- Categoría: Inverno
- Visitas: 3773
19 de xaneiro OS FACHOS, San Sebastián

OS FACHÓS EN CASTRO CALDELAS
OURENSE
Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde os veciños das 16 Parroquias coas 86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS"
Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe pódese remontar á costume herdada dos seus mais remotos antepasados castrexos.
Outros vinculan a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo de noite.
Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira.
As estreitas rúas que chegan ata el están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas, asentadas sobre as penas.
O redor desa gran fogaza diante da igrexa dos Remedios, tódolos participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa ribeira Sacra e a bica mantecada , típica desta zona que recibe a súa particular homenaxe polo mes de xullo acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.
Os fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.
Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal, non se malla, e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando estaba a piques de desaparecer esta tradición agrícola.
O pasado medieval reflíctese por todo o territorio desta comarca con numerosas ermitas e mosteiros como San Paio e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.