Eventos en Galiza

A+ A A-

A Ninfa do Cabe

A ninfa do Cabe

O home que gostaba dos paxaros

Toupara uhna fermosa ninfa

Nas augas frías do Cabe.

 

Foi na mencida fría do val

Namentres espantaba o sono,

Cos ollos pechados de ceo,

E o peto baleiro de todo.

 

Elí, onde o río se fai máis fondo

Viuna sair co primeiro raiño

E o home quedou namorado

 

Voltaba a mesma hora da mencida

E cada día tornaba mais namorado

 

E  tal foi o seu sentir

Que atopou fermoso regalarlle

Paxaros de alegres trinos

En xaulas de ferro dourado.

 

A ninfa saía cos trinos

Dos paxaros mais raros,

e moi paseniño e inqueda

ía asomándose a ourela.

 

E pasou que un día escondido

viuna sair da iauga.

 

A ninfa gostoba dos paxaros

e miraba pra eles cautivada.

E atopou o cerrollo unha mañán

e abriu a xauliña

engorxando cunha lingua infernal

aquel trino namorado.

 

E o home que gostaba dos paxaros

non volveu mirar pro Cabe.

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA