Slide background

GALICIA

Terra

Patrimonio

RURAL

Horta, Viño, Roza, Sega, Pan, Liño, Xabón, Matanza...

CONCELLOS

Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra

RÍOS E FERVENZAS

Auga de Vida

GASTRONOMÍA

Cociña Tradicional

TRADICIÓNS
EVENTOS
ENTROIDO
VILAS GALEGAS
FESTAS GALEGAS
FEIRAS GALEGAS
Slide background
Eventos
SOSTENIBILIDADE
Cultura

VISITA ESTA WEB

Ven a coñecer Galicia

ALDEAS E VILAS

CONCELLOS
TRADICIONS

HORTAS
de Galicia

PAISAXES
MAR E MONTAÑA

ROMÁNICO
Tradicións
Slide background

Descubre

MUNDO RURAL

Despega a outros sitios
Segue os enlaces!

O mellor é vivir en Galiza

  • Inicio
  • Feira do Viño de AMANDI

Citas culturais anuais

Feira do Viño de AMANDI

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

 

Máis Info, outras edicións.

Feira do Viño de AMANDI 2016    Feira do Viño de AMANDI 2015    Feira do Viño de AMANDI 2015 - CATA   Feira do Viño de AMANDI 2015 SELFIES    Feira do Viño de AMANDI 2014    Feira do Viño de AMANDI Información xeral

GALERIA DE IMAXES PUBLICO 2017

Un mes antes do domingo de Ramos, día grande do AMANDI, xa comezan as actividades que o concello organiza para a difusión e promoción deste e outros produtos da comarca.

A presentación do cartel escolleito para edición XXXVII da feira fíxose  no miradorio da Pena do Castelo en Doade.  Xosé Carlos Quiroga Losada,  deseñador gráfico da comarca, tivo que competir con 39 autores máis que se presentaron á competición. Un cartel alegre, orixinal e representativo.

Moitos  traballos de carteis presentados para esta edición foron de  gran calidade artística, nada  doado elixir gañador pero ao fin o xurado tivo que tomar a decisión.

A escola de hostalería da Fundación Belarmino Fernández, este ano en organización coa  IXP Castaña de Galicia,  ofreceu unha xornada de Maridaxe.

Tamén tivo  lugar a presentación da Asociación de Apicultores da Ribeira Sacra,  con sede en terras soberinas, nunha xornada onde o mel  e outros produtos apícolas  foron os protagonistas.

Outros dos actos que se ofreceron foron:-

Unha xornada técnica organizada pola estación de viticultura e enoloxía de Galicia sobre a estratexia de control do mildeu na vide, outra xornada sobre “A imaxe dos viños”  etiquetado, tendencias, ferramentas e normativa a cargo de Bruno Lovelle, sumiller e creador do proxecto empresarial vinosacra.es

 A elaboración dun adhesivo co debuxo gañador do III concurso infantil que pra os centros de ensino de primaria da comarca se convocou.

A elaboración de tallas de madeira, pezas de artesanías que formaron parte do mobiliario da feira do viño deste ano e que se fixeron en concurso e con motoserra.

FIN DE SEMANA DA FEIRA

As once e media do sábado oito de abril có disparo das bombas de palenque deu inicio a XXXVI edición con apertura oficial as doce pola adega MEZQUITA en lembranza do seu fundador Pedro López Fdez. Pola tarde Precata Oficial , e despois concerto da banda de música de Sober e pra remate da xornada coa actuación estelar  de Rosa Cedrón  

Rosa Cedrón, a pregoeira deste ano recoñecida pola súa participación no grupo Luar na Lubre como chelista e voz do grupo ao longo de dez anos, tamén participou con Mike Olfield e se asociou coa recoñecida e querida gaiteira Cristina Pato, entre outros artistas.  En maio de 2016 saca o seu disco “Nada que perder” en solitario  coas súas propias composicións.

O domingo 09 de abril, día grande do viño de SOBER, charanga, pasarúas e misa solemne coa bendición de ramos  van ambientando a mañá. Mentres na sala de catas do Centro sociocultural a cata Oficial lévase a cabo por  Dona Marta Fdez, enóloga e directora do Centro Superior de Hostería de Galicia, D. Alfonso Losada, xefe da sección de enoloxía da Estación de viticultura e Enoloxia de Galicia, Dona Monserrat López, enxeñeiro agrónomo e enóloga, membro do panel de cata da D.O Ribeiro, Dona Patricia Presas, enóloga e membro da Asociación Galega de Enólogos e D. Francisco Javier Rguez  membro do Comité de cata D.O. Ribeira Sacra.

Coa recepción de autoridades e o pregón de Rosa Cedrón chegouse ao punto álxido do celebramento, o sr. Alcalde de Sober, Luis Guitian  fixo entrega dunha peza de oleira a fermosa artista e tamén ao alcade do concello convidado de Nogueira de Ramuin quen tamén correspondeu  cun  detalliño aos de Sober e trasladou ao publico asistente  a invitación para visitar o patrimonio cultural  có que contan a outra ourela do Sil., igrexas románicas, conxuntos megalíticos  ou o Parador Nacional de Turismo de Santo Estevo de Ribas de Sil.

 ENLACE A VIDEO RESUMO "https://www.youtube.com/embed/T40u7AXPtI4"

Imprimir

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

   diadegalicia

Aldeas Galegas e as suas tradicións
personal training certification onlinepersonal training certification onlinepersonal training certification online

Rexístrate