O VIÑO DA RIBEIRA SACRA
Chantada é a mais madrugadora das festas e a única feira que se realizou o ano pasado coincidindo xusto co inicio da pandemia.
Imos ver que pasa neste 2021
EVENTOS
VIÑO DA RIBEIRA SACRA
A feira do viño de CHANTADA é unha das máis multitudinarias de todalas que celebran na Denominación de Orixe RIBEIRA SACRA.
As ribeiras onde se cultivan os viñedos, o mosteiro de Santo Estevo e o salto de Belesar, que están moi preto da vila de Chantada, son un reclamo turístico ineludible.
O 12 de marzo do ano 1893 tivo lugar a primeira edición desta Feira sendo o pregoeiro o ilustre Antón Fraguas Fraguas nalquel momento director do Museo do Pobo Galego cunha afluencia de alo menos dez mil persoas segundo os datos da época.
Hoxe por hoxe é unha cita ineludible para a constatación da calidade dos caldos da zona e da denominación.
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_festas_vinho.htm