Citas culturais anuais

Feira de Anticuarios de San Lázaro en Sarria

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

http://aldeasgallegas.com/sarria.html

 ANTIGUEDADES

Os primeiros anticuarios pódense situar na historia no século XV, no Renacimiento; época na que se fundaron Academias onde se constituíron as diferentes ramas da Arqueoloxía. Nas súas orixes os Anticuarios preocupáronse principalmente do campo literario e humanista. No século XVI fundouse a numismática española por D. Antonio Agustín. Foi no século XVII e XVIII cando realmente as investigacións dos anticuarios progresaron e formaron coleccións de obxectos antigos e dedicáronse con intensidade ao seu estudo. No século XIX, as ramas da arqueoloxía estendéronse e multiplicaronse de xeito asombroso chegando a acadar un carácter científico.

A exposición que ten lugar en SARRIA, reúne un gran número de obxectos relacionados con ideas, gustos, feitos e costumes dos nosos antepasados. Aquí o visitante vai ter a posibilidade de adquirir obxectos artísticos e ideais.

Pinturas, esculturas e participando delas , cerámica, vitraria, eraria ou broncería, cerraxería, tormentaria, armería, pezas de gliptoloxía, dactilioloxía e musivaria.

Como obxectos ideais, que nos transmiten nada máis velos unha noticia e idea do pasado, pódense atopar iconos, símbolos, libros, selos (esfraxística), moedas e medallas (numismática). Obxectos auténticos e de colección.

A oferta en obxectos que nos serven para ornato das nosas habitacións, servizo e comodidade, mobles, cornucopias, tapices, reloxos.

Bastantes pezas de mobiliario eclesiástico, altares, pilas, insignias. libros litúrgicos, retablos, candeleiros e candelabros.

Si é coleccionista ou quere adquirir algo único a un prezo xusto, nesta Feira é o momento e Sarria o lugar. Os anticuarios da comarca xúntanse este día cos vindos doutros lugares da xeografía galega aumentando a oferta e convertendo a esta feira na máis importante cita anual do sector das antiguedades.

Cada mes de abril pódese vir visitar esta FEIRA DE ANTICUARIOS DE SAN LÁZARO.

 

 

 

 

 

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web