FESTIVAL DAS CORES DO OUTONO

Cartel 1ª Edición

I Edición "As Cores do Outono"

No ano 2014 celebrouse esta cita das artes e da música por primeira vez.

Unha simbiose entre as artes e a natura que dende o primeiro momento tivo gran acollida.

Artesáns da contorna participaron do evento traendo a exhibir e vender as súas creacións.

O presentador foi Carlos Blanco e contou coas actuacións do grupo de Gaitas da Escola de Música do Brollón, María Fumaça, Uxía, Malvelae Kepa Junkera .

2ª Edición Cores do Outono

II Edición "As Cores do Outono"

No 2015 este encontro de Artes e Música celebrouse en dúas xornadas distintas. O venres as 21 horas proxectouse a película "Encallados" do director Alfonso Zarauza con quen desfrutamos dun interesante debate.

O sábado pola maña houbo unha Ruta polo espazo natural do Brollón.

Dende a tardiña os postos de artesanía estiveron instalados no recinto da area recreativa onde se celebran os concertos.

Actuaron nesta festa poético musical Aldaolado, Treixadura e Uxia e Narf .

3ª Edición Cores do Outono

III Edición "As Cores do Outono"

No 2016 o encontro comezou cun taller de música tradicional impartido por Xabier Díaz.

Polo serán actuación circense da man de Peter Punk.

A noitiña os concertos, que tiveron de presentador a Quico Cadaval.

Actuaron Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e o gaiteiro Budiño.

Cartel da 4ª Edición Cores do Outono

IV Edición "As Cores do Outono"

No 2017 a edición comezou na casa da cultura "Olga Novo", cun taller de canto e pandereta gratuita, dirixido por Xurxo Fernández.

Foi presentado pola actriz Isabel Risco.

Contou coas actuación dos artistas: Tanxugueiras, Radio Cos e SES.

Vª Edición do Encontro das Artes e a Música

O sábado 22 de setembro celebrouse na Pobra do Brollón a Vª Edición do Festival das artes e da música do Brollón, coñecido como o Festival "As cores do Outono".

A posta en valor da musical tradicional galega un dos obxectivos principais do acontemento. Segundo o equipo de goberno "As Cores do Outono" foron plantexadas como unha cita fundamental e multidisciplinar, unha simbiose de música, arte e natura .

Pola mañá houbo unha ruta circular polas terras do Brollón na que participaron máis de coarenta persoas. A asociación Alborada Froxán foi a organizadora do evento. Percorréronse dez kilometros a traveso das aldeas de Parada dos Montes, O Mazo, Río de Bois e Couso. Rematou cun xantar na parroquia de Salcedo.

Neste 2018 interesante tertulia na casa da Cultura co líder e fundador de Luar na Lubre quen deu un repaso a todos os discos publicados polo grupo dende o ano da súa fundación, no 1986 ata a actualidade, rematando o faladoiro coa presentación do disco de este ano "Ribeira Sacra" .

Bieto, aclara que noutra ocasión sacaran unha segunda parte xa que nesta a música referencia á parte da Ribeira Sacra ourensá, berce dos seus devanceiros, facendo un repasiño por algunhas das parroquias protagonistas do disco como son Xunqueira de Espadanedo, Esgos, Niñodaguia ou San Pedro de Rocas.

Grupo da andaina por terras de Brollón

Grupo da Ruta polo Brollón

Faladoiro con Bieito Romero

Ricardo, Benxa e Bieito

Na área recreativa continuaron os preparativos para ter todo listo segundo a programación ofertada.

O circo Chosco deleitou aos máis cativos ata a hora do concerto.

Este ano o presentador do evento foi o poeta e humorísta, Lois Pérez.

Actuaron: Os Searas, Luar na Lubre e Carapaus.

Lois Pérez, Presentador

Momentos da Actuación

Mix Luar na Lubre

Artesanía local Tradicional

Retratos do Evento, Searas, Carapaus, Luar na Lubre e Lois Pérez

Actuación Searas

Actuación Carapaus