Entroido

Entroido en Galiza

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

DIAS DO ENTROIDO

Petardazo- Fareleiro- Meco- Oleiro - xoves de Compadres- Corredoiro- xoves de  Comadres - martes de Entroido- Enterro da Sardiña- Domingo da Piñata

O ENTROIDO OU ANTROIDO

Celebrado con paixón en vilas e aldeas galegas, os máis animados colaboran no continuar, desta antiga tradición popular.

A cultura do porco, Lalín e a súa Feira do Cocido, dan o pregón e a invitación para gozar do entroido en Galiza. 
Espectaculares traxes feitos con dedicación durante todo o ano, traballadas  coreografías, son inicio do primeiro Desfile de Comparsas.
Fai tan só cincuenta anos as poboacións destas mesmas aldeas, que hoxe habitamos uns poucos, estaban máis do  dobremente poboadas. Os medios de transporte eran limitados, e o ir a andando aos sitios era o acostumado.

O xoves de compadres, as mulleres, solteiras, casadas, cativas e anciás participaban do festexo. Xuntábanse facían os seus  compadres,  normalmente unha camisa e un pantalón vello recheos de palla, con algúnha boina ou pano. O máis bonito era o elixido para subilo nun burro ben dornado coa súa autora presumindo de levar o primeiro a queimar, detrás o séquito có resto dos compadres e das demais mulleres. Ao escurecer prendíaselles lume e os homes intentaban abortar queima. O mesmo ocorría ao xoves seguinte, pero en caso inverso. Os homes facían as súas  comadres e as mulleres o imposible por evitar a súa queima. Galería Compadres e Comadres

De domingo a martes de  antroido  era tempo de porse  a  máscara e irse cos veciños as outras aldeas, andando. As  caralladas e o bo humor non faltaba durante o treito. Ao chegar, vacilaban coas xentes que abrían as súas portas con brazos abertos e bo humor, indagando en quen sería ese ou aquel  individuo enmascarado.

En Salcedo, hai pouco máis de 50 anos, o OSO baixaba ao chegar a primavera ata o pobo. Nas montañas da Poboa do Brollón pódense ver os muros de pedra que se facían para impedir que lles levase o mel das numerosas colmeas desta zona (*alvarizas). Representación daquelas épocas que aínda  perdura cada luns de antroido pola tarde, coa salida do Oso polas rúas do lugar.

Séguense realizando representacións con animais nos festexos de Laza ou Viana do Bolo.
En Laza, " os Peliqueiros", o luns de entroido sae unha vaca acompañada de comitiva, ésta un pouco maliciosa, xa que formigas vermellas son derramadas entre os presentes. Doutra banda os de Viana do Bolo teñen a unha mula dando patadas  e un rei e unha raíña de Galos, onde hoxe en día se representa esta tradición, quizá derivada do antigo sacrificio de sangue animal á  terra polo cambio de estación.

Pero son máis as localidades con nome propio, con cultura e tradición autóctona as que manteñen este seguir de festexos.

En Ourense vilas como Verín, cos "Cigarróns", onde ademais o domingo Fareleiro, o anterior ao xoves de compadres, bótaselle fariña de casca de cereais, "farelo" a todas as xentes que non van disfrazadas, avisando do comezo. Xinzo de Limia coas súas Pantallas ou o seu popular xogo con antigas olas de cerámica tradicional. Manzaneda e Vilariño de Conso cos seus Foliós, onde todo o pobo é  participante de leste festexo sen distinción de idade nin sexo.


En Lugo aldeas como Santiago de Arriba, Nogueira, Fión e a súa Entroido Ribeirao, con Volantes, Peliqueros, *Mecos e representantes dos oficios con tinta de actualidade de forma mímica satirizando o tema do ano. 

Entrimo, pobo fronterizo con Portugal é un dos lugares que onde os madamiños e madamiñas vestidos de encaixe, séguense representando anualmente, como en Salcedo.

Son, todos estes lugares visitados cada ano por máis persoas, que veñen atraídas polo interese de ver realmente estas representacións populares, parte actual da nosa cultura galega e como non pola nosa Gastronomía.

O martes de Antroido, Comparsas de indeterminado número de participantes, desfilan polas rúas en centos de vilas como, Monforte de Lemos, Sarria, Chantada, Escairón, ....En Pontevedra dende o ano 1984 volveuse a recuperar esta tradición, en cidades como Coruña represéntase o Apropósito, obra satírica anual, e outros moitos son os lugares nos que se desfila.

E Para Rematar, o mércores de Cinza, onde xa non se pode comer carne. E por iso Galicia tamén se despide do Entroido có Enterro da Sardña. 

O Por qué do Antroido? O home desde as súas orixes fai rituaiso dun ou outro xeito no cambio de estación. Na vida todo é transformación e as máscaras do entroido represéntana á perfección. 

Son os últimos días antes de entrar na COARESMA, nos que se come a cachucha e o lacón con grelos, preparándose para a abstinencia de 40 días sen carne que mandaba a IGREXA.

E por moitas outras cousas máis. 

ENLACES RELACIONADOS

MiniAlbume do Oso de Salcedo - Receita de Orellas de Antroido Desfile de Comparsas 2016 e anteriores -  Desfile Monforte 2017 - Entroido en Ourense -  Entroido Ribeirao - Tradicións Galegas Ignacio Mariño - Entroido de Cobres -  12 Entroidos que non podes peder


Bibliografía: 

Citar a Google como motor de procura

imprimir Correo electrónico