Matanza

A matanza tradicional do Porco en Galicia - San Martiño

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

banner san martiño

San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.

A comida nas matanzas            A Matanza

Neste 2018, consérvase na nosa rexión esta ancestral costume de sacrificio animal para autoconsumo ainda que parte da sociedade actual nos tache de asasinos, ou de maltrato animal.

Non comparto as críticas daquela xente que xulga como unha barbarie dita tradición, de sobras é sabido por todos, os que queren ver, cales son as auténticas barbaries desta civilización humana. En realidade podo entender porque surxe  cada día máis xente vexetariana, ou extremista como os veganos. Non é por culpa nosa. En canto as grandes empresas son as encargadas de producir non teñen miramentos cos animais  e trátanos como meras mercancías. Ata os máis amantes dos chourizos nos dan ganas de deixar a carne. Oxalá puideramos volver a vivir cos animais como outrora, criandos con mimo e dedicación. 

O relevo está a desaparecer, a escasa natalidade do rural e a inmigración ás vilas e cidades, a emigración a países extranxeiros confirman a tendencia do paulatino abandono do rural galego e con él das súas ancestrais tradicións.

Debido pois ao dito, moitas aldeas cun só habitante están deixando de estar habitadas ao extinguirse ese derradeiro bafo que a sostiña, e nas outras onde antes tamén habia vida e risos dos centos que eran, agora soamente unhas deceas, maiores para traballar nesta ou noutra costume que requira forza, destreza e habilidade, o que eles xa perderon. O puñado de persoas con esas propiedades redúcense a media ducia no mellor dos casos, có que contar con eles para cada unha das matanzas tampouco resulta doado. A unión de outrora xa non existe, a envexa o odio e a inquina, fan que praticamente teña desaparecido esa confraternidade que tiña acontecido ata fai ben pouco. As novas tendencias fan que procuremos atender cada un ao noso e ao contar con máquinas para as escasas labores do campo que se realizan hoxe non é necesario esa relación que perseguia o fin da colaboración entre uns e outros.

Os que se foron están´lonxe e cada vez teñen menos interese nos productos da matanza da casa xa que outro tipo de viandas forman parte da súa dieta esquecendo o sabor da aldea. Os que se van cada son menos, xa que non os hai.  Os que levan décadas fóra, e son vellos, no alén choran e non queren vir ver o sitio onde naceron e se criaron pola magoa de saber do seu abandono.

Podendo ser Galicia a envexa das outras rexións de Europa, por contar có clima, terras e mar máis productivos que calquera dos demais, está sendo o gran lugar esquecido, todo foi encamiñado ao seu abandono. Os cauces de producción e distribución dos alimentos agrarios sostén de vilas e cidades non existen e moitos estamos a preguntarnos de onde é que surten as multinacionais ás provincias españolas.

É sabido por todos que a vida é unha constante transformación que remata coa morte da vida consciente e o inicio dun novo proceso de reorganización da materia.

 

imprimir Correo electrónico

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web