Aldeas

Freituxe e Mosteiro en Bóveda

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo.

Os seus  habitantes están  distribuídos nas entidades de CobeloFreituxe e A Vila.

A súa existencia é moi anterior á súa conversión en parroquia, atópanse na zona vestixios dun Castro, onde hoxe hai unha carballeira.

As lendas din que se relacionaron durante séculos cos habitantes dos castros colindantes como o de Piño, Canedo, Fornelas, Cereixa, Castrosante, Castroncan e outros moitos máis que salpican a xeografía deste sur lucense. Eses nomes de lugares que arraigan nas xentes que durante milleiros de anos nos precederon.

Seica o sitio chamado Campodaa era o lugar de enterramento para moitas aldeas da montaña que tiñan por costume vir eiquí a enterrar aos seus defuntos, sen que teñamos testemuña escrita disto. Parece ser que nesta zona que hoxe coñecemos como Os Frades houbo unha igrexa románica da cal non quedan vestixios.

 

 

A primeira vez que se fai referencia a Freituxe, é no testamento maior do Bispo Odoario, no que aparece como Villa Fructuosi, no ano 747. Con posterioridade a esta data, sendo abade Lope de Barrera, o beneficio de Freituxe pasa a depender do Mosteiro de Samos.

Din tamén que nalgún momento na historia por eiquí  pasou un camiño a Santiago de Compostela, a casa do Priorato foi ademáis de unha abadía nos seus orixes, no século XVIII albergue servindo de pousada para peregrinos Xacobeos como consecuencia do incendio que arrasou daquela o mosteiro de Samos . Conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.

A igrexa parroquial data do s. XVII. Edificio de planta rectangular e muros de cachotería, en lousa e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e lousa. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía que posue enriba da porta de entrada unha escultra de S. Antón de Padua e dentro dela outra de Santiago Apostol.

No altar maior hai unha talla do Sagrado Corazón realizada por Magariños e nosa señora dos Remedios e un San José do século XVII e varias tallas máis do mesmo século. No mesmo retablo maior atopase outra escultura de Santiago, neste caso equestre .

Saber máis do escultor Magariños

 

Pódense observar varias árbores centenarias nas terras da parroquia. Os paisaxes que envolven ao lugar son dunha beleza inusual.

Segundo o catrastro de 1753, do marques da Ensenada, dice o que nestas terras se cultivaba que por aquel entón era maioritariamente cereal, centeo, viñedos e millo. Non menciona nada das patacas esí que supoñemos que ainda tardaron en chegar a iste lugar. Hoxe quedan un par de explotación de gando vacún. Hai hortas  particulares e fincas nas que se produce para auto-consumo algún tipo de verdura e hortaliza, pero en pouco numero xa que os habitantes non son moitos.

Enlace a Ref. ao catastro do marqués da Ensenada

Máis Datos de Interese

Sabemos que cando a mediados do seculo XX, 1951, volve a arder parte do mosteiro de Samos e da súa biblioteca, tamén se queiman os papeis que facían referencia á parroquia de Freituxe.

En Freituxe tamén había un camiño real, ou cañada, que eran por onde pasaban rebaños ata outras vilas. O ferro que tamén era transportado en carros con animais dende Canedo REF.

Todos os datos da tradición oral sinalan que a casa Priorato na época da invasión dos franceses foi usada por éstes como acuartelamento.

 

Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Piño ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web