Primavera

Primavera

images/layerslider/LayerSlider-5-responsive-demo-slider/01.jpg

San Antonio

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FESTAS DO SAN ANTONIO

Monforte de Lemos

As festas na honra a O San Antonio,  13 de xuño,  son celebradas en moitos lugares do mundo.

En Galicia temos moita devoción por este santiño e son moitos os ditos que hai sobre a súa tradición.

- Bicarlle un pé ao santiño axuda a facer que casemos ben.

- As festas do San Antonio tes que ir a buscar parella.

A este santiño tamen se lle invoca para atopar os obxectos perdidos.

En  Monforte de Lemos,  polas festas de San Antonio, os rapaces da asociación folclórica Lemavos actuan diante do convento das Clarisas.

Acostuma a vir algún grupo de folclore invitado, así puidemos ver en edicións anteriores agrupacións da rexión de Murcia e do país irmán Portugal que podes ollar nalgún dos enlaces inferiores. No 2016 por coincidir a luns soamente actuaron membros da Escola de Infantil de Danza Lemavos e o grupo de Danza Tradicional Lemavos patrocinados pola comisión de festas do barrio de San Antonio de Monforte.

No 2018 acompañou aos Lemavos  neste festival folclórico do San Antonio o grupo de música tradicional De Pe Feito que podes ver  tanto nas imaxes como na seguinte ligazón á lista de reproducción de Youtube 2018.

Lista de reproducción de vídeos actuación 2018

Lista de reproducción de videos actuación 2017

Lista de Reproducción de Vídeos 2016

ENLACE A FOTOS E VIDEOS 2012  - 2013  - 2014  - 2015 - 2016

 

 

http://aldeasgallegas.com/SanAnton/index.htm

Enlace a páxina ano 2015 e anteriores

Tenda de Retratos

imprimir

No marzal: Festa da Arribada - Gran Mercado Medieval- Baiona

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

imprimir

  • 1
  • 2
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ofcavas