Citas culturais anuais

Festas do Rosario en Castro de Rei de Lemos

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

CASTRO DE REI DE LEMOS 

MOSTEIRO VELLO 

A parroquia de Castro de Rei de Lemos pertence ao concello de Paradela e as terras da Ribeira Sacra lucense.

No lugar de Mosteiro Vello está situada a Igrexa, outrora Mosteiro de Santa María de Castro de Rei, cuio orixe remóntase a tempos pre-románicos. Conserva  unha ábsida onde destacan os capiteis asimétricos do románico.

Nos suas orixes, anteriores ao século XII, foi un mosteiro benedictino. Atopábase sito no Agro de Abelleira pero foi trasladado as beiras do río Loio. O rei Alfonso VII de León entregouno a Orde do Císter no 1142.

Fernando II de León concedeulle ao mosteiro un coto xuridiscional sobre Castro de Rei, Buxán, Vilarpape e Seixón. A edificación contaba coa súa propia cárcere.

No século XV tras a morte do derradeiro abade Juan de Pradomao, o 3 de xuño do 1522,  Santa María de Castro de Rei deixou de ser unha abadía independente e converteuse nun priorato dependente do Mosteiro de Santa María de Montederramo.

A cruz parroquial, de máis dun metro de lonxitude,  data do 1730 e é de prata repuxada.

O mosteiro foi suprido definitivamente polos decretos de exclaustración de 1835.

Sufríu un incendio na guerra civil no 1936, sendo posteriormente restaurado.

Nos últimos anos requería dunha nova intervención polo que grazas ao apoio dos veciños, do seu párroco, da diócese de Lugo e outros organismos fixéronse  obras de restauración que consistiron na limpeza da pedra, a teitume do local e o acondicionamento do entorno.

A misa das festas na honra a virxe do Rosario do día sete de outubre de 2018 foi oficiada polo bispo de Lugo Alfonso Carrasco Rouco,  nombrado por  Benedicto XVI  a finais de 2007. O cura párroco D. Julio colaborou con él no acto relixioso. O coro Interparroquial de Oural amenizou o acto litúrxico e a banda Lira de Ribadavia interpretou o himno galego.

Multitude de devotos da virxe do Rosario asistiron ao lugar, entre eles  o alcalde de Paradela  . Ao rematar procesión como é habitual deron a volta ao cruceiro e regresaron a igrexa.

 

Máis recursos con información sobre o patrimonio de Santa María de Castro de Rei

MÁIS DATOS

Temos no territorio varias  capelas,  dado o espallados que están os lugares, esí en Cerxedo está a capela das Neves que conta cun retablo barroco do finais do XVII, en Feas a capela de San Roque, en Paredes de Abaixo a de San Xosé e tamén en San Martiño a da Inmaculada.

A toponimia da parroquia de Castro de Rei de Lemos, fala por si mesma da antiguedade que posúe. O seu patrimonio prehistórico, histórico e natural é de gran relevancia pero está necesitado de máis estudo. Falar da toponía é falar das historias dos lugares. Nomes relacionados coas actividades que se desenvolvian,  por iso houbo e hai repetidos nomes de lugares en toda a xeografía galega.

Lugares da parroquia de Castro de Rei de Lemos no concello de Paradela (Lugo)

Abelleiroá | Acevedo | Bacorelle | Bariz | As Barreiras | Bidueiro | As Bustaregas | Carballedo | A Carballosa | Cerxedo | Os Chaos | A Enxamea | Espiño | Feás | Ferreira | Foilebar | O Folgar | Hedrada | A Mámoa | A Matanza | O Mazo | Mide | Mosteiro Vello | Paredes de Abaixo | Paredes de Arriba | A Parrocha | Pena Corveira | Pereiro | Portocarreira | Preselas | Rañadoiro | As Reigañas | O Sacadoiro | San Martiño | A Seara | Uceira Branca | Val do Couto | Valmigallo | Vilachá | Zouro

Castro de Rei -   Sen existir como lugar  da nome á parroquía, tal vez  unha das maiores do país en canto a número de lugares que a forman. Sitios que nos invitan a contar  lendas e historias fantásticas,  quizais fai moitos séculos unha comunidade independente de castrexos co seu propio  rei onde transcurrian toda a súa vida abastecendose e alimentandose dos recursos que se procuraban nel .  As coarenta entidades poboacionais  que a conforman son berce dun gran pobo, no que hoxe permanecen uns centos de veciños có espírito ancestral que os enxendrou . 

Abelleiroá, lugar onde vivían os abelleiros, os que coidaban das colmeas. Enxamea indica que podería ser ou lugar onde se puñían os trobos baleiros pra coller enxamios.

Bacorelle, podería facer referencia a un lugar onde había pequenos ranchos, ou bácoros, A Matanza e San Martiño  outros dous lugares que referencian esta costume da ceba e a mata do porco.

Acevedo, o lugar onde houbo acevos cos que facían basoiras, entre outros usos.

Bidueiro, leva o nome  desta árbore autóctona, probablemente porque o lugar ten zonas húmidas onde se cultiva este tipo de madeira tan doada de traballar.

Carballedo xunto con fan de Carballosa refírense a sitios onde había carballos tamén autóctonos.

Espiño, Uceira, Hedrada,  Reigañas e Pereiro indican respectivamente que eran lugares de espiños, uces, hedras  raíces e peras.

Val do couto, din que estaba reservado para algunha actividade . Couto do Mosteiro ou paraxes do territorio señorial.

Vilachá, un lugar onde o terreo tiña poucas ondulacións e onde os máis pudientes tiñan unha boa casa para pasar epocas no ano.

Rañadoiro, un lugar con monte baixo con carqueixas.

Seara, indica que neste lugar se sementaban cereais

Folgar, o lugar a onde no se ía facer nada, ou onde estaban a barbeito as terras.

Mosteiro Vello, o lugar onde antigamente había un mosteiro.

Parrocha, coñecese por ese nome a sardiña e tamén a parte máis íntima da muller.

Pena Corveira, unha rocha onde ficaban os corvos.

Valmigallo, un val moi pequeno.

Bariz, seguramente este lugar foi bautizado polos árabes na época na que estiveron no territorio.

Preselas, tal vez noutra época facían regos nos prados e de eí tomou o nome." Preseou o prado para regalo".

Cerxedo pode que tomase o seu nome do vento forte e xélido cerzo. "Cerzo na vara, auga na cara".

Mámoa, elude a un lugar de enterramento prehistórico da época megalítica do que hoxe queda o nome.

Mazo, pode ser que nalgún momento da historia neste lugar habia un martelo de gran tamaño, movido mecanicamente, que usaban os ferreiros para esmagar e estirar o ferro e polo ferro tamén tomou o nome Ferreira.

Paredes de Abaixo e de Arriba, as Barreiras, Foilebar e Mide, poden conter no seu  nome información sobre a súa orixe así como Zouro, Sacadoiro e Portocarreira. Cadaquén que pense a que máis se lle acerca.

 

Webgrafía:

Wikipedia, Galipedia, Raghttp://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/58324

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web