A+ A A-

Sacra Ribeira

Terras lambidas por augas de ouro alecrín,

Terra amurada e colgada do ceo de Merlín

A maxia das túas ribeiras en sangue convertín 

Sangue e sudor secular fágase o viño en min.

 

Terras preñadas de vida, de onde ves Pelegrín?

acouga e apaga a sede son o viño daiquí

e as fortes mans que me arrulan cantaranche de mIn

fidalgos pero humildes en pé co noso sentir.

 

     Por nai sacra ribeira

     por pai terra e vide 

     fillo da ribeira sacra

     fágase o viño en min.

 

Sacra i eterna ribeira antollo do mes de Abril

sacra i eterna ribeira namoras o meu país

de cobre alambique destilas a saiba que vive en  min

alquimia de ouro e ferro  forxas o meu sentir.

 

      Aúmm..

      Aúmm...

      fágase o viño en min.

 

 

 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA