Festa da Ostra, do mexillón do Cristo, da Rosquilla e do queixo de San Simón
INFORMACIÓN SOBRE OS EVENTOS
O Evento de Exaltación e Degustación da Ostra de Arcade, Soutomaior, Pontevedra, Galicia, celébrase o primeiro fin de semana de Abril.
A ostra de Arcade-Soutomaior é das máis cotizadas e das pioneiras en comercializarse e exportarse fora de Galicia. A variedade é “ostrea edulis” que posue un sabor ligado as auguas nas que se cría, a desembocadura do río Verdugo. A primeira edición desta festa organizouse no ano 1987 por primeira vez có obxectivo de potenciar o seu consumo e proxectar a imaxe do lugar de Arcade como un punto de referencia na produccion e comercialización da mesma.
Mais Info : http://www.soutomaior.com/festa_ostra_cast.html
O Evento de Exaltación e Degustación do Mexillón de San Ciprián, Cervo, Lugo, Galicia, celébrase a mediados de abril
Un dos motivos desta celebración e atraer xente ao lugar de San Ciprián, no concello de Cervo, para ofrecerlles a oportunidade de degustar mariscos, pescados e empanadas, sendo o mexillón sen dúbida o protagonista. Cociñado de todas as maneiras coñecidas atoparáse en cada un dos locais hosteleiros da vila a disposición do publico.
O Evento de Exaltación e Degustación do Queixo de San Simón, Vilalba, Lugo, Galicia, celébrase a finais de marzo ou principios de abril
www.sansimondacosta.com
http://vilalba.org/contidos/festa-do-queixo-de-san-simon-da-costa-5/
Tfno. Concello: 982 510 305