Logo Web Aldeas Gallegas

Aldeas Galegas PaisaxeEtnografíaTradiciónDescansoGastronomíaViticulturaFeirasEventosCulturaRutas ....

Poesía de Autor

Do poemario Lemavo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Do Poemario Lemavo

¡Aii nena niño, niño nena!

Perto de Tí, na pola, quixen poúsar

Todo amor e a miña pena,

e que escoitaras o meu cantar.

 

A dos ollos cor boliche

a que me vé sen me ollar

non seí que me pediches

que non cho poido dar.

 

Merlo non son

bubela Tampouco

Non veño que vou

non vivo no souto.

 

Escoita o vento o fungar

as follas o coñecen ben

doce as bica o pasar

 E logo Tanto lle tén.

 

Bebo nas fontes

bebo no rio

vivo no monte

vivo no frío.

 

De mura en vide

de vide en mura

 a Tua fermosura

aniñar me pide.

 

Todos me chaman o cuco o pasar

¡Ai nena do niño! se eu puidese quedar.

natureza

imprimir Correo electrónico

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS