Aldeas

Ferreiros

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

O nome da aldea recolle a tradición do oficio de ferreiro xa da época preindustrial. Nesta zona de Galicia sobresaíron moi bos ferreiros polos seus labores de forxa como rexas, farolas, lampadas...

Os ferradores eran outra profesión. Estes axustaban as ferraduras dos cabalos có martelo de ferreiro e co bigornio.

Tecedeiras do liño e a lá que igual que nas outras aldeas aquí había.

En canto a vinculación musical de Ferreiros destacou un violinista de afamada reputación chamado O cego de Ferreiros, mestre dunha gran saga de músicos na que entre outros se atopaba un gaiteiro, Xosé Parada  así como todo unha familia deles coñecidos como os gaiteiros de Ferreiros.  O vals do Ferreiros era unha obra que non podía faltar nos anos 50 en calqueira xuntaza que se fixera nos redores.

 

A igrexa de San Salvador de Ferreiros conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. Contén no seu interior restos de pinturas murais  representando a anunciación que seica poden datar do século XV ou XVI.

Cofadrías, a de San Brais, o Santísimo, san Sebastián e santa Lucía.

 

imprimir Correo electrónico

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web