A+ A A-

Filla da choiva

Unha Presa de Escarcha

 

Coma non soupen te ter nin reter

quixen atraparte nun soño, do que endexamais ceibarías.

 

Nin de lonxe o acadei....

 

Como a fina area do deserto esvaraches entre os dedos da man.

 

En intento forzado e póstumo tecín unha gaiola de sutiles verbas,

e versos poderosos para te enguedellar.

 

Nin de lonxe o acadei....

 

Coma torrente de montaña escorriches, sen acougar.

Quedaches tan so no meu pensamento, en pouso, pousada no fondo, e soupen:

 

Non teño porque te ter nin reter .

Vai ceibe!!,  como auga de primaveira.

Vai lixeira!!, na procura do mar.

 

Tan so son dono da pegada que deixaches ao pasar ao  meu carón.

 

Tan so da xélida caricia, cando vestida de escarcha descansaches no meu peito.

 

Sei que tornarás en choiva

Eite recoñecer.

 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA