Festa Normanda en FOZ
FESTA NORMANDA EN FOZ
ALGO DE HISTORIA
Na época das invasións viquingas ó Reino de Galicia, una gran frota normanda intentou penetrar nas terras de Foz.
No século IX o Bispo de San Martiño de Mondoñedo, nomeado Gonzalo, colleu fama de Santo perdurando no tempo a súa lenda.
No alto da Grela, Bispo e plebe intentaron aceptar o fatal destino que lles ía tocar e comezaron a rezar. De súpeto, o ceo comezouse a nubrar, soprando o vento e levantándose unha tempestade no mar. O bon Gonzalo mantíñase rezando mentras os abraiados ferigreses vían como o temporal ía a máis, de xeito que a frota viquinga comezaba a amosar dificultades para entrar na ría.
As violentas olas e o vento comezaron a fundir naves viquingas, que non podían chegar a terra nin escaparse mar adentro. O Bispo Gonzalo seguía rezando mentres raios e xigantescas ondas facían naufragar barco tras barco, ata que só quedou un que segundo o Bispo, Deus quixo que levase aviso da dificultade de asaltar as terras cristiás.
Dende aquel día, celébrase na capela do Obispo Santo do Alto da Grela unha muy popular romaría e dende 2011 ten lugar a festa normanda en Foz en recordo do milagro de Gonzalo.
Fonte: http://www.festanormanda.com/historia/