Tradicións

A Sega da Herba e dos Cereais

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

siega banned

 

A SEITURA

Ao longo dun montóns de séculos sementáronse cebada, centeo e trigo,  despois da recollida das patacas e da vendima,  có arado, dous bois, vacas ou bestas.

Antes de que os abonos minerais chegaran  a ser unha maneira de aboar as terras tiñan que bouzalas. Coas aixadas os  terróns  amontoábanse para logo queimalos e esa cinza era o mineral que había.

Primeiro arábase có arado de ferro, cás vacas (1) para prepararala terra, logo agradábana  e arrastrábana con  carballos retorcidos .

 BRABANT arado usado solo con dúas parellas de bois. Soamente había nas casas ricas.

Logo as mulleres sementaban e coas vacas asucábanmo. Quedando en sucos  a auga escorría mellor e o gran tiña outra calidade. As herbas que nacían entre o pan e en xeral calquera cereal era recollida para o gando polos máis pobres da aldea quenes llelo facían de balde para ter que lles dar de comer.

A  finais de xuño ou principios de xullo segábanse a man con fouciños leiros de cereais e os  prados con guadañas.  Pandillas de familiares  ou grupos  ían polas aldeas, cobrando por elo a quenes lles podían pagar. Había moitas casas ricas que contaban con alugados para facer estas tarefas.

Despois de segar poñíanse en mollos nas leiras facendo os medeiros, logo carretábanse cós animais, en carros ás airas  onde se facía a Meda.  

Normalmente na primeira quincena de agosto mallábase, durante moitos séculos de maneira manual cós mallos,  logo limpábase ao vento  ata que apareceron as primeiras limpadoras unha vez feito,  poníase en arcas de madeira de castiñeiro.

A palla e a herba almaceábase en  palleiros.  Cando  era de herba facíaselle un teito de palla para protexela da choiva.

A partir dos anos setenta coa aparición masiva de tractores no rural deixouse de usar a forza animal para recorrer a forza mecánica . Aquí marcase o inicio dunha nova época. Empezase a sementar os leiros de cereais en llano pero sen asucar debido a que as novas máquinas non permitían  regos.

Tamén aparecen a finais desta década dos 70, nesta zona do sur lucense as colleitadoras que seguiron realizando a laboura da sega dos cereais ata hoxe en día.  A producción de cereais foi menguando  ano a ano ata deixarse practicamente de sementar.

Factores políticos precipitaron o declive da agricultura de subsistencia.

A maiores contamos cunha poboación de xabarís que se encargan de esnaquizar o que poida quedar.

Sementes autóctonas:             

Trigo Tremesino, mais baixo,  sembrábase en febreiro . 

Coa Cebada, alimentábase  aos animais e tamén se cocía facendo pan con ela. Fundamentalmente era a que máis se usaba.

Para moer levábase na besta aos  muíños que tan abundantes eran na nosa terra.

Sete ferrados por Besta era a carga mais frecuente. Nun traíase o salvado e noutro a fariña.

Moitos non dispoñían de Besta e tiñan que ir nas Burras, e se non tiñan burras pois non quedaba outra que meter o lombo.

O salvado dábaselle aos marraus da ceba.

Con dous ferrados de fariñas facíase unha boa fornada de once ou doce bolos pra quince días, sendo sete de media en cada familia.

Os muiñeiros cobraban 1 bote de grao (1kg) por ferrado.. Tiñan os muiños marcados con cuadros para a medición.

Arcas de 40 ferrados, de 60 ferrados. As cubas que non se necesitaban tamén se enchían de grao.

Sembrábano de 3 ou 4 anos e nacía igual. Nos anos noventa empezaron a vir outro tipo de trigos, empezáronos a introducir e repartir entre os agricultores. 

A 200 pesetas por ferrado cobraban e aínda que era carísimo  pronto deixou  de valer para sementar,  se non era  inmediatamente ao ano seguinte xa que logo non nacía.

O Millo

O millo sementábase a finais de  abril ou principios de maio,  en xuño acochábase  e ata setembro non se collía.

Poñíase en cabos o que non collía nas arcas.  Unha laboura a esfollada do millo. Segundo  se ía necesitando íase desgrañando e usando para alimentación de animais e persoas. A palleta aproveitábase para comer o gando e os máis pobres facían colchóns para durmir  xa que non había borra de lá suficiente para que todos fosen diso.

Facíase a Bola de millo , nos topes na lareira que se comía có leite  mazado . Tamén se comían papas de millo.

Coa introducción de sementes doutros lugares foron deixándose de producir a típicas ata entón, o millo galego branco que se caracterizaba por ter faltas de graos nas espigas o o millo corgo (negro), casi no momento da súa desaparición conseguiuse recuperar xa que o sabor destes millos é superior ao transxénico actual  que na actualidade se sementa unicamente para o gando.

Máis Datos

DATOS  ESTRAIDOS DE CONSULTAS A AGRICULTORES

No século XX, a colleita media por familia no rural galego,  estimada por datos de agricultores, foi a seguinte: 1 ferrado (aprox.500 m2)

- 200 FERRADOS DE GRAN de  PAN (Centeo)

- 70 FERRADOS DE GRAN de CEBADA, 30 FERRADOS GRAN de TRIGO

- 200 FERRADOS GRAN de MILLO

As casas máis pudientes con fincas máis grandes collían ata 700 ferrados de cereais.

As casas mais pobres un par de ferrados e non lles deixaban nin traballar os comúns. Os ávaros queríanos todos para eles. Todo o mundo tiña media ducia de vacas e 7 ou 10 ovellas tralas vacas.

Coa lá facian os calcetíns, os xerseis, as bufandas, gorros e claro non chegaba para todos porque en cada casa habia moita xente.

Un  dos poucos sitios onde os xovens podían gañar cartos era nas segas de Castela. Cada ano centos de rapaces ían camiñando a estas terras  onde si todo era propicio podían traer de volta ata 300 pesetas. Antes da guerra era moita riqueza.

Os das parroquias de Outara, Canedo e Piño da Pobra de Brollón tamén ían de alugados as casas ricas das terras de Samos que tiñan grandes extensións de cereais e que ano tras ano contrataba  a estas xentes para facer a recolección.

Centos aventuras quedaron na memoria dos que xa morreron e hoxe xa son lendas.

LENDAS

Á sega a Castela, imos Serafín.

Apañando á morte na Sega

 

Nota da Autora:

Esta reportaxe segue en desenvolvemento polo que a inclusión de máis fotos e datos pode facerse en calquer momento.

Gracias pola visita.

 

 

 

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web