Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Aviso

Seguimos traballando na mellora desta web. Grazas pola túa comprensión.
A+ A A-

  • Categoría pai: ROOT
  • Visitas: 802

O Vestido da Morte

O Vestido da Morte

 

Ela quería vestir ben

Pra cando a levara a Morte.

Quería ir vestidiña bonita,

Coa saia e a blusiña negra

Que lle quedaban moi ben

 

Tiñas con agarimo colgadas

No fondo do seu armario.

Quería deixar o mundo

O mais guapiña que era

Pra que cando os fillos, e os netos

E os veciños,

e as xentes todas

Foran a vela,

A viran por última vez

Así, guapiña,

coma era ela.

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA