Poesía de Autor

Meu País, Dourado En Gules

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

VERSOS E CORES

Amarelo de Toxo

amarelo da xesta

amarelo mimosa

amarelo á sesta.

 

Dourado centeo

dourados viñedos

dourados dos chopos

dourados penedos.

 

Pendurado ao sol 

sol amarelo

dourado millo

e a flor do grelo.

 

Dourado que ergue

en campo de gules

sangue que ferve

cara a ningures.

 

País do amarelo dourado

agochado verde recuncho

por séculos atesourado

na cunca dun furuncho

 

Xente de doce fala

país dos mil ríos

país que non cala

ruxe o vento cos fríos.

 

imprimir Correo electrónico

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS