Logo

12 de Agosto, Feira da Rosca de SOBER

EN AGOSTO FEIRA DA ROSCA DE SOBER  

COINCIDINDO COA FEIRA MENSUAL DO DIA 12

Cada parroquia, cada aldea galega ten a súa propia historia e case sempre algunha tradición autóctona que a diferencia das outras.     
A Rosca é tan importante como a Olería, a Banda de Gaitas ou o Viño  en SOBER. Podemos  ir comprobalo acudindo ata esta localidade cada ano o día doce de agosto. 
Se queremos mollar esa mesma rosca en viño, cada domingo de Ramos tamén é unha ocasión, pois ese día vénse celebrando dende  casi fai corenta anos a Feria do viño de Amandi, xornadas na que a rosca está moi presente. 
A feira da Rosca de por si é un éxito. As vacacións estivais achegan a esta localidade  un maior número de rapaciños que nesta xornada terán a oportunidade de desfrutar especialmente facendo eles mesmos a afamada Rosca.
Para máis información visita a Web do Concello: http://www.concellodesober.com/

Fotos Feira da Rosca 2019

Público e autoridades

Fotos Feira da Rosca 2019

Público e autoridades
Template Design © Joomla Templates | GavickPro. All rights reserved.