Eventos en Galiza

A Santiago a pé, polas aldeas galegas!!!
" Na memoria dos nosos antergos dos que herdamos a Terra a Fé e a Fala"

A+ A A-

Tradicións

O Fotógrafo

A PROFESIÓN DE FOTÓGRAFO

Si observan as fotografías familiares dos nosos conveciños feitas entre os anos 50 e 70 poden apreciar como pais e fillos enfúndanse en luxosos traxes e incluso as mulleres mostran bonitas xoias. Normalmente eran montaxes realizados por algún dos fotógrafos da comarca. Naquela época a fotografía era moito máis que plasmar as imaxes da realidade, a fotografía era a creación dun entorno, dunha aparencia de benestar que en moitas ocasións pouco tiña que ver coa realidade daqueles anos. A nosa comarca así como outras do sur de Lugo e norte de Ourense, contou co fotógrafo Fernando E. Rguez. Salgado, de Ver- Bóveda. . E como sempre ocorre na nosa rexión o seu oficio mereceulle un apodo e o nome para referirse a súa casa. Foi coñecido sempre como “o fotógrafo” e a súa casa pasou a ser a casa do “fotógrafo de Ver”. Este era o verdadeiro arte de Fernando Rodríguez Salgado. Era ademais un traballo que lle facía sentirse orgulloso e co que inmortalizou as vidas de moitísimas familias.


BIOBRAFÍA DO MEU AVÓ 

FERNANDO EDUARDO RODRIGUEZ SALGADO

(Fotógrafo 1922-2006)

Fernando E. Rodríguez Salgado nace o día 13 de maio de 1922 en Ourense.

A súa vida está marcada por o feito de ser abandonado diante dun orfanato, nunha cesta que contiña un papel no que figuraba o seu nome, apelidos e algúns cartos.

Foi criado en San Facundo, O Carballiño, por unha muller viúva que percibía por elo una paga do estado, cartos cos que tamén pagaba a crianza dos seus catro fillos naturais.

O cumprilos 15 anos diríxese a Pontevedra (Marín) cunha recomendación para ingresar na academia militar e recibir unha formación, pero antes de chegar o seu destino un amigo convénceo para alistarse no exército e vaise axudar nas cociñas dos campamentos dos batallos nacionais. Estivo en Burgos, Teruel, Zaragoza e na toma de Madrid.

É no ano 1943 cando se traslada definitivamente a Ver, Bóveda (Lugo) tras contraer matrimonio con Dña. Filomena García Rodríguez oriúnda do lugar.

Nunha época de tanta pobreza en Galicia e seguindo os pasos de tantos coetáneos, decide marcharse o Novo Mundo emigrando a Venezuela en busca dunha fortuna para a súa nova familia.

Logo dunha dura travesía en barco atravesando o charco, chega o seu destino sen saber ler nin escribir e coa acuciante necesidade de buscar un traballo honroso co que lograr os seus obxectivos, comeza unha rápida incursión no mundo da fotografía. Así aforrando moeda a moeda logra montar os seus propios estudos fotográficos. Realiza ampliacións e fotografías en todo o territorio conseguindo en pouco tempo os cartos suficientes como para regresar a ver a súa dona e fillos en varias ocasións e para construír a casa da súa propia familia. Marcado polo abandono que de seus pais tivo o nacer, a súa vida non deixou de ser nunca, máis que, unha busca constante desas orixes e unha gran mágoa pola súa nenez. Gran amigo dos animais, mantiña con eles unha relación de respeto, o igual que co resto dos seres co acompañaron o longo da súa vida. Gran créente, serio e carismático, o chegar de Venezuela sigue facendo traballos fotográficos de gran calidade tanto para xente importante, como tamén para toda esa xente humilde que se cruza no seu camiño abarcando a gran maioría dos pobos do norte de Ourense e sur de Lugo.

No baixo da súa casa construíu o seu laboratorio fotográfico. Desenvolveu a actividade de fotógrafo en exclusiva ata 1975, dende entón compaxinouna coa de anticuario. Nos seus recorridos por os pobos había detectado a posibilidade de comprar obxectos antigos (vasixas, reloxos, moedas…) e vendelos a tendas e maioristas. Este último oficio acompañaríao ata os últimos anos da súa vida profesional e sen dubida mostraba tamén o talante emprendedor e creativo de Fernando. Nos seus inicios no mundo da fotografía, finais dos anos 40, recorría as aldeas cunha bicicleta, máis tarde xa nos 60, cunha moto Vespa, cun Gogomóvil e por último e xa como anticuario cun Renault 4, que mantivo en perfecto estado hasta los últimos días da súa vida. En Xaneiro do 2003 morre Filomena, o seu gran amor e fiel compañeira coa que compartiu alegrías e tristezas durante máis de medio século.. Froito deste matrimonio naceron catro fillos, morrendo o primeiro o pouco de nacer.

Os outros tres, Fernando, Neves e Antonio , como seu pai, souberon avanzar na vida honrosamente e coa fronte alta. Dende este momento, a morte da súa esposa, só desexaba deixar tamén este mundo para ir con ela. A súa vida dende entón era de recordos, rompéndolle o alma a quen sentía a súa profunda tristeza, consecuencia da perda do ser máis querido. Tan só tres anos despois o espírito abandonoulle o corpo, morrendo o seu corazón coa enorme pena de non haber conseguido saber quen foran seus pais e coa esperanza de reencontrarse na “outra vida” coa súa esposa, a persoa que máis amou neste mundo.

 

 

 

  

O Xabón Tradicional

O XABÓN DAS ALDEAS GALEGAS

Normalmente faise no outono, cando as olas con grasas de animais sobrantes han de baleirarse  para a dos novos roxóns. Tamén é bo facelo no outono pola baixada das temperaturas, é máis rápido de facer polo frío.

PANEIS DE XABÓN

INGREDIENTES:

Tantos litros de auga fervendo como quilos de sebo de tenreira.

Se é con grasa de porco en 10 KG, 8 Litros de auga fervendo.

1Kg de Sosa Caústica por cada 6Kg de Sebo ou Grasa.

Podeslle botar os produtos que se che ocorra  que poden melloralo. Deterxente en o, colorante azul, suavizante, talco, esencias, colonias.

Si o que queres e que che saia un xabón super fino hai que engadirlle en vez de auga lavavaixelas líquido na  mesma proporción cando e fervendo de igual modo.

 

ELABORACIÓN DO XABÓN LIQUIDO PARA LAVADORA -

RECEITA POR Hilda dá  Veneira

Cinco quilos de graxa póñense con 5 litros de auga quente e 1 quilo de sosa cáustica.

Durante 20 días irase removendo a diario, non nos esquezamos de botarlle unha presa de sal para que protexa ás cores e 1 bote de Kalia.

A diferenza do xabón en paneis que hai que remover ata arrefriar e derretir todo a graxa  no mesmo día, o xabón líquido dános máis xogo no sentido de que iremos engadindo máis auga quente durante os días seguintes e removendo ata que vemos que vai collendo a textura ideal.

Non é necesario nada máis. 

Non utilizar antes dos 20 días.   

Ata hai 50 anos as mulleres aínda acudían aos lavadoiros comúns que había nas aldeas, pequenos regachos que corrían ou que se estancaban naturalmente e que converteran en pequenas presas, xuntándose entre as mozas e facendo do traballo unha sa tarefa. Os pozos comúns foron o mantemento das nosas aldeas e aínda existen na actualidade. É recomendable non ir polas leiras que rodean ás casas pois nunca sabes onde pode haber un pozo destes antigos cuberto só con algo de maleza.

Petos de ánimas

PETO DE ÁNIMAS

 
 
  Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte. Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio
 
        
 
 
     Según Castelao: “A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno”.
 
    A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.    
 
    A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, millo, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.
 
    Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.      
 
   O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesán outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.  
 
   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes: - Infraestrutura arquitectónica básica - Unha cavidade que similar a unha capillita que ocupa o eixo central e superior ( buqueira). - Unha cavidade case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas ( Alxibeira)..
    

 
 
PETO DE ÁNIMAS DE ANGOARES
 
 
 
PONTEAREAS
 
 
 

Entroido en Galiza

DIAS DO ENTROIDO

Petardazo- Fareleiro- Meco- Oleiro - xoves de Compadres- Corredoiro- xoves de  Comadres - martes de Entroido- Enterro da Sardiña- Domingo da Piñata

O ENTROIDO OU ANTROIDO

Celebrado con paixón en vilas e aldeas galegas, os máis animados colaboran no continuar, desta antiga tradición popular.

A cultura do porco, Lalín e a súa Feira do Cocido, dan o pregón e a invitación para gozar do entroido en Galiza. 
Espectaculares traxes feitos con dedicación durante todo o ano, traballadas  coreografías, son inicio do primeiro Desfile de Comparsas.
Fai tan só cincuenta anos as poboacións destas mesmas aldeas, que hoxe habitamos uns poucos, estaban máis do  dobremente poboadas. Os medios de transporte eran limitados, e o ir a andando aos sitios era o acostumado.

O xoves de compadres, as mulleres, solteiras, casadas, cativas e anciás participaban do festexo. Xuntábanse facían os seus  compadres,  normalmente unha camisa e un pantalón vello recheos de palla, con algúnha boina ou pano. O máis bonito era o elixido para subilo nun burro ben dornado coa súa autora presumindo de levar o primeiro a queimar, detrás o séquito có resto dos compadres e das demais mulleres. Ao escurecer prendíaselles lume e os homes intentaban abortar queima. O mesmo ocorría ao xoves seguinte, pero en caso inverso. Os homes facían as súas  comadres e as mulleres o imposible por evitar a súa queima. Galería Compadres e Comadres

De domingo a martes de  antroido  era tempo de porse  a  máscara e irse cos veciños as outras aldeas, andando. As  caralladas e o bo humor non faltaba durante o treito. Ao chegar, vacilaban coas xentes que abrían as súas portas con brazos abertos e bo humor, indagando en quen sería ese ou aquel  individuo enmascarado.

En Salcedo, hai pouco máis de 50 anos, o OSO baixaba ao chegar a primavera ata o pobo. Nas montañas da Poboa do Brollón pódense ver os muros de pedra que se facían para impedir que lles levase o mel das numerosas colmeas desta zona (*alvarizas). Representación daquelas épocas que aínda  perdura cada luns de antroido pola tarde, coa salida do Oso polas rúas do lugar.

Séguense realizando representacións con animais nos festexos de Laza ou Viana do Bolo.
En Laza, " os Peliqueiros", o luns de entroido sae unha vaca acompañada de comitiva, ésta un pouco maliciosa, xa que formigas vermellas son derramadas entre os presentes. Doutra banda os de Viana do Bolo teñen a unha mula dando patadas  e un rei e unha raíña de Galos, onde hoxe en día se representa esta tradición, quizá derivada do antigo sacrificio de sangue animal á  terra polo cambio de estación.

Pero son máis as localidades con nome propio, con cultura e tradición autóctona as que manteñen este seguir de festexos.

En Ourense vilas como Verín, cos "Cigarróns", onde ademais o domingo Fareleiro, o anterior ao xoves de compadres, bótaselle fariña de casca de cereais, "farelo" a todas as xentes que non van disfrazadas, avisando do comezo. Xinzo de Limia coas súas Pantallas ou o seu popular xogo con antigas olas de cerámica tradicional. Manzaneda e Vilariño de Conso cos seus Foliós, onde todo o pobo é  participante de leste festexo sen distinción de idade nin sexo.


En Lugo aldeas como Santiago de Arriba, Nogueira, Fión e a súa Entroido Ribeirao, con Volantes, Peliqueros, *Mecos e representantes dos oficios con tinta de actualidade de forma mímica satirizando o tema do ano. 

Entrimo, pobo fronterizo con Portugal é un dos lugares que onde os madamiños e madamiñas vestidos de encaixe, séguense representando anualmente, como en Salcedo.

Son, todos estes lugares visitados cada ano por máis persoas, que veñen atraídas polo interese de ver realmente estas representacións populares, parte actual da nosa cultura galega e como non pola nosa Gastronomía.

O martes de Antroido, Comparsas de indeterminado número de participantes, desfilan polas rúas en centos de vilas como, Monforte de Lemos, Sarria, Chantada, Escairón, ....En Pontevedra dende o ano 1984 volveuse a recuperar esta tradición, en cidades como Coruña represéntase o Apropósito, obra satírica anual, e outros moitos son os lugares nos que se desfila.

E Para Rematar, o mércores de Cinza, onde xa non se pode comer carne. E por iso Galicia tamén se despide do Entroido có Enterro da Sardña. 

O Por qué do Antroido? O home desde as súas orixes fai rituaiso dun ou outro xeito no cambio de estación. Na vida todo é transformación e as máscaras do entroido represéntana á perfección. 

Son os últimos días antes de entrar na COARESMA, nos que se come a cachucha e o lacón con grelos, preparándose para a abstinencia de 40 días sen carne que mandaba a IGREXA.

E por moitas outras cousas máis. 

ENLACES RELACIONADOS

MiniAlbume do Oso de Salcedo - Receita de Orellas de Antroido Desfile de Comparsas 2016 e anteriores -  Desfile Monforte 2017 - Entroido en Ourense -  Entroido Ribeirao - Tradicións Galegas Ignacio Mariño - Entroido de Cobres -  12 Entroidos que non podes peder


Bibliografía: 

Citar a Google como motor de procura

No campo xa é Outono

Outono en Galiza

OUTONO GALERÍA DE COGUMELOS COMESTIBLES               

GALERÍA DE COGUMELOS  NON COMESTIBLES      

Coa chegada do outono as árbores frutáis que poboan as nosas terras están en apoxeo. Maceiras (mazairas), perais (pereiras), membrilleiros (marmelos), pavieiras,  nogais (concheiros, noceiras), figueiras, castiñeiros (castiros), almendoeiras, abeleiras (avelaneiras),  son algúnhas das frutais que se seguen a cultivar nas aldeas e vilas galegas.

Certamente é unha época do ano na que os sabores dos alimentos son do máis variado.

En Galicia son tradicións as castañas e as noces.

Durantes centos de anos a castaña era o alimento básico da poboación e unicamente minguou o seu consumo coa chegada da pataca.. Usábase cocida, asada ou seca, ata probablemente guisada. Cocidas en auga chamada mamotas, caldo ou empanada de castañas, castañas con leite, doce de castaña.

Hoxe por hoxe non queda nin o 25% dos castiñeiros que noutra época poboaron Galicia, ainda asi as que nos quedan séguense a recoller para consumo e venta ao resto de España.

Neste 2018  hai soutos enteiros  sen ningún ourizo. A peste chamada abespilla, afectou de afeito ás árbores e hai moi pouca colleita, en xeral. No 2017 pola xeada de finais de abril,  tampouco houbo moitas boa colleita.

É tradición facer o primeiro magosto por Santos, o 1 de novembro, acompañadas do viño da nova colleita

Os cogomelos son un delicioso manxar para moitos habitantes destas terras. Ano tras ano esperamos con impaciencia a chegada do outono que no los trae. As lepiotas son quizais as máis buscadas e apreciadas nalgunhas comarcas do sur de Lugo, pero champiñóns e boletus tampouco escapan aos buscadores de cogumelos. 

O máis importante é respetar a biodiversidade e coller soamene o necesario do medio. Non roubarlle a ninguén e respetar a natura imprescindible.

.

    CESTA DE SETAS          

GIF MOTIVOS OTOÑO

O foxo dos Lobos

 

Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum), escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.

Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos.

Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros. Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír.

Tamén fai posible capturar ao animal con vida. As cacerías organízanse de xeito comunitario.

En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias. As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán. Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.

O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas. A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.

Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León. A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.

As Fiandeiras do Liño

A materia prima fundamental para a elaboración de tecidos dende tempos primitivos despois da cesteria é o Liño remontándose este arte a Idade da Pedra.

Na época castrexa era cultivado e  da fama da súa calidade  os romanos deixaron moitos escritos narrando o labrado, maceración, cura e mazadouro  na pedra, onde se golpeaba con grosos martelos de madeira,  asi como o paso por dentes de ferro,  o ripanzo có que se lle sababa a  parte máis proxima a casca que se usaba como mecha corrente las lámpadas ordinarias.

O liño estivo tan presente na nosa cultura durante tantos séculos que houbo unha profusión de topónimos facendo referencia a lugares. Liñares, Liñarede, Liñar.. Liñaran..Liñaza.. Liñariños, Liñarigo, Liñarede....

En todos os lares campesiños habia un tear para favorecer á facenda doméstica, mantas, colchas, lenzos de cama, tapetes, mantelos, saias medias, toallas.

Nas feiras locais consolidábase  a trasacción pormenorizada de fibras, fios e tecidos tamén para o  cambio por outras previsións forzosas.

Có século XVIII remata o explendor do Liño e có comezo do capitalismo industrialista en España determinase o incio do seu fin, pasando dun cultivo noso a unha intensa importación  barata.

Nas aldeas deiqui do sur lucense fai oitenta anos que ainda quedaba algunha leira e algún tear.

Dende entón non se voltou a sementar máis que para usar en demostracións de oficios nalgunhas feiras que como Outroura queren manter vivo o espiritu dos nosos ancestros, homenaxear ós seus traballos e a súa maneira de facer as nosas cousas,  que xa non son pero foron e por iso merecen estar dentro da sabeduría popular para sempre.

 

Enlace a outro artigo relacionado 

 

 

Viño e Augardente

 

 O viño e a augardente nas Aldeas Galegas

alambique

 

Na escuridade das noites de inverno, nunha época non tan afastada na memoria, pero si case imposible de imaxinar na actualidade, sen electricidade, noites de inverno con tan só a claridade da Lúa e das Estrelas.

Coa luz dos candis de gas ou carburo iluminábase o pobo e ao redor da calor do alambique íanse transmitindo aos nenos, os contos populares que ao longo dos séculos se  fraguaran en terras coñecidas; mentres , as pingas de auguardente ían enchendo de a pouco a pota.


Os litros de augardente que cada unha das familias facía tanto para o consumo como para a venda dependía dos quilos de uvas que se recollían ese ano. Tendo como promedio que 750 quilos de uvas era unha postura no alambique convencional e que viña deixando ou producindo de 25 a 30 litros, cada unha das casas da aldea facía tantas posturas como tivese ou quixese facer, sendo as familias de terratenientes as que máis facían de media anual, dez posturas, cunha media pois de 300 litros.

 

 

Evolución da tradición da Vendima

 

Non temos datos da implantación dos primeiros viñedos na zona, pero si podemos afirmar que moitos autores son os que apostan pola cultura vinícola no mundo dos celtas e que con seguridade os romanos levábanse, o viño, da península ibérica cara á itálica.

Si nos centramos únicamente no que coñecemos con certeza, nos últimos 150 anos de vinicultura, vemos unha gran transformación.

Factores tecnolóxicos e feitos e decisións políticas sempre influentes na sociedade, durante ese periodo, derivaron en varias guerras, unha a de independencia das colonias españolas, dúas guerras mundiais e unha civil que se deixaron sentir.
No caso da viticultura en moitas aldeas galegas, non houbo cambios significativos derivados das guerras, xa que no transcurso delas a aldea seguiu coa explotación dos viñedos e a elaboración do augardente.


Coa final da ditadura en España, e a chegada da ansiada democracia, decisións políticas de reestructuración do medio farían a aparición duns límites reservados para o cultivo vinícola español, e por iso é polo que o Estado subvencionou, aos agricultores da época , con certa cantidade de diñeiro por cepa arrancada, propiciando así o fin dos viñedos que tanta riqueza  deran noutras épocas, en contrapartida de novos pastizales .


Os anos 80 do século XX, farían desaparecer os viñedos en moitas parroquias galegas,  pero non a tradición vinícola,  que nos nosos días continúa practicándose na maioría das "aldeas galegas". A proliferación das parras nas hortas ou novos pequenos viñedos en terreos próximos ás casas, deu lugar a unha produción de viño suficiente para o consumo propio de cada casa, sendo a media anual duns 500 litros (132 galóns por familia).

Nota: No 2018 a tendencia en producción pódese manter pero as numerosas enfirmidades dos viñedos causados pola contaminación do medio fan que se teña que mercar uva de Castela, da Mancha ou do Bierzo para misturarlle ás de eiquí. O envellecemento  e a pouca xente do rural fai que cada día que morre  unha destas persoas,  con ela morre  a costume de facer o viño na casa. O futuro está ligado as  D.O. de Orixe, as adegas comercializadoras,  e non é previsible que mude a tendencia.

A produción de augardente que se viu afectada de igual modo, temos cifras actuais de 30 litros ( 7,92 galones) por familia e ano na actualidade.

Ligazón  Oficio de Alambiqueiro.


Das novas xeracións dependerá o aprender e conservar esta tradición, que a ollos meus e moi ao meu pesar preséntase sen futuro, por ser cada vez menos os fillos desta terra dispostos a vivir dela.

Historia do viño nunha aldea do interior galego

Os viñedos déronlle ás aldeas galegas moita vida. Nelas colleitábanse millóns de quilos de uvas, tratadas únicamente con sulfato e azufre. Non había cabida para pestes que as danase, dado que o aire de principios do século XX era tan puro como o foi desde as súas orixes, e seguiuno sendo, ata a década dos 60 onde empezou a contaminación imparable do Medio.


Recollíanse 10.000 litros por familia adiñeirada de terratenientes, litros que eran vendidos no seu maior parte a compradores vindos das montañas, en busca do preciado produto, reservando únicamente uns centos de litros para o consumo familiar.
Logo de vendimiar en cestos de madeira de sauce branco,  enchían outros cestos á súa vez máis grandes, cargábanse no carro e as vacas ou bois e transportábanos ás casas onde, os homes descalzos, exprimirían da forma máis rústica a preciada savia, que logo metían en grandes toneles de madeira de carballo ou castiñeiro,  na súa maioría, de ata 5000 litros de capacidade, onde o deixaban fermentar. 


Logo da fermentación do viño extraíase o bullo, que máis tarde os homes máis veteranos poñerían ao lume do alambique durante noites e noites elaborando así o precioso líquido branco chamado augardente.

 

 

 

 

Ligazóns Relacionadas:

Feira do Viño en Chantada  -   Feira do Viño de AMANDI  -   Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra - Feira do Viño Albariño en Cambados - Mostra do viño de Vilachá de Salvadur  -   Feira do Viño de AMANDI 2016  -  Mostra do viño da Ribeira Sacra de Pantón e Rutas do Románico -  Feira do Viño Ribeiro en Ribadavia -    XX Feira do Viño de Valdeorras  -   Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Feira do viño tinto O Salnés- Barantes Ribadumia   - Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas -  Mostra do Viño de Vilachá D.O. Ribeira Sacra  -   Feira da augardente en Portomarín - 

 

VERSIÓN ANTERIOR COMPLETA http://aldeasgallegas.com/vinoyorujo.htm

 

Vendimas 

   2018 2017   2016  2015  2014   2013   2012   2011     2010   2009   2008     2007  2006

A Matanza do Porco

RECOMENDAMOS : A COMIDA NA MATANZA

Reglamentos sobre bienestar y protección animal

El reglamento europeo sobre la protección de animales en el momento de la matanza, de 24 de septiembre de 2009, dice:

- El bienestar de los animales es un valor comunitario consagrado (...). La protección de los animales en el momento del sacrificio o la matanza es una cuestión de interés público (...). La mejora de la protección de los animales en el momento del sacrificio contribuye a mejorar la calidad de la carne.

- Ritos religiosos. Este reglamento, como otros, deja fuera la regulación en el caso de los ritos religiosos.

- El matarife. "La matanza y las operaciones conexas a ella deberán realizarlas únicamente personas con el nivel de competencia adecuado, sin causar a los animales dolor, angustia o sufrimiento evitable" - La directiva europea de 1993 concede a los Estados la capacidad reguladora sobre las matanzas fuera de matadero, "siempre que (...) los animales de las especies porcina, ovina y caprina hayan sido objeto de un aturdido previo".

- Real Decreto de 1995. De nuevo se establecen excepciones, pero los animales deben ser "objeto de aturdimiento previo"

 

Enlaces a otros artículos: El País     La Voz de Galicia


NOTA DEL AUTOR

Una tradición que pasará a la historia en menos de veinte años,  sino cambia la trayectoria  algún acontecimiento  por el momento insospechado. Y lo hará por muchos motivos pero el más importante de ellos es  la falta de relevo generacional que existe.

Se ha querido prohibir, muchos han luchado  por erradicar esta costumbre milenaria del auto-abastecimiento alimentario típico de las aldeas,  con claros motivos económicos. Los ingresos añadidos que supondría   llevar  a estos animales a los mataderos municipales es una razón muy poderosa, como lo es  el cobro de multas por incumplimiento de la ley 36/2007..

En esta ley que aprobó la  "Xunta de Galicia" en el año 2007  se obliga al aturdimiento en el sacrificio de los animales de producción  consecuencia de infracción leve  en caso de no cumplirse,  pudiendo ser resuelto con un apercibimiento o en caso de reincidencia  pasar a convertirse en   una falta grave subsanable con el pago de una cantidad económica  comprendida entre los  600 € y  6000 €.  REF.

Pero la matanza del cerdo es un festejo confraternal,  un motivo para el cual se juntan amigos y vecinos compartiendo momentos de trabajo y en los que se dejan atrás las diferencias tenidas.  

Los matadores, se han de llenar de coraje para actuar con la sangre fría necesaria para sacrificar a los  animales que han mantenido  a lo largo del año con esmero y cariño.

El sacrificio de un animal sea cual fuere, es necesario, si nos queremos alimentar de él. 

A mi modo de ver, debiéramos respetar por encima de todo la vida de nuestros semejantes, cosa que no ocurre,  y dejarnos de pamplinadas. Un Ser Humano no goza sacando vida, sino dándola, por eso es un sacrificio tener que privar de ella a otro ser.

Es increíble  ver  como las mentes de los seres humanos son tan distantes en pensamientos y creencias  las unas de las otras, aunque  la necesidad de comer para vivir es de todos.
 


 

AVISO

ESTA PÁGINA PUEDE DAÑAR LA SENSIBILIDAD DE ALGUNAS PERSONAS ANTES DE ENTRAR ASEGÚRESE DE QUE LOS CONTENIDOS DEL SACRIFICIO DEL CERDO NO VAN AFECTARLE YA QUE LAS SIGUIENTES  PÁGINAS  ESTÁN COMPUESTAS POR  LOS FOTOGRAMAS DE LA MATANZA EN LAS ALDEAS PASO A PASO.
 
 

 

Cabazos e cochos

 

Vendimia 2017

Este vino de la cosecha 2017, se está disfrutando en muchas zonas de España, ha que todo el mundo sabe que somos un país de vino, como los italianos o los franceses.

Han pasado varios meses y no quisiera que  empezase la feria de Amandi de este año sin tener escrita esta entrada que ya es la oncena ocasión que escribo sobre este tema en mis páginas.

Este artículo lo voy a escribir en castellano. Soy una persona biligüe al 100%, no voy a entar en detalles en como  hago las cuentas.

 

 

Vendima 2016

 

Este ano 2016 a colleita da uva en Galicia en xeral foi mala.

Pouca uva e viñedos moi atacados polas pestes e o afamado malo ano bisiesto,  non foron capaces de sacar produción nin sequera acertándolle coas mans de sulfatos e azúfres

Pero como en todo sempre hai excepcións.

Puiden  observar como razas de uvas de produto de malandar ou de albariño, sen unha soa man de sulfato nin axofre conseguiron ter unha boa e ecolóxica produción.

Apostar por variedades resistentes ás pragas como as anteriormente citadas é unha solución cando se quere beber un viño 100% natural.

Esquecer o sulfateo dos viñedos con herbicidas, en moitos lugares con este sistema estase a producir un líquido con residuos tóxicos,  está comprobado cientificamente que estes fitosanitarios penetran na savia e o ao analizarse o viño detéctaselle. É preciso voltar ao antigo e ben probado sistema do cavado dos viñedos.

Este ano fixen o meu primeiro viño, pero na casa fixéronse tres variedades. A primeira, a que elaborei para min, foi con douscentos quilos que vendimei a man e esmaguei cós pés, cincuenta litros de líquido das citadas uvas de albariño sen ningún tipo de tratamento, nunha pequena cubeta  fermentou converténdose nun doce e gaseado escumoso, sen apenas grados pero cun buqué e unha máxica sensación no seu deguste. O segundo viño que fixen foi có bullo que quedou sen escorrentar deses douscentos quilos, de encher esa pequena cubeta de 50 litros. Este resultou un viño ácido, no bullo, con sustancia á variedade.  O terceiro viño da casa son 100 litros aínda sen trasfegar, de uva tinta mercada,  da zona do Bierzo.

Como din na aldea, as trasfegas teñen que facerse en lúa e día claro, e iso no inverno non é doado.

En Galicia hai moitas feiras do viño, tantas como subzonas e variedades. A derradeira en celebrarse anualmente é a de Salvaterra de Miño, onde homenaxean aos  nosos escumosos. Para min, e para moita xente o viño escumoso é o favorito para acompañar os xantares e ceas do Nadal e Reies, entre outras cousas. Os aromas máis autóctonos, a chispa que producen estes viños  feitos coas variedades máis singulares.

Señorío de Rubiós, ou un agulla tinta como Nande, bebe da tradición da súa coma outras casas coma  Tollodouro onde apostan pola biodiverdisidade.

D.O. Valdeorras, D.O. Monterrei, D.O. Ribeira Sacra, Albariño e Ribeiro, dentro destas ultimas atopamos viños das provincias de  Ourense e Pontevedra, de lugares como O Rosal, Cenlle, Purrón e San Amaro, a Arnoia, Cortegada, Ribadavia, Mos, Cambados, Vilanova de Arousa, A Guarda, Meaño, Meis.

En canto a unha comparativa do prezo de terra con viñedo hai unha gran diferenza entre as provincias galegas.

Prezos da terra . Resumo anual por provincias (2014)    
           
Tipo Prezo máis frecuente (EURO / Ha)
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Viñedo secaño          31.687              18.274              25.817              44.082    

         33.530    

Fontes de acceso ao público

 

Como se pode ollar, entre os 18.274 Euros por Ha de Lugo aos 44082 € de Pontevedra hai 25808€ de diferenza de prezo por ha.

Algo que non debería ser esí, mentres que o sur de Lugo na D.O. Ribeira Sacra destaca pola súa heroicidade ao atoparse maioritariamente os viñedos nas ladeiras das pequenas montañas sitas nas ribeiras do Sil de aí acadado o seu nome Viticultura heróica. nas zonas de Pontevedra maioritariamente cultivase en llano.

 

 

Apañando á morte na Sega

Eramos moitos na aldea e  tiñamos pouco que comer porque había que repartirnos o que produciamos e  vender os excedentes das colleitas para poder mercar outras cousas.

Non había moitas maneiras de conseguir cartiños e unha das poucas era indo á sega, cada ano a Castela.

Se tiñas con qué collías o tren e senón  ías a  pé.

Alí nos xuntábamos cuadrillas de homes de todas as aldeas do redor. Todos nos coñecíamos e tiñamos caralladas entre nós para facer o tempo e o traballo máis levadeiro.

En cada aldea había  varias brigadas capitaneadas polo máis capaz, o Tiro da Brigada como lle chamaban. Se non lles seguías o paso non valías para ir.

O meu amigo Xosé María, tiña 21 anos cando o asesinaron.

Eu estaba alí, foi o da casa do Cabazo de Eiralbe. Colleu o fouciño que tiñamos todos postos alí na viga e dirixiuse cara él.

Segouno a metada. Aínda recordo como morreu.

Xosé María era fillo único, cando súa nai Micaela soubo da súa morte case tolea. Seu pai Camilo foi a castela cobrar os xornais que traballara, pero nunca o puido traer. Daquela, non había medios e se morrias lexos da terriña, alí quedabas.

E alí quedou él. Meu amigo, meu compañeiro. Sempre o teño no pensamento. As súas bromas volvéronse en contra del.

O do Cabazo tiña un carbunco na espada e Xosé María dáballe có callado e o do Cabazo ergueuse e matouno, así foi.

Aquel día aprendín que non se deben facer bromas gratuitamente, pódenche custar a vida, como lle custou  él, aquel ano do 27.

O do Cabazo era un asasino con sorte. Librou da súa morte porque rematou a ditadura e entrou a 1ª República e foi absnistiado, pero levabao no sangue, pouco tardou volver a matar . 

Daquela cedíanse as parellas nos bailes llel non  llela quixeron  ceder,  sacando de pistola rematou dun par de tiros ao osado que lle denegara a ocasión. 

Volveron a metelo preso pero ao estallar a guerra volveu saír libre.

Xosé María non foi o único que non voltou para casa da Sega, coma él foron moitos outros os que querendo non poideron.

Á sega a Castela, imos Serafín.

Con catorce anos Xesús e Serafín marcharon á sega a Castela.
Como non tiñan para o billete do tren metéronse de polizóns. O revisor pedíullelo  e ao dicirlle que non o tiñan deulles unha oportunidade e díxolles:
- Mirade a ver se algún dos que van no tren vos presta o cartos senón teredes que baixar.
O revisor non veu  ata  chegar a Palencia, e aquí tiveron que apearse.
O seu destino era Venta de Baños e para chegar decidiron  coller outro tren ata o lugar con tal mala sorte que Serafín marchou nun tren e Xesús non conseguiu subir. Non sabía que facer, decidiu esperar na estación, sabía que Serafín tiña que volver. Foron tres largos días pero ao final volveu, e alí estaba él, esperando.
Como non tiñan ni un céntimo  tiveron que andar a pedir polas casas un anaco de pan  para comer, bebendo auga  das fontes e durmindo  nos bancos da estación.
Cando por fin chegaron ao destino aínda non era o tempo da Sega e  o dono dunha cantina tanta pena lles deu que lles dixo...
-Comede todo o que necesites, cando consigades traballo xa me pagaredes .
Comían unha lata de sardiñas entre os dúos,  o  cantineiro dicíalles porque non comían mais e  eles replicábanlle que xa comeran de abondo. Non sabían como ían a conseguir os cartos para lle pagar e non querían abusar da boa Fe  do cantineiro.
 Durante varios  dias andiveron así ata cun home dos que xogaban as cartas na cantina,  sabendo da súa situación preguntoulles se sabían algo de viño ao que eles asentiron, dicindo que eran de terra de viñas, sabido isto  ofertoulles traballo  nos seus viñedos mentres non era o tempo da sega,  percibindo  por elo uns bos cartiños.
Cruzaron montes e alí chegaron. O patrón encargoulles apartar os coios e cavar  e ofreceulles para durmir
a  caseta. Os primeiros días non se atrevían nin a descansar nas sestas, sospeitando tal vez que o dono o vixiaba. 
Nun regato  pescaron cangrexos de rio que levaban a vender ao pobo para logo mercar algo para comer pero cando chegaban con eles xa estaban mortos. Unha boa señora díxolles como tiñan que facer para que chegasen vivos.
-Rapaces  poñede unhas espadanas no balde.
Có que lles daban polos cangrexos  comían pan e chocolate a fartar.
Cando estivo  o cereal listo para a sega,  cobraron a cava das viñas  e  marcharon para alá agradecidos de todos os que lle axudaran.
Serafín e Xesús eran moi novos  e ignorantes e ao principio  axustaban moi mal a sega das leiras,  pensando que lles ía levar dos dias leváballes cinco.  Foron cincuenta días inesquecibles pero ao final mercaron o billete de regreso a casa e o chegar orgullosos entregáronlle a paga os pais.

 

 

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Xesús e Serafín na súa última xuntaza

DEP Sempre vos recordaremos

 

 

 

Compadres e Comadres 2017

Enlace a imaxes de anos anteriores O xoves de compadres foi celebrado un ano máis nalgúns lugares do sur lucense.
A promoción para manter esta tradición e animar á participación faise dende os concellos a modo de concurso premiando a aqueles que resultan dalgún xeito máis sobresaíntes.
Nalgúns lugares como en Escairón, os pequenos do colexio, á noitiña fan a queima na praza do lugar e nos demáis centro públicos de ensino das poboacións de Sober, Pobra, Bóveda e Monforte celebran tamén tan arraigada tradición.
Unha das características que todo compadre e comadre ten que ter é que súa queima sexa posible, outra é que a súa careta sexa dalgún dos veciños do lugar, ou personaxe a destacar.
En Distriz, parroquia de Monforte de Lemos seguen a apostar pola tradición escenificando de novo este ano tarefas do rural non fai moito extinguidas. Nos compadres a representación da malla antiga cós antigos mallos de madeira, pas, escobas de cudesos, pineiras, ferrados... e nas comadres representaron modo da xuntanza das lavandeiras da roupa nas lagoas ou ríos tan habitual ata fai uns 70 anos, temática que se representara fai uns anos na parroquia de Santa Mariña do Monte, pero que se agradou poder volver a rememorar.
No propio Monforte queimáronse compadres e comadres na praza España, pero rúas como a do Cardenal, barretes como o de Rioseco e parroquias como Ribasaltas participaron dos dous xoves aportando con esforzo e traballo o mellor de si.
O xoves 16, día de Compadres, o bebe do actual Presidente da Xunta de Galicia que naceu o mércores 15, xa foi protagonista na representación que del fixeron os veciños de Rioseco en brazos de seu pai, púidose ver tamén a Trump escenificado en máis dunha vintena de compadres, con ameazas e muro representado. O Rei e Bárbara, ou a guía de alta cociña de Michelin foron algo máis do que se puido ollar.
O xoves 24, día de Comadres o color en Ribasaltas, a princesa e a xustiza, os abusos das eléctricas e as películas seguiron a encher espazos nalgúns lugares da vila. De non ser polos que defenden as tradicións e os que se implican có seu tempo, traballo e esforzo para o continuar da súa existenza quizais isto sería unha lembranza. Enlace a imaxes de anos anteriores {jcomments on}
Datos Galicia IGE
Enxebre WEB
Descarga Libro Gratis
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA