Eventos en Galiza

A+ A A-

Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

En agosto na Limia.

Historia do Evento

Segundo a tradición, cando os romanos chegaron a Limia quedaron abraiados pola fermosura da paisaxe e o seu río, o cal confundiron co río Lethes, o río do esquecemento. Contaba a lenda que quen o cruzase esquecería todo o relativo á súa vida pasada e ao seu lugar de orixe. Foi así como durante moito tempo, o exército desistiu da idea de conquistar os territorios máis alá da vía fluvial por medo á amnesia.

Foi Décimo Junio Bruto o único que non se deixou levar pola superstición. Arrebatoulle o estandarte a un dos seus homes e cruzou o río. Cando chegou ao outro lado foi chamando aos soldados polos seus nomes para demostrar que aínda mantiña os seus recordos.

Este episodio da historia recréase  na celebración da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia o penúltimo fin de semana de agosto.

Na festividade pódense ver campamentos militares da época, un mercado de produtos galaico-romanos e desfiles entre outras cousas. O máis representativo da festividade é a escenificación do paso dos romanos polo Limia e a posterior batalla.

 

Datos Galicia IGE
Enxebre WEB
Descarga Libro Gratis
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA