Logo

Así funciona esta Plataforma de Contenido y Enlace

Sobre a Web Aldeas e Vilas Galegas

INFORMACIÓN SOBRE A ORIXE DESTE PROXECTO

Autora: Peruchela

Esta páxina empezou a conformarse no ano 2004, recentemente retornada da cidade, á que emigrara con pouco mais de deceseis anos. Aquel nadal comecei a recoller información tradicional dos costumes rurais galegos tomando as fotografías da matanza tradicional daquel ano.

No 2005 realicei unha guía da horta galega para saber que sementar, cando e como cultivar un pequeno anaco de terra para producir para autoconsumo.

É no ano 2008 cando compro o primeiro dominio para este proxecto, aldeasgallegas.com. En 2011 o dominio en galego, aldeasgalegas.com.

A súa programación inicial en html desenvolveuse ata 2015 cando me decidín a progresar e non perder todo o traballo que desenvolvera ata ese momento.

Implementei unha base de datos e un xestor de contidos. Os continuos avances da informática e as aplicacións Web, fan que a aparencia se transforme adaptándose ás novas versións de PHP , Bases de Datos e Xestores.

Este proxecto supuxo e supón un gran esforzo tanto económico como persoal. Está realizada na súa totalidade por min, e os seus contidos son en máis dun 90% xerados tamén por min, que realizo as actualizacións e mantementos tanto informáticos como gráficos e textuais.

Tiven que seguir formándome e  realizar o ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Moitas persoas coñecen o funcionamento e a dinámica da páxina por ser visitantes habituais pero si es un novo visitante tes que ter en conta algúns detalles do funcionamento.

  • As públicas de eventos que figuran na páxina principal son cíclicas e anuais.  Como non todos os eventos teñen unha data fixa de celebración, non figura no título a menos que a data sexa sempre un día determinado.
  • O menú principal superior leva ás tradicións das aldeas, unha parte moi importante desta plataforma á cal non puiden dedicar moito tempo nos últimos anos aínda que para min é a razón de existir deste lugar virtual.
  • Outra opción do menú son os concellos galegos que teñen ligazón directa á páxina Web oficial de cada un dos concellos de Galicia, realizadas con fondos Públicos, que representan mellor que ni ngunha outra páxina as características de cada un deles, resaltando o seu patrimonio e as súas parroquias.
  • Outra sección do menú superior é unha ligazón a aldeas galegas que mostra un pequeno resumo dun puñado de aldeas na que eu e outros autores dedicamos unha pequena introdución e fotos ou nalgúns casos sen contido propio con ligazóns a páxinas Web de terceiros .
  • Interesante é saber dos ríos de Galicia , por iso no menú principal tamén hai unha artigo onde hai un excelente traballo de Miguel Pesca.
  • En canto á sección de gastronomía nos seus inicios estaba situada en tradicións pero decidín adicarlle  unha soa categoría. Nela pódense ver as comidas tradicionais das aldeas do interior de Galicia. Esta sección tampouco puiden dedicarlle o tempo que desexase. Espero aumentala e mellorala nun futuro próximo.
  • As profesións en desaparición e evolución sempre foron outra das seccións que quixen incluír neste proxecto e xa comecei a recompilalas na miña páxina http://retratosperuchela.com onde se poden ver máis de quince oficios tradicionais galegos .

O meu principal obxectivo e poñer nesta Plataforma páxinas relacionadas con Galicia, eventos realizados e a evolución das tradicións, desde un punto de vista persoal e rural.

A preocupación polo futuro das xentes que habiten nestas terras é unha inquietude constante no meu pensamento Ver esborrallarse casas e aldeas enteiras, presenciar o exterminio de árbores singulares, de animais silvestres, observar o imparable abandono das terras de cultivo tan ricas como as de Galicia, isto e moito máis faime sentir unha gran fustración por non poder facer nada máis para que as políticas non exterminen a raza, a terra, o fala e a pouca FE que nos queda a algunhas.

 

Template Design © Joomla Templates | GavickPro. All rights reserved.