Citas culturais anuais

Feira do Cocido en Lalín

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Historia

"Corría o ano 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran a comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.

Un daqueles 6 concellos -concretamente o Concello de Lalín- decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO. Dende aquela, a feira non parou de medrar e medrar ata converterse en todo un referente gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido"

Fonte: Web da feira

http://feiradococido.lalin.gal/

https://gl-es.facebook.com/feiradococidodelalin

 

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web