Viticultura

Viño e Augardente

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

 

 O viño e a augardente nas Aldeas Galegas

alambique

 

Na escuridade das noites de inverno, nunha época non tan afastada na memoria, pero si case imposible de imaxinar na actualidade, sen electricidade, noites de inverno con tan só a claridade da Lúa e das Estrelas.

Coa luz dos candis de gas ou carburo iluminábase o pobo e ao redor da calor do alambique íanse transmitindo aos nenos, os contos populares que ao longo dos séculos se  fraguaran en terras coñecidas; mentres , as pingas de auguardente ían enchendo de a pouco a pota.


Os litros de augardente que cada unha das familias facía tanto para o consumo como para a venda dependía dos quilos de uvas que se recollían ese ano. Tendo como promedio que 750 quilos de uvas era unha postura no alambique convencional e que viña deixando ou producindo de 25 a 30 litros, cada unha das casas da aldea facía tantas posturas como tivese ou quixese facer, sendo as familias de terratenientes as que máis facían de media anual, dez posturas, cunha media pois de 300 litros.

 

 

Evolución da tradición da Vendima

 

Non temos datos da implantación dos primeiros viñedos na zona, pero si podemos afirmar que moitos autores son os que apostan pola cultura vinícola no mundo dos celtas e que con seguridade os romanos levábanse, o viño, da península ibérica cara á itálica.

Si nos centramos únicamente no que coñecemos con certeza, nos últimos 150 anos de vinicultura, vemos unha gran transformación.

Factores tecnolóxicos e feitos e decisións políticas sempre influentes na sociedade, durante ese periodo, derivaron en varias guerras, unha a de independencia das colonias españolas, dúas guerras mundiais e unha civil que se deixaron sentir.
No caso da viticultura en moitas aldeas galegas, non houbo cambios significativos derivados das guerras, xa que no transcurso delas a aldea seguiu coa explotación dos viñedos e a elaboración do augardente.


Coa final da ditadura en España, e a chegada da ansiada democracia, decisións políticas de reestructuración do medio farían a aparición duns límites reservados para o cultivo vinícola español, e por iso é polo que o Estado subvencionou, aos agricultores da época , con certa cantidade de diñeiro por cepa arrancada, propiciando así o fin dos viñedos que tanta riqueza  deran noutras épocas, en contrapartida de novos pastizales .


Os anos 80 do século XX, farían desaparecer os viñedos en moitas parroquias galegas,  pero non a tradición vinícola,  que nos nosos días continúa practicándose na maioría das "aldeas galegas". A proliferación das parras nas hortas ou novos pequenos viñedos en terreos próximos ás casas, deu lugar a unha produción de viño suficiente para o consumo propio de cada casa, sendo a media anual duns 500 litros (132 galóns por familia).

Nota: No 2018 a tendencia en producción pódese manter pero as numerosas enfirmidades dos viñedos causados pola contaminación do medio fan que se teña que mercar uva de Castela, da Mancha ou do Bierzo para misturarlle ás de eiquí. O envellecemento  e a pouca xente do rural fai que cada día que morre  unha destas persoas,  con ela morre  a costume de facer o viño na casa. O futuro está ligado as  D.O. de Orixe, as adegas comercializadoras,  e non é previsible que mude a tendencia.

A produción de augardente que se viu afectada de igual modo, temos cifras actuais de 30 litros ( 7,92 galones) por familia e ano na actualidade.

Ligazón  Oficio de Alambiqueiro.


Das novas xeracións dependerá o aprender e conservar esta tradición, que a ollos meus e moi ao meu pesar preséntase sen futuro, por ser cada vez menos os fillos desta terra dispostos a vivir dela.

Historia do viño nunha aldea do interior galego

Os viñedos déronlle ás aldeas galegas moita vida. Nelas colleitábanse millóns de quilos de uvas, tratadas únicamente con sulfato e azufre. Non había cabida para pestes que as danase, dado que o aire de principios do século XX era tan puro como o foi desde as súas orixes, e seguiuno sendo, ata a década dos 60 onde empezou a contaminación imparable do Medio.


Recollíanse 10.000 litros por familia adiñeirada de terratenientes, litros que eran vendidos no seu maior parte a compradores vindos das montañas, en busca do preciado produto, reservando únicamente uns centos de litros para o consumo familiar.
Logo de vendimiar en cestos de madeira de sauce branco,  enchían outros cestos á súa vez máis grandes, cargábanse no carro e as vacas ou bois e transportábanos ás casas onde, os homes descalzos, exprimirían da forma máis rústica a preciada savia, que logo metían en grandes toneles de madeira de carballo ou castiñeiro,  na súa maioría, de ata 5000 litros de capacidade, onde o deixaban fermentar. 


Logo da fermentación do viño extraíase o bullo, que máis tarde os homes máis veteranos poñerían ao lume do alambique durante noites e noites elaborando así o precioso líquido branco chamado augardente.

 

 

 

 

Ligazóns Relacionadas:

Feira do Viño en Chantada  -   Feira do Viño de AMANDI  -   Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra - Feira do Viño Albariño en Cambados - Mostra do viño de Vilachá de Salvadur  -   Feira do Viño de AMANDI 2016  -  Mostra do viño da Ribeira Sacra de Pantón e Rutas do Románico -  Feira do Viño Ribeiro en Ribadavia -    XX Feira do Viño de Valdeorras  -   Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Feira do viño tinto O Salnés- Barantes Ribadumia   - Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Mostra do Viño de Vilachá D.O. Ribeira Sacra  -   Feira da augardente en Portomarín - 

 

VERSIÓN ANTERIOR COMPLETA http://aldeasgallegas.com/vinoyorujo.htm

 

Vendimas 

   2018 2017   2016  2015  2014   2013   2012   2011     2010   2009   2008     2007  2006

imprimir Correo electrónico

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web