A+ A A-

Eventos

Eventos

Danza Tradicional polas Letras Galegas

 As Nosas Letras Galegas 

"O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declaras Se o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Historia do Día das Letras Galegas

128 letras de cancións populares galegas

 

E como as letras están de festa aproveitamos para bailar muiñeiras neste día. A romaría Raigame en Celanova acolle dende hai casi vinte anos grupos de baile e folclóre de toda Galicia.

Muiñeiras polas letras galegas anos anteriores

Danza Tradicional en Bóveda 2016

 

Traxes da Nosa Danza Tradicional 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4014

Os MAIOS na GALLAECIA

Festa dos maios en Galicia 

Unha ancestral tradición

A árbore de maio tan extendida en todo o mundo atópase tamén en Galicia.

Cruces ou Postes cubertos de flores postos nos quintairos, nas prazas ou nos zaguáns có nome de maios.

Rei de Maio, un rapaz que sae polas rúas das vilas e aldeas ataviado con flores e follas e acompañado por outros rapaces cantando cantigas, parando nas prazas. O  Maio cantaba as estrofas e os nenos repetían a copla.

Vicente Risco recolleu que en Entrimo esta costume,  que era moi semellante á de Castela e que en Laza,  Verín,  os homes unha semana antes  van buscar unha árbore e  tráena ao lombo colocándoa o día 3 no labradío. O día da cruz popularmente é coñecido  pola fama de derrama de colleitas que se sofre se xea esa noite.

Na tradición dos maios en Galiza atopamos uns esconxuros contra os vermes no campo e pregos para que sexan boas as vindeiras colleitas.

Seica en Pontecesures a noite do 29 de abril os campesiños percorren o campo con fachós de palla cantándolle as colleitas.

Vincenti en "El alma popular" da unha versión desta practicas  en Padrón e nas dúas marxes do Ulla,  na noite do 30 de abril de esconxuro de vermes.

Noutras aldeas, Campaña , San Lois, Estramundi..saian ao primeiro canto do  galo   facendo en torno as leiras de cereais unha ronda de lumes.

Preto de Noia, en Santa Maria de Roo,  tamén celébrase a víspera do día 1 , xúntanse os veciños no outeiro facendo  unha fogueira e unha danza circular cunha cantiga:

Na Mahia o poeta Tobío  Campos recolleu esta costume nomeada  "alumiar o pan" que se facía para que medrasen as colleitas e Deus as librase de Pestes e pedras

Noutras localidades de Galicia facíase con auga bieita asperxendo as leiras con xestas ou codesos, que logo chántanse neles.

En Mourente  preto de  Pontevedra a fórmula desta beizón dicía esi:

"Cobras e Sapos

Bruxas e Ratos

Toupas e Meigas

Fóra das miñas Veigas"

Chantar os ramiños nos campos e lares en moitos lugares de Galicia era o enramallamento,  Meira, Quiroga en Lugo ou mesmo en  Pontevedra onde enfeitan ós carros de bois, o que derivou logo no Corpus en Redondela a ataviar ao boi con ramallos.

 LIGAZÓNS RECOMENDADAS

 http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.php?ID=258

http://www.orballo.org/?page_id=145

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 5228

Feira Medieval en Monforte de Lemos

 FEIRA MEDIEVAL MONFORTE  

 

 

 

Fotos: Tamara Lebón   y   Peruchela

La representación de las antiguas Ferias  Medievales es una gran escenificación de aquella época.  Es una gran actividad lúdica de las gentes de hoy con el  interés de perpetuar en la memoria otras gentes con otras costumbres en estos mismos lugares.

 Se realiza  en numerosos puntos de la geografía española y año tras año cuenta  con  mayor afluencia de público y de participación.

Cuando esta feria se celebra  en un lugar  como Monforte de Lemos, la que fuera una de las principales  villas  feudales  gallegas, la fiesta se convierte en algo más .

Resulta   fácil trasladarse a la época de los curanderos y magos del medievo, ya que  los puestos de  jabones artesanos, cristales,  minerales y amuletos  invitan a ello.

Plantas medicinales de todo tipo y para todo tipo de dolencia o tratamiento, puédense encontrar en este día así como disfutrar de la contemplación de aves de Cetrería, tan comunes en otras épocas.

El torneo Medieval del duelo Ecuestre se ha representado  por primera vez en la edición 2015, teniendo una gran acogida entre los asistentes al evento. El  Riepto o Reto, al que otrora se recurría para probar la verdad o falsedad de una acusación, terminada muchas veces de ese modo.

 

 

Los visitantes de esta feria medieval disfrutaran de una jornada  de ocio diferente, en especial los niños que tienen la oportunidad de montar en los burritos llegados hasta aquí para la ocasión, practicar su puntería con las flechas   y alucinar con la demostración de cetrería.  Estas posibilidades se pueden complementar a la perfección participando en los talleres de oficios dispuestos en las diferentes calles, zoqueiras, tejedoras, tallistas, alfareros...

 

 

Los puestos de artesanias aumentan en cada edición, la belleza  e ingenio sorprenden gratamente al público asistente. Ornatos en cuero, plata, madera, piedra o cristal. Símbolos mágicos, Celtas,  Vikingos... Tatuajes de quita y pon, churros de chocolate, crepes recién elaborados, puestos de panes típicos del país,  hacen las delicias de los más golosos y para los más clásicos los puestos de pulpo no faltan mientras al fondo se escuchan  las  gaitas llenando las calles de ese nostálgico Son que producen.

La plaza de Abastos abre durante los dos días de la feria y en el además de asentarse los puesto clásicos de cada día se le añaden otros puestos de viandas venidos de  otros puntos de la geografía gallega, chocolates, quesos, roscas...

 Ya para terminar, explicarles a los hasta aquí llegados que en muchos negocios hosteleros  tienen  ofertas de época todo el fin de semana que podran degustar acompañados de los vinos de esta zona de la Ribeira Sacra.

Por la noche en los  PUB de la calle Duquesa de Alba  se sirven los  tradicionales chupitos medievales.

Esta celebración en Monforte de Lemos se realiza  coincidiendo con los dias grandes de la Semana Santa, así que si quieres conseguir alguna de las exclusividades que en este evento se ofrecen no te olvides planificar venir a vivir alguna edición. Te esperamos!!!

 
  

 

 FOTOS 2019

 Enlace a galería de Fotos 2018

Reportaxe 2018

 

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2965

Festa da Ostra, do mexillón do Cristo, da Rosquilla e do queixo de San Simón

INFORMACIÓN SOBRE OS EVENTOS

O Evento de Exaltación e Degustación da Ostra de  Arcade, Soutomaior, Pontevedra, Galicia, celébrase o primeiro fin de semana de Abril.

A ostra de Arcade-Soutomaior é das máis cotizadas e das pioneiras en comercializarse e exportarse fora de Galicia. A  variedade é  “ostrea edulis” que posue un sabor  ligado as auguas nas que se cría, a desembocadura do río Verdugo. A primeira edición desta festa organizouse no ano 1987 por primeira vez có obxectivo de potenciar o seu consumo e proxectar a imaxe do lugar de Arcade como un punto de referencia na produccion e comercialización da mesma.

Mais Info : http://www.soutomaior.com/festa_ostra_cast.html

 


O Evento de Exaltación e Degustación do Mexillón de  San Ciprián, Cervo, Lugo, Galicia, celébrase a mediados de abril

 

Un dos motivos desta celebración e atraer xente ao lugar de San Ciprián, no concello de Cervo, para ofrecerlles a oportunidade de  degustar mariscos, pescados e empanadas, sendo o mexillón sen dúbida o protagonista. Cociñado de todas as maneiras coñecidas atoparáse en cada un dos locais hosteleiros da vila a disposición do publico.

 

 


O Evento de Exaltación e Degustación do Queixo de  San Simón, Vilalba,  Lugo, Galicia, celébrase a finais de marzo ou principios de abril

www.sansimondacosta.com 
http://vilalba.org/contidos/festa-do-queixo-de-san-simon-da-costa-5/ 
Tfno. Concello: 982 510 305

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2389

Feira de Artesanía en Triacastela

FEIRA  DE ARTESANIA  E DE PRODUCTOS DA ZONA EN TRIACASTELA, LUGO, GALICIA

 O ARTESANO É MÁIS SANO

 O Páramo, Paradela, Láncara, Samos, O incio,  Sarria e Triacastela  conforman a comarca das terras de SARRIA.

productos artesanais dos Abades do Mosteiro de SAMOS Creacións de Mª carmen López (traxe regional) Villalba con Teas de Cecilia Carballo POSTO DE TEAR, CECILIA CARBALLOMármore tallado FELIX GARCIA

Triacastela  está considerada como un lugar estratéxico por estar situada ó lado dos " Alpes Galegos " . Polo mes de abril vénse celebrando a Feira de Artesanía e Productos da Zona.

Evento que celebra grazas a asociación de mulleres rurais Tres Castros e a asociación de Artesanas  do Tear.

Este municipio ocupa máis de  50 km2, conta con oito parroquias e está sito no camiño de Santiago entre o  tramo comprendido entre o Cebreiro e Samos

  

Da  extraordinaria calidade dos productos expostos. entre os máis de 60 expositores que se  dan cita no lugar, destaca o posto de promoción da  carne de vacuno de raza Cachena, o  posto do queixo  «estilo Cebreiro» e os  do  pan artesán

Postos  tradicionais como o de cestería ou o do tear, tallas en madeiras, tallas en márrmore, traballos en coiro.

licores de augardentes botellas  ornato  Arbore da música

     artesania en madeira MANUEL OTERO         

Cautiva  a chegada o lugar a presenza dunha construccón  antiga semi abandoada que traslada a nosa mente, ao  momento,   ata a idade media.  Asombra  igualmente coa súa  presenza  a centenaria nogueira que se pode ver nas imaxes.

E sen ir moito máis lonxe, a Igrexa Románica de Santiago de Triacastela  acaba de trasladarnos da actualizade a historia desta fermosa vila galega.

 

Enlace reportaxe orixinal : http://www.aldeasgallegas.com/triacastela.htm

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 5373

Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra

QUIROGA, TERRA DE LENDA

 MICROCLIMA DE SABOR

 Para coñecer a actualidade dos viños españois o ideal é comprar unha guía onde aparezan reflectidos.

Nada máis chegar a Quiroga aprecio que " os quirogueses" saben disto e entre os postos ambulantes que fan o preámbulo á feira do viño, atopo libros e guías a escoller.

Esta feira é unha xuntanza anual de coselleiteiros da Ribeira Sacra, sendo a subzona que máis uvas vende ás grandes marcas consolidadas desta D.O. As casetas teñen escritas en letras grandes a parroquia da que son. Os colleiteiros na súa maioría acoden cos excedentes do viño producido e nestes dous días de feira aproveitan para recoller pedidos para a seguinte tempada, dar a catar a súa produción e compartir cos asistentes momentos de confraternidade e bo rollo.

Produtos naturais como polen, mel, aguardentes varias e embutidos atópanse no recinto da feira, cada un deles especificando claramente a súa procedencia e a naturalidade garantida.

Como é habitual o posto máis visitado neste tipo de feiras é o da alfarería. Xarras e vasos pintados ao momento son vendidos ás cuadrillas de mozos vindos para a ocasión. Os cales colgaránse ao pescozo como é tradición e encherán unha e outra vez ata completar a cata de todos os viños expostos.

Volvendo ao preámbulo da feira do viño cabo destacar os postos asentados para vender queixos, pans, bolas de millos e doces rexionais e nacionais, maquinaria para a horta e o céspede, antiguedades rebuscadas, cestas de mimbre da etnia xitana da comarca, e tamén atrapasoños dos artesanos indíxenas ecuatorianos vindos a estas terras.

E aínda que na feira tamén houbo mercadillo de roupas e Tómbola, non lles fago, máis que mención, así que si queren velo por si mesmos, non deixen de asistir á próxima feira do viño QUIROGA

O grupo de gaitas e danzas de Quiroga, actúa ano tras ano para inaugurar a ocasión e deixa oír o Himno do Antigo Reino de Galicia, amenizando as copas de viño que os presentes van a degustar

 

 

 

Enlaces relacionados con esta comarca 

Ayuntamiento de Quiroga

http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.4368.php 

 Muestra del Aceite de Bendilló

http://quirogaeunviño.gal

En agosto Feira do Mel

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3440

Festa da Reconquista en Vigo

 A RECONQUISTA 

A FRANCESADA

 Esta guerra din que foi unha das maiores dende as Revoltas Irmandiñas

 Chegaban batallóns de soldados a conquistar o territorio.

 Fixeron moitas aíadas derramaron colleitas ou as levaron enteiras

Moitos  franceses están enterrados en terras galegas, isto permanece na  nosa memoria histórica.

FESTA DA RECONQUISTA

VIGO  "LEAL E VALENTE VILA"   a primeira que se liberaba  a sí mesma da ocupación napoleónica.

Cristo da Vitoria patrón da cidade

PROGRAMA DAS FESTAS

  • Representación teatral dos episodios máis destacados da loita pola reconquista do 28 de marzo de 1809.
  • Talleres de Danza Bretona e Galega
  • Actividades de Costura, Carpintería e Pintura
  • Vestiduras do século XIX
  • Homenaxe aos heroes da reconquista  con pregón.
  • Pasarúas
  • Xigantes e Cabezudos
  • Contacontos, Titiriteiros e Meigos
  • Artesanía
  • Concertos de música Folk Tradicional

QUE VISITAR

  • Praza da Constitución da Princesa
  • Plaza Almeida
  • Rúas Triunfo e Cesteiros
  • Entorno da Colexiata
  • Parque e Pazo  de Castrelos
  • Monte do Castro  e da Guía
  • Percorrido en Barco pola Ría
  • Illas Atlánticas de Galicia

HISTORIA

Un Escabecheiro do Berbés de nome Carolo tivo a iniciativa de tirar a  hachazos a porta da Gamboa, cando caeo abatido un rapaz dunha aldea de Pereiro de Aguiar en Ourense chamada Cachamuiña  colleulle o relevo e rematou de derribala  atravesando a barreira que separaba á cidade da súa liberación.

Nota da autora:

A memoria colectiva é un valor a seguir fomentando nas sociedades futuras e nas presentes,  debemos dar a compartir a sabedoría popular .

 A celebración de festas rememorativas destes acontecementos,  das batallas contra os franceses,  salpícanse pola xeografía galega anualmente.

http://www.avcascovello.com/

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3964

Festa do Queixo e Pan de Ousá - FRIOL

QUEIXO DE LUGO

"Un concello agrogandeiro, do interior lucense, onde ademais de atopar un inmenso patrimonio cultural e natural, poderán coñecer a súa gastronomía, as súas xentes e os seus costumes... Friol, coñecido na bisbarra pola súa afamada gastronomía, referente da feira anual do queixo de Friol e do pan de Ousá, ten moito máis que ofrecer. Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, ofrece interesantes percorridos por diferentes variantes do Camiño Primitivo, e polo Camiño Norte de Santiago, ofertas museísticas como a visita á Torre Fortaleza de San Paio de Narla, instalacións fluviais ó longo do Río Narla, e áreas recreativas en diversas parroquias,... merece unha visita que sen dúbida repetirán. E remato cun recordo sempre agarimoso para toda esa nosa xente que se viu obrigada a emigrar a terras lonxanas. Para todas esas persoas que con entusiasmo esperamos o seu retorno, e tamén para todos aqueles que por diversas circunstancias, xa nunca voltarán. José Ángel Santos Sánchez (Alcalde de Friol)"

Máis info http://www.concellodefriol.es

OUSA PAN E QUEIXO

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3856

Feira da PLANTACIÓN en San Sadurniño

OS NOSOS CULTIVOS

FESTEXO DE SAN SADURNINO

 
Celebrar un día de festa en homenaxe ao tempo da sembra e da prantada de hortalizas é preciso para  a súa promoción. Cándo mellor que no mes de abril? Unha vez pasado o San Xurxo,  remolachas, coias, cebolas, leitugas, tomates, fabas, millo, todo se pode cultivar.
En tódalas feiras de Galicia véndense  prantas para xardíns,  leiras e  hortos.
 
 
 
 
CPI San Sadurniño, Avenida Marqués de Figueroa, 19, 15560 San Sadurniño, A Coruña, España
 
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño coa implicación dos departamentos de Medio Ambiente, Desenvolvemento local, Cultura e Turismo. Na feira daranse cita viveiros de planta e árbores, florerías, produtores de horta e firmas de maquinaria, ademais de postos de alimentación.

A feira iniciarase pola mañá e estará aberta ata o serán  e nela haberá á venda produtos de todo tipo relacionados co cultivo da terra. Ademais, todas as persoas asistentes levarán unha planta de recordo completamente de balde e durante o día celebraranse dous sorteos con produtos doados polos expositores.

Haberá lugar para xantar no propio recinto, aínda que San Sadurniño ofrece un grande abano de opcións para sentar á mesa por bo prezo. Desde o departamento de Turismo aconséllase reservar previamente, posto que nos días en que hai feiras ou mercados os restaurantes do territorio adoitan ter unha alta ocupación.

O recinto contará cunha grande carpa.

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 5562

Mostra do Aceite de Quiroga no muiño de Bendilló

XIX MOSTRA DO ACEITE DE BENDILLÓ 2019

 

    

FEIRA DO ACEITE   BENDILLÓ 

 

Dende que comezou este novo século vénse celebrando, nunha contorna secularmente vinculado coa produción artesanal do aceite, Bendilló, en Quiroga, unha mostra anual na que se dá a coñecer aos visitantes o antigo modo de extracción do aceite.

Na galería de imaxes pódese apreciar, o molino e as partes que o conforman para dar como resultado logo o produto. A pila de moer, o mazo de prensar, a decantadora e tamén a besta, representadora das súas precursoras.

 



Esta demostración está acompañada da presenza de productores da zona que venden: licores de aguardentes, mel, pans, castañas secas e o aceite, aos compradores que adquiren neste día comestibles naturais ao 100 %.  O grupo de danzas e gaitas rexional ameniza con varios actos a xornada e os postos de pulpo e churrascos están asentados para os máis animados en prolongar a súa estancia ata o atardecer.

A poucos metros de aquí comeza a Ruta do Mel e do Aceite que pasa polas aldeas de ParadaSeca, Parada Piñol, Rugando, Villarmel e Cereixido. Desde a N-120 pódese acceder a ela.

 


A TRADICIÓN DO ACEITE EN GALICIA


A presenza de olivares en terras sur orientais de Galicia que gozan dun clima oceánico mediterráneo remóntase a éra castrexa. "Estes antigos pobladores, alimentábanse ademais con aceitunas, pero descoñecían os métodos de extracción do aceite, xa que na súa dieta só empregaban graxa animal".

Coa conquista dos romanos, os coñecementos destas técnicas foron transmitidas e Galicia converteuse entón nun dos territorios conquistados do que máis aceite se transportaba en ánforas para a capital, ROMA do 130 ao 250 DC.

Logo dos árabes, na conquista de América polos españois, a produción deste prezado líquido curativo, medicinal e alimentario, incrementouse en zonas como Baiona ou Pontevedra pola necesidade de exportación ao Novo Continente descuberto, pero os Reis Católicos, nunha política de favoritismo a outras zonas do reino, fixo arrincar unha gran cantidade de olivares nesta terra, o que supuxo o declive final no século XIX..

 



LUGARES

Quiroga, Ribas de Sil, Valdeoras, Larouco, Verín, Tomiño, Ou Rosal ou A Garda, son na actualidade "comarcas" nas que se seguen cultivando olivares e elaborando un produto autóctono de propiedades inigualables.

 

 

 

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2780

Cume Tapas en moitas Vilas Galegas

E PARA GASTRONOMÍA, A GALEGA!!!

No ano 2009 cando recén se estaban poñendo de moda este tipo de iniciativas-concurso realizaba a seguinte entrevista a un recoñecido cociñeiro madrileño que puido traballar por todo o país e sabe moi ben o que se come e o que se cociña.

CHEF DE COCINA ENTREVISTADO: José Cuerva Campillo

Peruchela - ¿Cual ha sido tu primera impresión al conocer esta iniciativa ?

J.M.C.C - Todo lo que sea por incentivar las costumbres sanas como el comer y  beber,  compartiendo  momentos con amigos  mejorando con ello las relaciones humanas, es  algo muy positivo.

Peruchela: - ¿Cual ha sido tu primera impresión al ver las imágenes de las tapas concursantes?

J.M.C.C -Que entran por los ojos,  cumplen los objetivos sobradamente

Peruchela: -¿Cómo sabrías  tú   elegir a la mejor tapa ?

J.M.C.C -  Primero seleccionaría de  aquellas  que  me despertaron  los sentidos,   básicamente las que  me dieron más ganas de seguir comiendo

Peruchela: -Por último,  ¿Comerías con tapas?

J.M.C.C -La comida rápida de España son las tapas por excelencia, por eso en nuestro país  no proliferaron los locales de  otro tipo de comidas rápidas tanto como en otros, he comido con tapas en numerosas ocasiones y .. ¿quién no?.


Opinións - Maio 2017

A costume era ir a un bar e tomar un viño que traia unha tapiña polo mesmo prezo.

Nestes concursos  o xurado ten que ser xente pudiente, xa que pagar  por unha tapa 1,50 € e a maiores a consumición escapa as posibilidades de moitos. Con estes prezos a maioria non nos podemos permitir percorrer todos os locales concursantes, moi a pesares noso. En vilas como Monforte de Lemos onde levan xa case dez anos con esta iniciativa son máis de 25 locales inscritos á participación.

Si ben é certo as tapas que se elaboran nestes concursos promovidos dende as institucións e o comercio das vilas son dunha alta calidade e díficil elaboración. Ter a posibilidades participar neste concurso, resulta unha experiencia inesquecible para os sentidos e os avistamentos.

Si en Galicia hai bares e funcionan e porque lle poñen o prezo ó vaso e tapa xuntos, unha cousa razoable o que che poder supor 1,50 € na actualidade,  hai sitios de 1,30 € e de 1,80 € e  logo de 2 € pra riba.

As tapas son parte do acompañamento das bebidas sendo unha costume visitar varias tabernas xuntas para probar diferentes tapas.

Isto é o que fai un gran número de persoas ao longo do ano.

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3483

En xuño, Arde Lucus

Arde Lucus 

No mes de XUÑO

 

Os romanos tardaron máis de cen anos en conquistar aos castrexos. O emperador Augusto entre o 29 e o 19 a.C. conseguiu establecer un triángulo poñendo en cada vértice unha gran cidade, territorio  que pasaría a ser a Gallaecia romana. Brácara, Astúrica e Lucus, ámbalas tres Augustas.

A partires de aquí,  Lucus Augusti, comezou a medrar e acadou un gran esplendor, ata 166 mil persoas, segundo relataba Plinio. Este momento esplendoroso da historia da cidade de Lugo revívese a traveso da festa do Arde Lucus, nata por iniciativa da Concellería de Xuventude do Municipio.

Fixada dende os orixes na última quincena de xuño, edición tras edición deixa constatacíón da esenza da romanización galega.

Un programa que xira entorno de Roma e que contén actividades como ofrenda ao dios celta Lugh, deidade da luz, cuio nome relaciónase có orixe do topónimo da cidade de Lugo.

Representación de esceas de época como a da constitución do Senado, venta de escravos, exhibicións de cuadrigas, loita de gladiadores, mercado romano e non faltan banquetes ao máis puro estilo de Augusto.

Panem et Circenses, describe a oferta de Arde Lucus.

O banquete digno de César comeza na praza de Santo Domingo e acolle unha cea deliciosa. Como inicio os textos de Caius Apicius cuios recetarios son de base obrigada pra saber o que se cocia nos fogóns romanos. O menu inclúe crema de produtos das hortas e unha rebanada de "panis de piceno", pan moreno untado con allo ou de "panis secundarius" un pan branco untado con mel e deseguido polo ou porco asado. Froitas moi variadas de postre e de bebida non falta o viño.

A continuación disto celébrase o acto de Irmandade dos pobos de Limicorum. Acudindo unha lexión de veciños de Xinzo vestidos de romanos e outros representantes doutras festas romanas de España como os de Cartaxena.

Entre celta e romanos, entre o real e o mítico, lendas sobre a conquista militar e as xestas  heróicas dos castrexos ante os invasores, cultos relixiosos intentados exterminar coa chegada do cristianismo.

O río Limia, o que as lexións de Décimo Junio Bruto confundiu có río do esquecemento, negándose a cruzalo ata que o cónsul lles desmostrou que ninguén perdería a memoria. O indeterminado monte Medulio, no que uns antepasados decidiron morrer antes que entregarse e ser escravos do Imperio.

E por útimo Finis Terrae  (Fisterra) punto onde se  cree que se atopaba o Ara Solis, o altar na honra ao sol que fora feito polos Fenicios e que os romanos usarían nos seus ritos. Seica foi Santiago Apóstol quen mandou destruir ese Ara  pero o seu lugar acabou converténdose  no final e incio do camiño de Santigo. Foi  a sigularidade xeografía das terras de Fisterra  a que atraeu de sobremaneira aos romanos.

Fonte: Galicia la historia es una fiesta (Xunta de Galicia)

Fotos : Lu Ca

Publicado por Lu Ca en Domingo, 21 de junio de 2015

Web Oficial  http://ardelucus.com

http://www.ardelucus.com/localizaciones.php 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1067

Festa da Romaxe das Cruces en Ribadeo

Festa de Interese Turístico de Galicia

No mes de maio

Festa da Romaxe das Cruces en Ribadeo.Acto que ten máis de douscentos anos de antigüidade e que evoca uns feitos bélicos da loita do pobo contra a invasión francesa en 1809.

 

+ Información Concello de RIBADEO

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3868

San Antonio

FESTAS DO SAN ANTONIO

Monforte de Lemos

As festas na honra a O San Antonio,  13 de xuño,  son celebradas en moitos lugares do mundo.

En Galicia temos moita devoción por este santiño e son moitos os ditos que hai sobre a súa tradición.

- Bicarlle un pé ao santiño axuda a facer que casemos ben.

- As festas do San Antonio tes que ir a buscar parella.

A este santiño tamen se lle invoca para atopar os obxectos perdidos.

En  Monforte de Lemos,  polas festas de San Antonio, os rapaces da asociación folclórica Lemavos actuan diante do convento das Clarisas.

Acostuma a vir algún grupo de folclore invitado, así puidemos ver en edicións anteriores agrupacións da rexión de Murcia e do país irmán Portugal que podes ollar nalgún dos enlaces inferiores. No 2016 por coincidir a luns soamente actuaron membros da Escola de Infantil de Danza Lemavos e o grupo de Danza Tradicional Lemavos patrocinados pola comisión de festas do barrio de San Antonio de Monforte.

No 2018 acompañou aos Lemavos  neste festival folclórico do San Antonio o grupo de música tradicional De Pe Feito que podes ver  tanto nas imaxes como na seguinte ligazón á lista de reproducción de Youtube 2018.

Lista de reproducción de vídeos actuación 2018

Lista de reproducción de videos actuación 2017

Lista de Reproducción de Vídeos 2016

ENLACE A FOTOS E VIDEOS 2012  - 2013  - 2014  - 2015 - 2016

 

 

http://aldeasgallegas.com/SanAnton/index.htm

Enlace a páxina ano 2015 e anteriores

Tenda de Retratos

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3913

Feira do Galo de Curral en Vila de Cruces

A FEIRA DO GALO DE VILA DE CRUCES

 "O produto estrela da gastronomía de Vila de Cruces é o Galo de Curral en torno ao que se vén celebrando nos últimos anos unha importante festa gastronómica declarada de interés Turístico Galego.

Tradicionalmente os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo, trigo,verzas e herbas. Este sistema de crianza fai que a súa carne acade uns altísimos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.

Recollendo esta tradición no ano 1992 o Concello de Vila de Cruces creou a FESTA GASTRONÓMICA DO GALO DE CURRALque ao longo das súas edicións foi medrando en fama e popularidade, asistindo gran cantidade de público a degustar o producto, así como a presenciar os actos culturales e lúdicos que acompañan a festa. O galo de Curral pode ser degustado durante todo o ano nos restaurantes de Vila de Cruces, e pódense adquirir galos vivos ou sacrificados a través da Asociación de Criadores (teléfono 986 532 385), ou na FEIRA DO NADAL DO GALO DE CURRAL que se celebra nesas datas ".

LIGAZÓNS DE INTERESE

Fonte Web do Concello

https://gl-es.facebook.com/galodecurralviladecruces/

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1783

Feiras das Cereixas

 

Feira das cereixas e do viño de Belesar

os días 17, 18 e 19 de maio feira do viño e das cereixas en Belesar. Entre os concellos de O Saviñao e Chantada esta localidade será a sede para catar os viños da zona, a gastronomía típica e os primeiros froitos da tempada.

 

 ****************************************************************************************** 

 ****************************************************************************************** 

 

San Clodio - Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil -  9 e  10 de xuño -  As cereixas da zona de Figueiredo atraen a visitantes de toda a contorna na Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil.

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 1/06/2019 ó  03/06/2019 XXXIII Festa - Feira da Cereixa de Beade (Vigo)  - Feira da Cereixa que terá lugar dende o 1 ao 3 de xuño na  parroquia viguesa de Beade. Degustar a cereixas da tempada e desfrutar das actividades programadas para o público de todas as idades.

 

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019  al 07/07/2019 Festa das Cereixas (Laracha) Paiosaco, parroquia de Lestón , coincidindo coa celebración da primeira feira do mes de Xullo.

Ademais dos postos de venda de cereixas haberá varias actividades relacionadas co produto e actuacións musicais que animarán a xornada.. Festa declarada festa de interese turístico de Galicia.

Asociación de Turismo da Costa da Morte

https://www.visitacostadamorte.com/es/axenda/fiesta-de-las-cerezas-de-paiosaco

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

San Paio - Romaría das Cereixas  (Abegondo) O próximo 30 de xuño e 1 de xullo 2019  o terá lugar na parroquia de Vilacoba, no municipio de Abegondo, a festa relixiosa na honra a San Paio. Actos litúrgicos programados para a ocasión, variadas actuacións musicais e degustación gratuita de cereixas da comarca na popular Romaría das Cereixas.

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019 Festa das Cereixas (Culleredo) Festividade gastronómica popular que se celebrará no lugar de Peiro de Arriba, na parroquia de Celas do municipio de Culleredo, o 8 de Xullo. Os asistentes a esta xornada poderán degustar este exquisito froito de tempada e deleitarse coas variadas actuacións musicais."

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 Webgrafía: EnComún, PaxinasGalegas y Google como motor de búsqueda

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4308

Feira do viño tinto O Salnés - Barantes Ribadumia

  • FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS

    Carballeira de Barrantes (xuño)

    A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva

    Ribadumia atópase nunha situación privilexiada, en pleno corazón do Salnés, limitando cos municipios de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e Meis.

    As comunicacións con Ribadumia véronse favorecidas coa construción da vía rápida do Salnés e da autoestrada A-9, que permiten que a vila estea conectada cos núcleos urbáns máis próximos: Santiago, a 61 quilómetros, Vigo, a 47 quilómetros, Pontevedra, a 22 quilómetros.

    OUTROS EVENTOS DA COMARCA

  • Festa do  Pan do Salnés
  • Romaría de Santa Baia
  • Romaría de Santa Marta de Ribadumia
  • Festa do Polo
  • Feira Medieval de Pontearnelas
  • Festa do Viño Tinto do Salnés

          FONTE: Web do Concello

          Páxina Oficial do Viño do Salnés

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4067

Festa do Melindre en MELIDE

Os ricos Melindres

Estás agardando a saber quen vai ser o pregoeiro desta edición da #FestadoMelindre?

https://gl-es.facebook.com/FestaDoMelindre

https://www.facebook.com/FestaDoMelindre/posts/2406677686012980

https://www.facebook.com/xoan.arco.da.vella/posts/1000245149985814

Festa do Melindre  e da Repostería Tradicional da Terra de Melide.

 

 

Ata a concurrida rúa Príncipe desprazaranse melindreiros e autoridades locais melindenses para promocionar o fin de semana máis doce de toda Galicia.
 
 



 

 

 
  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4971

En abril Festa da Lamprea en Arbo

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL

 

LIX Festa da Lamprea

 

 

 

 

 Tren da ruta da lamprea e do viño do condado do Tea

"Arbo é a Capitalidade Galega da Lamprea por excelencia."

As Pesqueiras ou Pescos de Arbo,  son muros de pedras paralelas que se adentran na auga en diagonal ou  batería da corriente de auga"

 O río Deva que leva as súas augas por terras de Arbo, provee as súas xentes desta e doutras especies de peixe, moi apreciados na gastronomía galega. http://aldeasgalegas.com/index.php/rios-de-galicia#deva

 

 

 

 

 

 

  

 

   

INFORMACIÓN SOBRE A LAMPREA

Txt. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A lamprea, "Petromyzon marinus Linnaeus 1758", é un dos seres mais primarios e menos evolucionados do mundo animal coa nada despreciable antiguedade de 500 millóns de anos.

As terras galegas son o último reducto da península. Ou Pai Miño (Arbo) e o Ulla (Pontecesures e Padrón) poden presumir de ostentar o máis alto rango de distinción na súa explotación comercial e a súa preparación culinaria.

De xaneiro a marzo, a lamprea está en plenitude de tempada aínda que tamén os meses de abril e maio poden ser bos.

Fai anos, en España, tamén había lampreas en Estremadura, Andalucía, Levante, Cataluña e Aragón. Agora, soamente atópanse en ríos da cornisa atlántico-cantábrica.

 

 

MORFOLOXÍA:

 

A lamprea conserva as características máis primitivas dos primeiros invertebrados.

O corpo da lamprea é alargado, con dúas aletas dorsales situadas no terzo posterior e unha pequena aleta caudal. A diferenza doutros peixes carece de opérculos branquiales e as aberturas limítanse a setes pares de "olluelos" ou orificios dispostos en dúas filas paralelas a ambos os dous lados da cabeza.

Este ciclóstomo adoita ser pardo amarillento ou verdoso-azulado, con manchas amarillentas mentres que o ventre é de cor clara. Ten dous aletas e a súa cola termina en punta.

A súa pel carece de escamas, é lisa e escurridizamente viscosa. Si alcanza o metro de lonxitude estaremos falando dun bo exemplar.

É un peixe caracterizado por carecer de mandíbula e dispoñer dun esqueleto cartilaginoso sen partes óseas. 

 

BIOLOXÍA:

O seu ciclo vital resúmese fácilmente: nace nos ríos, baixa ao mar para alcanzar a madurez e volve ao río a desovar onde morre.

Ten xa que logo dúas fases ben diferenciadas. Tras unha fase larvaria continental migra ao mar. Permanece no océano uns tres anos e retorna ao río a reproducirse tralo que cal morre en pouco tempo.

A fase mariña da especie aínda presenta grandes incógnitas. Logo de dous ou tres anos no mar alcanza a súa madurez e o seu instinto reproductor tráelle de regreso ás canles fluviales e é neste momento cando se procede a súa captura.

 

ARTES DE PESCA:

Os métodos de pesca máis genéricos son as redes e as pesqueiras.
As redes e as súas variantes son propias das zonas de estuario e desembocadura, mentres que as pesqueiras o son das zonas máis altas
As pesqueiras, verdadeiras xoias do tempo dos romanos (do s. V a. C. ata o s. II d. C.), son enxeñosas construcións formadas por grandes sillares de pedra. Están situadas dentro do río e se alinean en perpendicular ou en oblicuo ao curso da auga. A súa estratéxica situación provoca captúra dos peixes cando remontan o río.

Os volantes son redes que cruzan o río en perpendicular e derivan empuxadas pola corrente.

Os butróns -nasas cónicas ou cilíndricas- son aparellos de malla e aros de ferro cun orificio de entrada e sen saída. Sitúanse no fondo do leito polo que son menos acaparadores que as redes.

Outra modalidade ou técnica é a fisga, francada ou tridente que consiste nun pau longo cunha serie de puntas no seu extremo inferior co que se cravan as lampreas.

 

 

 

LAS PESQUEIRAS DO MIÑO:


De Salvaterra a Crecente hai uns 30 kms de curso fluvial xalonado por estes muros.
As pesqueiras do Miño están formadas por varios poios ou pescos de pedras encaixadas a modo de puzzle. Non hai cemento nin outro elemento de sujeción.
As medidas son dispares. Hai pesqueiras dun ou dous poios e hainas ata de seis.
As pesqueiras múltiples do Miño mais semellantes ás do Ulla- crean correntes nos ocos que hai entre os pescos. Nestes corredores ou pasadizos dun metro de ancho chamados rúas- colócanse os butrons.

 

Arbo  é a Capitalidade Galega da Lamprea por excelencia.
As pesqueiras ou pescos de Arbo son muros de pedras paralelos que  penetran na auga en diagonal ou batería á corrente do auga.
O Miño chegou a ter unhas 700 pesqueiras. Na actualidade consérvanse unhas 400.

 

 

OUTRAS ARTES DE PESCA DO MIÑO:

 

No Baixo Miño, cerca do mar, péscase con trasmallos chamados miños ou lampreeira.
Estas redes de deriva miden uns 115 metros de longo e 2,5 de alto. O traballo desta arte de pesca é ben sinxelo, lárgase a rede e por efecto da corrente vai pescando soa.
A tempada de pesca para estes aparellos ábrese o primeiro de xaneiro.

Outra arte de pesca é o rodeiro ou a ancestral rede cabaceira, malla que se utiliza lastrada e pendurada dunha aboiar flotante. A rede lárgase nos pozos e remolinos e traballa flotando atrapando ás lampreas que soben.
A Presa de Frieira, en Ourense, é o peor inimigo da lamprea no Miño. Esta barreira infranqueable é un obstáculo insalvable que obriga á especie a frezar augas abaixo ou nos afluentes.

As ESTACADAS DO TEA

No Miño, parte das lampreas remontan un dos seus tributarios, o río Tea.
Utilízase un método único para captúra da lamprea: as estacadas.
Son construcións ou empalizadas de madeira que cruzan o río en perpendicular. Constan de varios alicerces duns dous metros de alto sobre os que se pousa unha pasarela, onde se colocan os pescadores.
As estacadas mais habituais fanse con alicerces de eucalipto ou piñeiro pero na actualidade xa hai estacadas metálicas coa innovación do método tipo ponte elevadizo mediante poleas.
As lampreas remontan o río pegadas ao fondo, cando pasan por baixo das estacadas os pescadores crávanas coas fisgas ou francadas.
O río está segmentado en postos de pesca desde Salvaterra de Miño ata Ponteareas.

Ao contrario da sucesión das pesqueiras, non se explotan por herdanza familiar. Estes postos van a sorteo libre entre aqueles pescadores que os soliciten.
O sorteo público realízase a primeiros de xaneiro.

A tempada empeza a mediados ou finais de xaneiro ata o último día de abril. O horario de pesca abarca desde as nove da noite ata as oito da mañá do día seguinte. Os domingos son días inhábiles.

 

Enlaces de Interese, reportaje completo:

http://www.miguelpesca.com/la%20lamprea.htm

https://vimeo.com/37337453

 

 

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3915

Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas

http://festadovinodaulla.com/

D.O. Rías Baixas - Subzona Ribeira do Ulla.

San Miguel de Sarandón - Concello de Vedra

Festa de Exaltación do Viño da Ulla, viño albariño da subzona do Ulla, a única que pertence á provincia da Coruña. 
Mostra dos Viños da D.O. Rías Baixas Degustación gratuita de viño, que se podrá tomar acompañado de filloas, pulpo, empanada e pichos tradicionais .

Poderás ver carros de bois cargados cós bocois do viño e catalos disfrutando ao son das gaitas e presenciando do espectacular desfile de gaiteiros.

 

Enlace Noticia 2017 

Outro enlace  FOTOS 2017 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4839

14 de Abril - Feira de Artesanía do Ferro en Riotorto

NO NORTE DA PROVINCIA DE LUGO....

FERRO EN RIOTORTO

Fotos : Laura Alonso

 Os seguintes enlaces conteñen información sobre a tradición do Ferro  nestas  terras

 https://jomacacuchillos.wordpress.com/2015/01/27/un-poco-de-historia/

https://mafartesania.com/category/feira-da-artesania-do-ferro-de-riotorto/

http://www.herculesediciones.com/gl/un-homenaje-a-los-ferreiros-de-lugo-por-jose-manuel-salgado/

http://www.concelloderiotorto.gal/es/content/el-pasado-de-riotorto

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1747

Feira do Viño AMANDI - D.O. Ribeira Sacra

 FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

  "Amandi é a historia dun resurxir continuo, dun negarse a perder a batalla. Amandi é o sudor e a esperanza dunha xente convencida de que o futuro tamén pode ser seu. Iste futuro, empezouse a escribir  cando un grupo de veciños  decidiu revitalizala antiga feira de gando do domingo de Ramos;  por elo invitouse aos colleiteiros de viño da zona de Amandi a que trouxeran a capitalidade do municipio unha pequena mostra dos seus caldos. Por parroquias, o Amandi, colleitase en:  Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte de  Anllo San Martiño e Anllo Santo Estevo. En total son 200 hectáreas de viñas, repartidas entre algo máis de 300 viticultores, e con 29 adegas  inscritas no Consello Regulador."

Fonte: Web do Concello http://www.concellodesober.com

Edicións anteriores :

2019 - XXXIX Feira de Amandi 13 e 14 de ABRIL

AMANDI 2018

AMANDI 2017

AMANDI 2016

 

 

 

AMANDI 2015   

AMANDI 2014    

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4033

Feira de Anticuarios de San Lázaro en Sarria

6 E 7 DE ABRIL 2019

ANTIGUEDADES

Os primeiros anticuarios pódense situar na historia no século XV, no Renacimiento; época na que se fundaron Academias onde se constituíron as diferentes ramas da Arqueoloxía. Nas súas orixes os Anticuarios preocupáronse principalmente do campo literario e humanista. No século XVI fundouse a numismática española por D. Antonio Agustín. Foi no século XVII e XVIII cando realmente as investigacións dos anticuarios progresaron e formaron coleccións de obxectos antigos e dedicáronse con intensidade ao seu estudo. No século XIX, as ramas da arqueoloxía estendéronse e multiplicaronse de xeito asombroso chegando a acadar un carácter científico.

A exposición que ten lugar en SARRIA, reúne un gran número de obxectos relacionados con ideas, gustos, feitos e costumes dos nosos antepasados. Aquí o visitante vai ter a posibilidade de adquirir obxectos artísticos e ideais.

Pinturas, esculturas e participando delas , cerámica, vitraria, eraria ou broncería, cerraxería, tormentaria, armería, pezas de gliptoloxía, dactilioloxía e musivaria.

Como obxectos ideais, que nos transmiten nada máis velos unha noticia e idea do pasado, pódense atopar iconos, símbolos, libros, selos (esfraxística), moedas e medallas (numismática). Obxectos auténticos e de colección.

A oferta en obxectos que nos serven para ornato das nosas habitacións, servizo e comodidade, mobles, cornucopias, tapices, reloxos.

Bastantes pezas de mobiliario eclesiástico, altares, pilas, insignias. libros litúrgicos, retablos, candeleiros e candelabros.

Si é coleccionista ou quere adquirir algo único a un prezo xusto, nesta Feira é o momento e Sarria o lugar. Os anticuarios da comarca xúntanse este día cos vindos doutros lugares da xeografía galega aumentando a oferta e convertendo a esta feira na máis importante cita anual do sector das antiguedades.

Cada mes de abril pódese vir visitar esta FEIRA DE ANTICUARIOS DE SAN LÁZARO.

 

 

 

 VERSION PRIMEIRA http://aldeasgallegas.com/sarria.html

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1989

Folión de Carros en Chantada

Folión de Carros

Chantada 4º Fin de semana de Agosto

Celébrase anualmente o cuarto fin de semana do mes de agosto grazas á asociación Amigos do Folión que se fundou no ano 1989 co obxectivo de manter no tempo esta antiga tradición, a cal, segundo algúns data da Idade Media e segundo outros incluso da era castrexa.

No ano 2002 foi declarada Festa de Interese Turística de Galicia e está a espera de converterse en ben de interese cultural BIC.

As rúas de Chantada  neste día que coincide coas festas patronais, retorna a un pasado tradicional e exalta oficios arraigados en décadas anteriores.

 
Non é doado ver carros tirados por vacas ou bois pero neste día e neste lugar pervive a tradición.

 

Enlaces de Interese:

Web oficial do Evento

Facebook

https://www.facebook.com/Folión-de-carros-de-Chantada-172189359458490/

Partes dos Carros

 Videos en Youtube  2017           2016  

 

Ler máis: Folión...

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3528

Feira do Viño de Valdeorras

Feira do Viño de Valdeorras

    O Barco de Valdeorras     Páxina Oficial : D.O. Valdeorras    - Información de Festas

Sobre o viño destas terras

A tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Na actualidade abarca as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín.

As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei.

As variedades de castes autorizadas son: Para os brancos, con preferencia, o Godello, e ademais, Doa Branca e Palomino ou Xerez. Para os tintos, preferentemente, o Mencía e Sousón, aínda que tamén Brancellao, Merenzao ou María Ardoña, Negreda, Garnacha Tintorera, Alacante, Tempranillo e Grao Negro.

Brancos

Elaborados a partir das variedades brancas (preferentes: Godello, Loureira, Treixadura, Doa Branca, Albariño, Torrontes e Lado. Autorizada: Palomino)

Elabóranse:

VALDEORRAS GODELLO: cun 100% de Godello.

CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades preferentes.

VALDEORRAS BRANCO: elaborados coas variedades preferentes ou autorizadas brancas.

Tintos

Elaborado con uvas tintas preferentes (Mencía, Tempranillo, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto, Espadeiro e Ferrón), ou autorizadas (Gran Negro, Garnacha Tintureira e Mouratón).

Elabóranse:

VALDEORRAS MENCÍA: cun 85% de Mencía.

VALDEORRAS CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades tintas preferentes.

VALDEORRAS TINTO: coas variedades preferentes ou autorizadas tintas.

Escumoso

Un viño espumoso obtido segundo o método tradicional, elaborado cun mínimo do 85% de uva da variedade godello.

Tostado

Viño naturalmente doce elaborado a partir das variedades tintas ou de Godello.

Produción Controlada

Os distintos viños tintos acabados de mencionar, e o Valdeorras Godello que se elaboren con uva procedente de parcelas con limitación de produción.

Crianza

Todos os tipos de viños brancos e tintos de Valdeorras sometidos ao envellecemento en barricas de carballo poderán ser, segundo a lexislación vixente, Barrica, Crianza e Gran Reserva.

 

FUENTE WEB OFICIAL DO CONSELLO REGULADOR D.O. VALDEORRAS

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3328

Romaría do Ecce Homo en Rubián

ECCE HOMO

Antes a Rubían  iamos comer debaixo das árbores cós avós, empanadillas,  polo ou o que fose. Case sempre o avó traía melindres de Ourense.

Hoxe segue a misa con procesión na honra ao Ecce Homo onde  numerosos ofrecidos realizan o percorrido descalzos có traxe morado de nazareno para pedirlle ao santillo que lles cure dalgún mal.

Logo á tarde festa con orquestra.

Xa comeza o día 14 de setembro, día de feira con verbena e queimada. Os dous dias seguintes misas, sesión vermout , xantares e grandes orquestas.

MÁIS INFORMACIÓN

Esta tradición  remóntase ao século XVIII, época na que ademáis pelegrinaban fieis de toda a comarda de xeonllos ata esta capela do Diviño Ecce Homo de Rubían . Ligazón

ANOS ANTERIORES

2008 Concierto presentación na Capela

Imáxenes 2007 - 2008-2009

ecce09

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2926

Festa das Fachas de Castelo - Taboada

AS FACHAS DE CASTELO 

Fai miles de anos que se celebra este ritual de autoafirmación que reune aos tres símbolos máis importantes do druidismo celta, o lume  a planicie e o circulo.

A piques de perdeserse esta costume, na década dos noventa grazas a laboura duns poucos fundouse a asociación As Fachas co obxetivo de garantir a súa perseveranza tempo.

No castro de Castelo, na noite do 7 ao 8 de setembro  colócanse no perímetro do asentamento marcando a súa estructura circular e separados por espacios minuiciosamente medidos,   fachas de  ata sete metros de altura,  ás que se lle poñerá lume cando a escuridade sexa completa.

No medio do silencio asoma un son bárbaro producido polo crepitrar das lapas das ducias de fachas. Veciños e curiosos visitantes son testigos deste impresionante espectáculo igneo  que permite desfrutar da cumunión cós seus mais remotos ancestros.

O lume  préndeselle ás fachas  de arriba para baixo e a mellor feita será a última en extinguirse, pola que levarán premio os seus elaboradores.

 Enlace a PDF de interese (pronto)

 

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3817

Romarías de Setembro en Galicia

ROMARÍAS de Setembro

Son moitas as localidades en Galicia que celebran as súas festas ou romarías nos días sete, oito e nove de setembro.

Romaría de nosa señora da Barca en Muxía "Esta romaría, que mestura relixiosidade e troula, é unha das máis concorridas de Galicia. Tras cumprir cos ritos da Pedra de Abalar ou da Pedra dos Cadrís, os devotos poden gozar dunha comida campestre entre música de gaitas e pandeiretas, e continuar a festa na localidade"

Os Remedios en Sarria, Ribas Pequenas, Baños de Molgas,, Amil, Moraña.....

Romaría de Cadeiras http://coladodovento.gal/romaria-da-virxe-de-cadeiras-pinol/

Os Milagres no Cebreiro     máis datos

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1346

Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

En agosto na Limia.

Historia do Evento

Segundo a tradición, cando os romanos chegaron a Limia quedaron abraiados pola fermosura da paisaxe e o seu río, o cal confundiron co río Lethes, o río do esquecemento. Contaba a lenda que quen o cruzase esquecería todo o relativo á súa vida pasada e ao seu lugar de orixe. Foi así como durante moito tempo, o exército desistiu da idea de conquistar os territorios máis alá da vía fluvial por medo á amnesia.

Foi Décimo Junio Bruto o único que non se deixou levar pola superstición. Arrebatoulle o estandarte a un dos seus homes e cruzou o río. Cando chegou ao outro lado foi chamando aos soldados polos seus nomes para demostrar que aínda mantiña os seus recordos.

Este episodio da historia recréase  na celebración da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia o penúltimo fin de semana de agosto.

Na festividade pódense ver campamentos militares da época, un mercado de produtos galaico-romanos e desfiles entre outras cousas. O máis representativo da festividade é a escenificación do paso dos romanos polo Limia e a posterior batalla.

 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 4239

17 de Agosto día dos mártires Galegos

 DÍA DOS MÁRTIRES GALEGOS

17 de Agosto

 

 

alexandreboveda

Así narraba o inolvidable Xosé Neira Vilas, alá polo ano 2010, como xurdiu  esta data para homenaxear a todos aqueles que morren por causas inxustificables.

"Sobre o líder galeguista Alexandre Bóveda, amigo e compañeiro de loita de Castelao, lévase escrito moito. Xerardo Álvarez Gallego falábame en Buenos Aires, en 1956, do proxecto de escribir unha biografía de seu cuñado; quería dar testemuño daquel mártir cercano, pois fora testemuña día a día da súa vida e do seu tráxico final. Anos despois deu a coñecer Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. Publicáronse tamén moitos poemas na súa memoria. Na diáspora arxentina instituímos o 17 de agosto -data do fusilamento de Bóveda na Caeira- como Día dos Mártires Galegos, con actos que organizaba unha comisión integrada por case unha decena de asociacións de emigrantes. Pasaron 74 anos daquel asasinato e a figura de Bóveda agrándase no tempo. Con el "enterraron semente" que segue abrollando nas conciencias dos bos e xenerosos.

O máis dramático desta biografía é o arbitrario proceso que desembocará na morte brutal. Vemos a súa valentía, a súa determinación e a súa tenrura familiar. Cando confesa que a súa morte vai ser o seu derradeiro acto de servizo a Galicia, fainos recordar a frase de Julio Antonio Mella, o líder popular cubano, mandado asasinar en México uns anos antes polo tirano Machado: "Aún después de muertos somos útiles".

Referencia artigo completo

Outra víctima das miles delas asasinadas

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1794

17 de Agosto - Artesanía na Ponte de Louzara - SAMOS

FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS NATURAIS

PONTE DE LOUZARA,  SAMOS

A feira de artesanía e produtos naturais da Ponte de Loúzara nace no 2008 como recuperación da antiga feira que se celebrou neste lugar en tempos pasados.
Pola súa boa acollida, celebra este 2018 a súa onceava edición atraendo  a numerosos visitantes que co pretexto da feira poden testemuñar o encanto da contorna.
Mostras con cesteiros tradicionais, xabóns artesanais con aromas e plantas medicinais, tallas de madeiras, reloxos con pedras, con fósiles da Veneira ou de raíces de árbores, bastóns e tallas auténticas para decorar, xugos, carros, arados, botelleiros, hórreos e mesmo os típicos mazaricos para o leite.
Artesáns do coiro, mel de Louzara, pan galego, empanadas, roscas, polbo e churrasco.
Teatro, charanga, gaiteiros e tamén cabalos para dar paseos polo lugar.
Esta é a gran oferta lúdica que podemos atopar neste lugar das montañas de Samos lindando xa có Courel.
 

 
  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 2358

Festa Normanda en FOZ

FESTA NORMANDA EN FOZ

ALGO DE HISTORIA

Na época das invasións viquingas ó Reino de Galicia, una gran frota normanda intentou penetrar nas terras de Foz.  

No século IX o Bispo de San Martiño de Mondoñedo, nomeado Gonzalo, colleu  fama de Santo perdurando no tempo a súa lenda.

No alto da Grela,  Bispo  e plebe intentaron aceptar o fatal destino que lles ía tocar e comezaron a rezar. De súpeto, o ceo comezouse a nubrar, soprando o vento e levantándose unha tempestade no mar. O bon Gonzalo mantíñase rezando mentras os abraiados ferigreses vían como o temporal  ía a máis, de xeito que a frota viquinga comezaba a amosar dificultades para entrar na ría.

As violentas olas e o vento comezaron a fundir naves viquingas, que non podían chegar a terra nin escaparse mar adentro. O Bispo Gonzalo seguía rezando mentres raios e xigantescas ondas facían naufragar barco tras barco, ata que só quedou un que segundo o Bispo, Deus quixo que levase aviso da dificultade de asaltar as terras cristiás.

Dende aquel día, celébrase na capela do Obispo Santo do Alto da Grela unha muy popular romaría e dende 2011 ten lugar a festa normanda en Foz en recordo do milagro de Gonzalo.

 

 

  

 

Fonte: http://www.festanormanda.com/historia/


 

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 3109

Festival Irmandiño de Moeche

 FESTIVAL IRMANDIÑO EN MOECHE

No ano 1431, Roi Xordo apoiado por uns 10.000 homes tomou o Castelo de Moeche, centro dun triángulo formado polos castelos de Vilalba, Andrande e Narahío...

" O festival Irmandiño é un proxecto que naceu en 1980 como resposta á necesidade de proxectarnos como pobo con historia propia, como herdeiros duns  galegos e galegas que, aló polo século XV, se rebelaron contra o poder establecido, contra unha situación social de opresión, abuso e miseria.

Os primeiros organizadores tiñan  como motivo máis tanxíbel e máis próximo,  conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da  nosa historia...."  Ler artigo completo

Ligazóns de Interese:

Facebook do Evento  - Visitar Moeche - Concello de Moeche - Castelo de Moeche

  • Categoría pai: Eventos
  • Visitas: 1364

Folión Castrexo de Celanova

Celanova, segundo fin de semana de agosto

Introdución 

No ano 1970 descubriuse nun xacemento castrexo de Castromao unha placa de bronce onde figuraba un pacto establecido de convivencia pacífica entre ese asentamento e os romanos que data do ano 132 dc. O folión castexo de Celanova busca conmemorar este episodio da historia antiga.

Nesta festividade, centos de persoas vístense coas roupas dalgún clan castrexo ou ben das lexións romanas e recrean a convivencia harmónica que tivo lugar alí. Para facelo, representan o encontro entre ambos bandos, a súa conciliación e finalmente rematan con danzas da época.

Ligazóns relacionados

http://folioncastrexo.com/

http://www.terradecelanova.com/html/folion_dos_castros.htm

http://www.xoanarcodavella.com/2017/07/poblado-castrexo-de-castromao.html

 

Deprecated: Unparenthesized `a ? b : c ? d : e` is deprecated. Use either `(a ? b : c) ? d : e` or `a ? b : (c ? d : e)` in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/libraries/quix/vendor/twig/twig/src/Node/Node.php on line 46 Deprecated: Unparenthesized `a ? b : c ? d : e` is deprecated. Use either `(a ? b : c) ? d : e` or `a ? b : (c ? d : e)` in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/libraries/quix/vendor/twig/twig/src/Node/Node.php on line 202
Descarga Libro Gratis
Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA