Logo Oficial Aldeas Galegas

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos

Aviso

Seguimos traballando na mellora desta web. Grazas pola túa comprensión.
A+ A A-

Primavera

Primavera

En xuño, Arde Lucus

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Arde Lucus 

No mes de XUÑO

 

Os romanos tardaron máis de cen anos en conquistar aos castrexos. O emperador Augusto entre o 29 e o 19 a.C. conseguiu establecer un triángulo poñendo en cada vértice unha gran cidade, territorio  que pasaría a ser a Gallaecia romana. Brácara, Astúrica e Lucus, ámbalas tres Augustas.

A partires de aquí,  Lucus Augusti, comezou a medrar e acadou un gran esplendor, ata 166 mil persoas, segundo relataba Plinio. Este momento esplendoroso da historia da cidade de Lugo revívese a traveso da festa do Arde Lucus, nata por iniciativa da Concellería de Xuventude do Municipio.

Fixada dende os orixes na última quincena de xuño, edición tras edición deixa constatacíón da esenza da romanización galega.

Un programa que xira entorno de Roma e que contén actividades como ofrenda ao dios celta Lugh, deidade da luz, cuio nome relaciónase có orixe do topónimo da cidade de Lugo.

Representación de esceas de época como a da constitución do Senado, venta de escravos, exhibicións de cuadrigas, loita de gladiadores, mercado romano e non faltan banquetes ao máis puro estilo de Augusto.

Panem et Circenses, describe a oferta de Arde Lucus.

O banquete digno de César comeza na praza de Santo Domingo e acolle unha cea deliciosa. Como inicio os textos de Caius Apicius cuios recetarios son de base obrigada pra saber o que se cocia nos fogóns romanos. O menu inclúe crema de produtos das hortas e unha rebanada de "panis de piceno", pan moreno untado con allo ou de "panis secundarius" un pan branco untado con mel e deseguido polo ou porco asado. Froitas moi variadas de postre e de bebida non falta o viño.

A continuación disto celébrase o acto de Irmandade dos pobos de Limicorum. Acudindo unha lexión de veciños de Xinzo vestidos de romanos e outros representantes doutras festas romanas de España como os de Cartaxena.

Entre celta e romanos, entre o real e o mítico, lendas sobre a conquista militar e as xestas  heróicas dos castrexos ante os invasores, cultos relixiosos intentados exterminar coa chegada do cristianismo.

O río Limia, o que as lexións de Décimo Junio Bruto confundiu có río do esquecemento, negándose a cruzalo ata que o cónsul lles desmostrou que ninguén perdería a memoria. O indeterminado monte Medulio, no que uns antepasados decidiron morrer antes que entregarse e ser escravos do Imperio.

E por útimo Finis Terrae  (Fisterra) punto onde se  cree que se atopaba o Ara Solis, o altar na honra ao sol que fora feito polos Fenicios e que os romanos usarían nos seus ritos. Seica foi Santiago Apóstol quen mandou destruir ese Ara  pero o seu lugar acabou converténdose  no final e incio do camiño de Santigo. Foi  a sigularidade xeografía das terras de Fisterra  a que atraeu de sobremaneira aos romanos.

Fonte: Galicia la historia es una fiesta (Xunta de Galicia)

Fotos : Lu Ca

Publicado por Lu Ca en Domingo, 21 de junio de 2015

Web Oficial  http://ardelucus.com

http://www.ardelucus.com/localizaciones.php 

 

San Antonio

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FESTAS DO SAN ANTONIO

Monforte de Lemos

As festas na honra a O San Antonio,  13 de xuño,  son celebradas en moitos lugares do mundo.

En Galicia temos moita devoción por este santiño e son moitos os ditos que hai sobre a súa tradición.

- Bicarlle un pé ao santiño axuda a facer que casemos ben.

- As festas do San Antonio tes que ir a buscar parella.

A este santiño tamen se lle invoca para atopar os obxectos perdidos.

En  Monforte de Lemos,  polas festas de San Antonio, os rapaces da asociación folclórica Lemavos actuan diante do convento das Clarisas.

Acostuma a vir algún grupo de folclore invitado, así puidemos ver en edicións anteriores agrupacións da rexión de Murcia e do país irmán Portugal que podes ollar nalgún dos enlaces inferiores. No 2016 por coincidir a luns soamente actuaron membros da Escola de Infantil de Danza Lemavos e o grupo de Danza Tradicional Lemavos patrocinados pola comisión de festas do barrio de San Antonio de Monforte.

No 2018 acompañou aos Lemavos  neste festival folclórico do San Antonio o grupo de música tradicional De Pe Feito que podes ver  tanto nas imaxes como na seguinte ligazón á lista de reproducción de Youtube 2018.

Lista de reproducción de vídeos actuación 2018

Lista de reproducción de videos actuación 2017

Lista de Reproducción de Vídeos 2016

ENLACE A FOTOS E VIDEOS 2012  - 2013  - 2014  - 2015 - 2016

 

 

http://aldeasgallegas.com/SanAnton/index.htm

Enlace a páxina ano 2015 e anteriores

Tenda de Retratos

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA