Slide background

GALICIA

Terra

Patrimonio

RURAL

Horta, Viño, Roza, Sega, Pan, Liño, Xabón, Matanza...

CONCELLOS

Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra

RÍOS E FERVENZAS

Auga de Vida

GASTRONOMÍA

Cociña Tradicional

TRADICIÓNS
EVENTOS
ENTROIDO
VILAS GALEGAS
FESTAS GALEGAS
FEIRAS GALEGAS
Slide background
Eventos
SOSTENIBILIDADE
Cultura

VISITA ESTA WEB

Ven a coñecer Galicia

ALDEAS E VILAS

CONCELLOS
TRADICIONS

HORTAS
de Galicia

PAISAXES
MAR E MONTAÑA

ROMÁNICO
Tradicións
Slide background

Descubre

MUNDO RURAL

Despega a outros sitios
Segue os enlaces!

O mellor é vivir en Galiza

Citas culturais anuais

Mostra do Viño de Vilachá D.O. Ribeira Sacra

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Neste singular entorno das centenarias adegas de Vilachá de Salvadur poidéronse catar os caldos da colleita 2015, unha das mellores da última década.

A  XXV Edición da Mostra do Viño de Vilachá. D. O. Ribeira Sacra comezou o sábado 30 de abril pola tarde onde os que ata aquí viñeron poideron catar estes preciados caldos aquí cultivados amenizandos cós cantos de cinco grupos de "Cantos de Taberna"   ata que as nove da noite   unha  chourizada popular e a actuación do grupo de folk " Milesios " puxeron fin a xornada.

O domingo correu a alborada a cargo do grupo de Gaitas da Escola de Música Samoeiro, deseguido reanudaronse as catas polo público asistente nas diferentes adegas coa presenza de cinco grupos mais de cantos de Taberna e o son das gaitas da escola de música Samoeiro.

O Pregón de estivo a cargo do Presidente do Consello Regulador da Denominaciónn de Orixe Ribeisa Sacra,  D. José Manuel Rguez Glez quen lembrou a coincidencia da feira coa do XXV cabodano da formación da D.O. Ribeira Sacra e tamén a toda esa xente que traballou e trababalla polo desenvolvemento desta zona.

 

 

 

 

 O tempo acompañou, tanto o sábado como o primeiro de maio o sol foi outro protagonista de esta XXV edición.  Moitos animaronse a acudir a esta cita a pé dende as poblacións de Monforte e redores, outros como cada ano a cabalo xa que o entorno é propicio para a práctica deste deporte.

Poidéronse ver postos de artesáns reposteiros e da pel do concello da Pobra, así como algún máis que veu de concellos do redor. Dende terras de Quiroga veu " Armaior" coa súa artesanía en madeira de oliveira e dende Taboada trouxeron  "Xianas" unha tradicional galleta típica destas terras que agora se comezou a comercializar, dende o Caurel non faltaron os de "Caurelor" cós seus productos elaborados a base de castañas  e de terras de Sober a Olería   tamén veu ata aquí para a súa venta.  Os postos de polbo e churrascos repartirónse entre diferentes puntos do lugar  e tiveron aforo completo.

Varios periodístas  dos distintos medios estiveron presentes un ano máis para dar conta do aquí acontecido.

Dende terras de Ourense "Pablo Doforno" fotógrafo de eventos deportivos poido facer numerosas fotos de cabalos e xinetes.

Ao finalizar a xornada, logo de ter visitado o mirador, voltamos para a casa con ganas de que o ano que ven teñamos a posibilidade de voltar e seguir a disfrutar, do entorno e das súas xentes e caldos.

------------------------------------------------------------------------

Edición 2015

 

As adegas de Vilachá de Salvadur,  son das máis antigas da Península Ibérica.

    " Teñen unha distinción por parte da Xunta de Galicia, que as cataloga como de interés turistico, así como unha especial protección de cara o seu mantemento e posibles restauracións a realizar.

      Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá, no que se poden degustar os caldos producidos nas tres Riveiras do Cañon do rio Sil, A de Lagares, a de Val do Frade e a do Eivedo, (Ivedo). A uva cultivada é variada, tendo un protagonismo especial a denominada Mencía.

  As adegas encóntranse na zona chamada Avelaira, e dicen os do lugar, que o nome venlle dado por uns monxes, que ó parecer, traían o viño das ribeiras ésas adegas para facelo bon, e que viñan a vixilalo, (A velar), de donde pode vir o de Abelaira.

     Os monxes creese que vivían nun convento na ribeira do Val do Frade, (de ehí o nome da ribeira, Val do Frade), e que nela tiñan o convento, e nesa ribeira hai unha zona que se chama, inda a día de hoxe, “Os conventos”, sitio onde ten aparecido algunha pedra con claras características de antigas construccións de certa importancia.    "

Mais info http://www.aldeasgallegas.com/vilacha/vilacha.htm

 

 

 

 

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.