século.. Froito deste matrimonio naceron catro fillos, morrendo o primeiro o pouco de nacer.

Os outros tres, Fernando, Neves e Antonio , como seu pai, souberon avanzar na vida honrosamente e coa fronte alta. Dende este momento, a morte da súa esposa, só desexaba deixar tamén este mundo para ir con ela. A súa vida dende entón era de recordos, rompéndolle o alma a quen sentía a súa profunda tristeza, consecuencia da perda do ser máis querido. Tan só tres anos despois o espírito abandonoulle o corpo, morrendo o seu corazón coa enorme pena de non haber conseguido saber quen foran seus pais e coa esperanza de reencontrarse na “outra vida” coa súa esposa, a persoa que máis amou neste mundo.

 

 

 

  

 

XABÓN ARTESÁN

Ata hai 50 anos as mulleres acudían aos lavadoiros comúns que había nas aldeas, pequenos regos que corrían e que se estancaban naturalmente converténdose en pequenas presas. Alí se xuntaban as mozas facendo do traballo unha saudable reunión onde compartían segredos e intrigas.

Outras mulleres tiñan un pozo e ao seu carón unha especie de pía cunha lousa pra lavar a roupa. Os pozos comúns foron esenciais para o mantemento das nosas aldeas e aínda existen na actualidade. É recomendable non ir polos terreos que rodean ás casas pois nunca se sabe onde pode haber un pozo antigo cuberto só con algo de maleza.

Normalmente o xabón faise no outono, cando as olas con graxas de animais sobrantes teñen de baleirarse  para renovar coa dos novos roxóns.

Tamén é bo facelo no outono pola baixada das temperaturas,  é máis rápido de facer canto máis frío fai.

 

MATERIAIS NECESARIOS E DE SEGURIDADE

Luvas de goma ben resistentes, mandil, gafas  e roupa de manga longa para protexernos do vapor da sosa cáustica.

Vinagre, indispensable telo preto xa que neutraliza a sosa polo que si esta chegase a tocar a pel cun orballado rápido de vinagre e un lavado con auga posterior evitará as queimaduras.

Unha tina de goma  é ideal para facer o xabón. En caso de querelo facer nun utensilio de metal  tería que ser aceiro inoxidable xa que o aluminio reaccionaría co xabón.

Moldes para verter o xabón en crudo e darlle a forma básica. Por exemplo moldes de madeira nos que colocaremos por riba un plástico resistente para que non se pegue. 

 

 PANEIS DE XABÓN

Os compoñentes básicos do xabón artesanal son as grasas, sebos ou aceites, o hidróxido de sodio (sosa cáustica) e un líquido.

Podemos engadirlle aceites esenciais, fragrancias, produtos naturais, exfoliantes e colorantes para mellorar e personalizar o xabón.

Antigamente a carencia de sosa cáustica era suplida pola cinza que era a que servía de base para a súa elaboración. Ata hai ben poucos anos en moitas casas era cotiá ver no fregadeiro un cacharriño con cinza para lavarlle o cú as potas.

 

INGREDENTES:

Tantos litros de auga fervendo como quilos de sebo de tenreira.

Se é con grasa de porco  para 10 Kg, 8 litros de auga fervendo.

1Kg de Sosa Cáustica por cada 6 Kg de Sebo ou Graxa.

Pódeslle botar os produtos que se che ocorra  que poden melloralo. Deterxente en po, colorante azul, suavizante, talco, esencias, colonias. Si o que queres e que che saia un xabón super fino hai que engadirlle en troques de auga,  lava-vaixelas líquido, na  mesma proporción  e quente do mesmo xeito.

 

ELABORACIÓN DO XABÓN LIQUIDO PARA LAVADORA 

Por Hilda da Veneira

5Kg.  de graxa,  5 litros de auga quente e 1Kg. de sosa cáustica.

Durante 20 días irase removendo a diario, non nos esquezamos de botarlle unha presa de sal para que protexa ás cores e 1 bote de Kalia. A diferenza do xabón en paneis que hai que remover ata arrefriar e derreter toda a graxa  no mesmo día, o xabón líquido dános máis xogo no sentido de que iremos engadindo máis auga quente durante os días seguintes e removendo ata que vemos que vai collendo a textura ideal.

Non é necesario nada máis.  Non utilizar antes dos 20 días.   

PETO DE ÁNIMAS

 
 
  Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte. Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio
 
        
 
 
     Según Castelao: “A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno”.
 
    A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.    
 
    A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, millo, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.
 
    Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.      
 
   O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesán outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.  
 
   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes: - Infraestrutura arquitectónica básica - Unha cavidade que similar a unha capillita que ocupa o eixo central e superior ( buqueira). - Unha cavidade case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas ( Alxibeira)..
    

 
 
PETO DE ÁNIMAS DE ANGOARES
 
 
 
PONTEAREAS
 
 
 

Outono en Galiza

OUTONO GALERÍA DE COGUMELOS COMESTIBLES               

GALERÍA DE COGUMELOS  NON COMESTIBLES      

Coa chegada do outono as árbores frutáis que poboan as nosas terras están en apoxeo. Maceiras (mazairas), perais (pereiras), membrilleiros (marmelos), pavieiras,  nogais (concheiros, noceiras), figueiras, castiñeiros (castiros), almendoeiras, abeleiras (avelaneiras),  son algúnhas das frutais que se seguen a cultivar nas aldeas e vilas galegas.

Certamente é unha época do ano na que os sabores dos alimentos son do máis variado.

En Galicia son tradicións as castañas e as noces.

Durantes centos de anos a castaña era o alimento básico da poboación e unicamente minguou o seu consumo coa chegada da pataca.. Usábase cocida, asada ou seca, ata probablemente guisada. Cocidas en auga chamada mamotas, caldo ou empanada de castañas, castañas con leite, doce de castaña.

Hoxe por hoxe non queda nin o 25% dos castiñeiros que noutra época poboaron Galicia, ainda asi as que nos quedan séguense a recoller para consumo e venta ao resto de España.

Neste 2018  hai soutos enteiros  sen ningún ourizo. A peste chamada abespilla, afectou de afeito ás árbores e hai moi pouca colleita, en xeral. No 2017 pola xeada de finais de abril,  tampouco houbo moitas boa colleita.

É tradición facer o primeiro magosto por Santos, o 1 de novembro, acompañadas do viño da nova colleita

Os cogomelos son un delicioso manxar para moitos habitantes destas terras. Ano tras ano esperamos con impaciencia a chegada do outono que no los trae. As lepiotas son quizais as máis buscadas e apreciadas nalgunhas comarcas do sur de Lugo, pero champiñóns e boletus tampouco escapan aos buscadores de cogumelos. 

O máis importante é respetar a biodiversidade e coller soamene o necesario do medio. Non roubarlle a ninguén e respetar a natura imprescindible.

.

    CESTA DE SETAS          

GIF MOTIVOS OTOÑO

 

Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum), escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.

Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos.

Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros. Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír.

Tamén fai posible capturar ao animal con vida. As cacerías organízanse de xeito comunitario.

En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias. As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán. Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.

O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas. A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.

Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León. A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.

A materia prima fundamental para a elaboración de tecidos dende tempos primitivos despois da cesteria é o Liño remontándose este arte a Idade da Pedra.

Na época castrexa era cultivado e  da fama da súa calidade  os romanos deixaron moitos escritos narrando o labrado, maceración, cura e mazadouro  na pedra, onde se golpeaba con grosos martelos de madeira,  asi como o paso por dentes de ferro,  o ripanzo có que se lle sababa a  parte máis próxima a casca que se usaba como mecha corrente las lámpadas ordinarias.

O liño estivo tan presente na nosa cultura durante tantos séculos que houbo unha profusión de topónimos facendo referencia a lugares. Liñares, Liñarede, Liñar.. Liñaran..Liñaza.. Liñariños, Liñarigo, Liñarede....

En todos os lares campesiños habia un tear para favorecer á facenda doméstica, mantas, colchas, lenzos de cama, tapetes, mantelos, saias medias, toallas.

Nas feiras locais consolidábase  a trasacción pormenorizada de fibras, fios e tecidos tamén para o  cambio por outras previsións forzosas.

 O fiado foi unha das principais ocupacións invisibles da muller que realizaba en  simultaneidade con outras tarefas da súa interminable xornada de traballo. Dese xeito a roca converteuse no símbolo do traballo feminino.

O emprego da roca e o fuso para o fiado documéntase dende o antigo Exipto ata o século XX. Na antiga Roma a tarefa do fiado asociábase ao modelo ideal de muller. Unha das costumes  era que a noiva logo de casar, en canto pasaba a soleira do seu fogar, levase na man un fuso e unha roca.

En Galicia ata a década de 1950-1960  tivo grande importancia o cultivo e procesamento do liño. Os panos galegos eran unha referencia na Península entre o século XVIII e gran parte do XIX. A competencia da materia prima rusa e holandesa primeiro e dos tecidos cataláns despois fixo que tanto o cultivo como a confección de teas en Galicia se fose esmorecendo.

Ao liño había que adicar moito tempo, o que influíu na progresiva desaparición da actividade.

Logo de que se deixase de cultivar fai máis de medio século,  nesta última década rexurdiron asociacións de mulleres pola recuperación desta actividade artesá secularmente vencellada ás tarefas da casa,  pero que tiña como vantaxe garantir uns constantes ingresos monetarios na unidade familiar

Có século XVIII remata o explendor do Liño e có comezo do capitalismo industrialista en España determinase o incio do seu fin, pasando dun cultivo noso a unha intensa importación  barata.

Nas aldeas deiqui do sur lucense fai oitenta anos que ainda quedaba algunha leira e algún tear.

Dende entón non se voltou a sementar máis que para usar en demostracións de oficios nalgunhas feiras que como Outrora queren manter vivo o espiritu dos nosos ancestros, homenaxear ós seus traballos e a súa maneira de facer as nosas cousas,  que xa non son pero foron e por iso merecen estar dentro da sabeduría popular para sempre.

 

 

 

 

  O viño e a augardente nas Aldeas Galegas

alambique

 

Na escuridade das noites de inverno, nunha época non tan afastada na memoria, pero si case imposible de imaxinar na actualidade, sen electricidade, noites de inverno con tan só a claridade da Lúa e das Estrelas.

Coa luz dos candis de gas ou carburo iluminábase o pobo e ao redor da calor do alambique íanse transmitindo aos nenos, os contos populares que ao longo dos séculos se  fraguaran en terras coñecidas; mentres , as pingas de auguardente ían enchendo de a pouco a pota.


Os litros de augardente que cada unha das familias facía tanto para o consumo como para a venda dependía dos quilos de uvas que se recollían ese ano. Tendo como promedio que 750 quilos de uvas era unha postura no alambique convencional e que viña deixando ou producindo de 25 a 30 litros, cada unha das casas da aldea facía tantas posturas como tivese ou quixese facer, sendo as familias de terratenientes as que máis facían de media anual, dez posturas, cunha media pois de 300 litros.

 

 

Evolución da tradición da Vendima

 

Non temos datos da implantación dos primeiros viñedos na zona, pero si podemos afirmar que moitos autores son os que apostan pola cultura vinícola no mundo dos celtas e que con seguridade os romanos levábanse, o viño, da península ibérica cara á itálica.

Si nos centramos únicamente no que coñecemos con certeza, nos últimos 150 anos de vinicultura, vemos unha gran transformación.

Factores tecnolóxicos e feitos e decisións políticas sempre influentes na sociedade, durante ese periodo, derivaron en varias guerras, unha a de independencia das colonias españolas, dúas guerras mundiais e unha civil que se deixaron sentir.
No caso da viticultura en moitas aldeas galegas, non houbo cambios significativos derivados das guerras, xa que no transcurso delas a aldea seguiu coa explotación dos viñedos e a elaboración do augardente.


Coa final da ditadura en España, e a chegada da ansiada democracia, decisións políticas de reestructuración do medio farían a aparición duns límites reservados para o cultivo vinícola español, e por iso é polo que o Estado subvencionou, aos agricultores da época , con certa cantidade de diñeiro por cepa arrancada, propiciando así o fin dos viñedos que tanta riqueza  deran noutras épocas, en contrapartida de novos pastizales .


Os anos 80 do século XX, farían desaparecer os viñedos en moitas parroquias galegas,  pero non a tradición vinícola,  que nos nosos días continúa practicándose na maioría das "aldeas galegas". A proliferación das parras nas hortas ou novos pequenos viñedos en terreos próximos ás casas, deu lugar a unha produción de viño suficiente para o consumo propio de cada casa, sendo a media anual duns 500 litros (132 galóns por familia).

Nota: No 2018 a tendencia en producción pódese manter pero as numerosas enfirmidades dos viñedos causados pola contaminación do medio fan que se teña que mercar uva de Castela, da Mancha ou do Bierzo para misturarlle ás de eiquí. O envellecemento  e a pouca xente do rural fai que cada día que morre  unha destas persoas,  con ela morre  a costume de facer o viño na casa. O futuro está ligado as  D.O. de Orixe, as adegas comercializadoras,  e non é previsible que mude a tendencia.

A produción de augardente que se viu afectada de igual modo, temos cifras actuais de 30 litros ( 7,92 galones) por familia e ano na actualidade.

Ligazón  Oficio de Alambiqueiro.


Das novas xeracións dependerá o aprender e conservar esta tradición, que a ollos meus e moi ao meu pesar preséntase sen futuro, por ser cada vez menos os fillos desta terra dispostos a vivir dela.

Historia do viño nunha aldea do interior galego

Os viñedos déronlle ás aldeas galegas moita vida. Nelas colleitábanse millóns de quilos de uvas, tratadas únicamente con sulfato e azufre. Non había cabida para pestes que as danase, dado que o aire de principios do século XX era tan puro como o foi desde as súas orixes, e seguiuno sendo, ata a década dos 60 onde empezou a contaminación imparable do Medio.


Recollíanse 10.000 litros por familia adiñeirada de terratenientes, litros que eran vendidos no seu maior parte a compradores vindos das montañas, en busca do preciado produto, reservando únicamente uns centos de litros para o consumo familiar.
Logo de vendimiar en cestos de madeira de sauce branco,  enchían outros cestos á súa vez máis grandes, cargábanse no carro e as vacas ou bois e transportábanos ás casas onde, os homes descalzos, exprimirían da forma máis rústica a preciada savia, que logo metían en grandes toneles de madeira de carballo ou castiñeiro,  na súa maioría, de ata 5000 litros de capacidade, onde o deixaban fermentar. 


Logo da fermentación do viño extraíase o bullo, que máis tarde os homes máis veteranos poñerían ao lume do alambique durante noites e noites elaborando así o precioso líquido branco chamado augardente.

 

 

 

 

Ligazóns Relacionadas:

Feira do Viño en Chantada  -   Feira do Viño de AMANDI  -   Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra - Feira do Viño Albariño en Cambados - Mostra do viño de Vilachá de Salvadur  -   Feira do Viño de AMANDI 2016  -  Mostra do viño da Ribeira Sacra de Pantón e Rutas do Románico -  Feira do Viño Ribeiro en Ribadavia -    XX Feira do Viño de Valdeorras  -   Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Feira do viño tinto O Salnés- Barantes Ribadumia   - Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Mostra do Viño de Vilachá D.O. Ribeira Sacra  -   Feira da augardente en Portomarín - 

 

VERSIÓN ANTERIOR COMPLETA http://aldeasgallegas.com/vinoyorujo.htm

 

Vendimas 

   2018 2017   2016  2015  2014   2013   2012   2011     2010   2009   2008     2007  2006

Reglamentos sobre bienestar y protección animal

Hay que tener en cuenta el reglamento europeo sobre la protección de animales en el momento de la matanza:

  • El bienestar de los animales es un valor comunitario consagrado (...). La protección de los animales en el momento del sacrificio o la matanza es una cuestión de interés público (...). La mejora de la protección de los animales en el momento del sacrificio contribuye a mejorar la calidad de la carne.
  • Ritos religiosos. Este reglamento, como otros, deja fuera la regulación en el caso de los ritos religiosos.
  • El matarife. "La matanza y las operaciones conexas a ella deberán realizarlas únicamente personas con el nivel de competencia adecuado, sin causar a los animales dolor, angustia o sufrimiento evitable".
  • Real Decreto de 1995. De nuevo se establecen excepciones, pero los animales deben ser "objeto de aturdimiento previo".
  • La directiva europea de 1993 concede a los Estados la capacidad reguladora sobre las matanzas fuera de matadero, "siempre que (...) los animales de las especies porcina, ovina y caprina hayan sido objeto de un aturdido previo".

 


NOTA DEL AUTOR

Una tradición que pasará a la historia en menos de veinte años,  sino cambia la trayectoria  algún acontecimiento  por el momento insospechado. Y lo hará por muchos motivos pero el más importante de ellos es  la falta de relevo generacional que existe.

Se ha querido prohibir, muchos han luchado  por erradicar esta costumbre milenaria del auto-abastecimiento alimentario típico de las aldeas,  con claros motivos económicos. Los ingresos añadidos que supone llevar  a estos animales a los mataderos municipales es una razón muy poderosa, como lo es  el cobro de multas por incumplimiento de la ley.

La Ley obliga al aturdimiento en el sacrificio de los animales de producción  consecuencia de infracción leve  en caso de no cumplirse,  pudiendo ser resuelto con un apercibimiento o en caso de reincidencia  pasar a convertirse en   una falta grave subsanable con el pago de una cantidad económica  comprendida entre los  600 € y  6000 €.

La matanza del cerdo es un festejo confraternal,  un motivo para el cual se juntan amigos y vecinos compartiendo momentos de trabajo y en los que se dejan atrás las diferencias tenidas.  

Los matadores, se han de llenar de coraje para actuar con la sangre fría necesaria para sacrificar a los  animales que han mantenido  a lo largo del año con esmero y cariño.

El sacrificio de un animal sea cual fuere, es necesario, si nos queremos alimentar de él. 

A mi modo de ver, debiéramos respetar por encima de todo la vida de nuestros semejantes, cosa que no ocurre,  y dejarnos de pamplinadas. Un Ser Humano no goza sacando vida, sino dándola, por eso es un sacrificio tener que privar de ella a otro ser.

Es increíble  ver  como las mentes de los seres humanos son tan distantes en pensamientos y creencias  las unas de las otras, aunque  la necesidad de comer para vivir es de todos.
 


 

AVISO

ESTA PÁGINA PUEDE DAÑAR LA SENSIBILIDAD DE ALGUNAS PERSONAS ANTES DE ENTRAR ASEGÚRESE DE QUE LOS CONTENIDOS DEL SACRIFICIO DEL CERDO NO VAN AFECTARLE YA QUE LAS SIGUIENTES  PÁGINAS  ESTÁN COMPUESTAS POR  LOS FOTOGRAMAS DE LA MATANZA EN LAS ALDEAS PASO A PASO.
 
 

 

Cabazos e cochos

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

Hasta que llegué al silencio2021| Poesía| Mayte Rguez

Elpis na Lareira 2021| Poesía| Parada Jato

How to be a Big Influencer2021| Ensaio| Gerardo Pochintesta

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato