Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre WebGanar Dinero   

Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

San Xiao de Veiga

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

 

LUGARES DO SUR DE LUGO

SAN XIAO DE VEIGA

No concello da Pobra do Brollón atopamos á parroquia de San Xiao de Veiga  que xunto coa de Ferreiros son as únicas que contan con edificios de orixe románico.

A igrexa parroquial pertence á segunda metade do século XII, a excepción da sancristía que está adosada ao alzado sur da nave.  A súa teitume de madeira a dúas augas,  muros de mapostería de lousa, esquináis de granito e curberta de lousa.

 

 

 

 

"A porta principal está adornada cun arco abocinado de tres arquivoltas e arista con tímpano liso sobre mochetas sen decoración. Ten un arco triunfal de medio punto e arista viva con columnas nunha orde e capitéis decorados con motivos vexetáis. Tres treitos na cabeceira exterior cunha ventá na central, de medio punto, arquivolta en arista e columnas acodadas. Canecillos baixo o aleiro."

 

Esta parroquia no ano 2015  contaba con 29 habitantes agrupados nas entidades do Campo, Centeais, Cortiñas, Picais, A Ponte, Outeiro e Vales.

Quedan vestixios dos seu castro, un foxo e a muralla, na estrada de Cruz do Incio á  esquerda, no cruze de Piño.

FESTAS Na honra ó Corpus Cristi o na honra ao patrón San Xiao. Segundo a tradición o santo sae en procesión ata crúzalo río e a Santa misa celebráse ese día ao aire libre.

 

 

 

 

 

GRANXA ROBLES

Foi propiedade de Gil Robles  e D. Antonio Robles (antiguo Comisario de Abastecemento e Transportes), que era  curmán, vendeuna ao Estado no ano 1949 formando parte do servicio de mellora do gando vacún e prados do Plan Agrícola Galego. Foron introducidas outras razas como a South Devon. No ano 1952 realizouse a primeira importación dun macho e dúas femias dando bós resultados.

 

 

 

MUIÑOS

Din que foi en Veiga onde  apareceu o Muiño de Man.

Tres dos muiños do río Cabe ao ser paso por esta localidade están recollidos no ano 1255 cando foron vendidos ó abade de Oseira, un deles suponse que foi o de  D. Mendo do que falan os documentos medieváis da granxa Císter de Vales.

"Por aquí pasa o Picarrexo afluente do río Cabe, o lexendario río Chalibe no que os romanos temperaron as súas armas."

 

 

 

 

 

Enlace a Mapa de Google

Enlace catastro Marques da Ensenada onde puedes ampliar información. Realiza a pesquisa.

Bibliografía : Guía do Concello da Pobra do Brollón ano 2000.  Estudo cultural da asociación grupo local de desenvolvemento Río Lor

Webgrafía : Wikipedia

Outras aportacións: Dámaso López García

Fotos aéreas de JosÉ López, monitor de parapente

Documentación, Fotografía e Informática por Rocío Rguez

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.