Aldeas

Veneira de Roques

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

VENEIRA DE ROQUES

Na Pobra do Brollón 

A Veneira, sita a uns 800 metros do nivel do mar, na actualidade está poboada por poucos veciños.

As minas de ferro que noutra época foron  o motivo  da súa orixe, como aldea neste século XXI , permanecen pechadas e son poucas as persoas que saben que atravesan  dun lado a outro o pobo.

Pertencentes a parroquía de Ferreiros onde enterran os seus mortos, teñen unha pequena capela na honra de María Madalena non de Sánta Bárbara esa e na capela de Monteagudo, onde se celebran misas en determinadas ocasións. O gando ovino e caprino son un dos medios de vida dos seus derradeiros habitantes.

"Na actualidade estánse a explotar minas de pedra con fósiles para revestimentos e pisos. A  empresa Cuarcitas de Aveneira e a encargada destes traballos."  Dende o 2016  a canteira está pechada.

OUTROS DATOS

As minas de Roque ou Roquis foron propiedade do Mosteiro de Samos dende mediados do século XVI.

Os frades bieitos interesáronse  pola industria do ferro debido a grande abundancia deste mineral na provincia de Lugo e explotaron diversas minas, entre as que a de Roque foi unha das máis importantes.

As ferrerías de Gundriz, Santalla de Louzara, construídas no século XVI, surtíanse especialmente da mina de Roques. No século XVIII traballábanse anualmente ata 1500 arrobas de ferro.

Segundo Arias Cuenllas as minas de Roquis no municipio da Pobra do Brollón e de Fomigueiros no de Samos. eran os criadeiros.

Na mina de Roquis traballaban 30 0breiros e abastecía a máis de doce ferrerías.O criadeiro de Roquis foi nomeado pola cantidade e calidade  de material que se extraía.

Esta é polo tanto unha ruta cargada de peso. A alquimia estivo presente nas ferrerías pertencentes os monxes.

A Veneira tiña aforada a señora condesa de Lemos pagando o seu respectivo continxente.

Había quince ou vinte ferreiros cocendo o ferro da Veneira.

Antes transportábase con bois en tempos cunha cuadrilla de mulas. Das ferrerías  saía un camiño a Eiriz, Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba deica Casela e apartaba a dereita deica Lousadel e outra no mesmo río en Gundriz. Outro camiño saía de aquí  a Casela e Santalla de Lóuzara, onde había outra ferreria. Outro dende A Veneria a Ferrería de Incio. Outro dende a Veneira a Monteagudo e Viduedo onde había outra ferrería. Dende aqui levábano a Canedo e os da ferrería de Penacoba viñan buscalos . Outro camiño saía dende A Veneira pasaba por San Vitoiro por riba de Lebrón e pasaba As Balsas, un río de Recemunde a Salcedo  de alí a Bairán e de ahi baixaba a costa de Santiago, pasaban camiño de Santiago a Baxa do Lor.

LENDAS

    Contan que na pena do Socón hai ouro, tamén din  que  Roques da Veneira,  fundouse no século XVI, por os traballadores que viñeran a traballar nas minas dende Santiago. Sábese que ata eiquí tamén chegaron os mouros e tamén que os botaron.

O ENTROIDO DA VENEIRA

Os compadres e as comadres de palla típicos de toda esta zona de Galicia tamén o foron eiquí. O entroido era unha época do ano na que se comía ben. Durante o ano comíase caldo e patacas con cebola pero o chegares o día da festa a cousa era seria. Comíanse moitos pratos, sopa de cocido, arroz amarelo, estofado de ovella ou cabra con cachelos e cabrito, de postre arroz branco, roscas, flores, matecadas e cañas. O viño ían por el  a Piño    ou Vilachá e o augardente tampouco faltaba.

Fonte: Guia do Concello ano 2000

Artigo orixinal ; 

http://www.aldeasgallegas.com/Veneira/index.htm

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web