Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Aviso

Seguimos traballando na mellora desta web. Grazas pola túa comprensión.
A+ A A-

Roscas de Aceite

ROSCAS ORIXINAIS DA AVOA GALEGA

Por Dña.  Herminia López Pérez  

 Ingredentes:

-Ovos, azúcre, sal, fariña, levadura, esencia de anís, augardente e aceite de oliva.

Pra 16 ovos:

Poñemos as claras a punto de neve, engadimos o azúcre, unha culler por ovo, as iemas, 8 cullaradas sopeiras de aceite de oliva, 1 copiña de augardente e 2 unidades de esencia de anís, no seu defecto Marie Brizart. Deseguido a fariña precisas ata formar un bolo e catro sobres de levadura, 1 por cada catro ovos.

Deixamos reposar 1 hora e media.

Fanse as roscas mollando os dedos en aceite e fritíndoas ao mesmo tempo en abundante aceite de xirasol.

Noutra pota poñemos o azúcre cun pouco de auga para facer o almíbar que unha vez no seu punto valerá para bañalas roscas.

 

 

Salpicar as rocas có almibar no seu punto é unha das tarefas máis complicadas desta receita e require dunha gran expereciencia.

 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA