Tradicións

O foxo dos Lobos

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

 

Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum), escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.

Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos.

Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros. Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír.

Tamén fai posible capturar ao animal con vida. As cacerías organízanse de xeito comunitario.

En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias. As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán. Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.

O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas. A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.

Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León. A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web