AS FACHAS DE CASTELO
Fai miles de anos que se celebra este ritual de autoafirmación que reune aos tres símbolos máis importantes do druidismo celta, o lume a planicie e o circulo.
A piques de perdeserse esta costume, na década dos noventa grazas a laboura duns poucos fundouse a asociación As Fachas co obxetivo de garantir a súa perseveranza tempo.
No castro de Castelo, na noite do 7 ao 8 de setembro colócanse no perímetro do asentamento marcando a súa estructura circular e separados por espacios minuiciosamente medidos, fachas de ata sete metros de altura, ás que se lle poñerá lume cando a escuridade sexa completa.
No medio do silencio asoma un son bárbaro producido polo crepitrar das lapas das ducias de fachas. Veciños e curiosos visitantes son testigos deste impresionante espectáculo igneo que permite desfrutar da cumunión cós seus mais remotos ancestros.
O lume préndeselle ás fachas de arriba para baixo e a mellor feita será a última en extinguirse, pola que levarán premio os seus elaboradores.
Enlace a PDF de interese (pronto)