Logo Web Aldeas Gallegas

Aldeas Galegas PaisaxeEtnografíaTradiciónDescansoGastronomíaViticulturaFeirasEventosCulturaRutas ....

Primavera

Primavera

images/layerslider/LayerSlider-5-responsive-demo-slider/01.jpg

Romaría RAIGAME en Celanova

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

LIGAZÓNS RECOMENDADAS 

 PÁXINA OFICIAL :  http://www.romariaraigame.es/

GALERIAS DE RETRATOS 2018 - 2017 - 2016

LISTA DE REPRODUCCIÓN YOUTUBE RAIGAME 2017

 


 

imprimir

Feira do Galo de Curral en Vila de Cruces

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

  A FEIRA DO GALO DE VILA DE CRUCES

 "O produto estrela da gastronomía de Vila de Cruces é o Galo de Curral en torno ao que se vén celebrando nos últimos anos unha importante festa gastronómica declarada de interés Turístico Galego.

Tradicionalmente os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo, trigo,verzas e herbas. Este sistema de crianza fai que a súa carne acade uns altísimos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.

Recollendo esta tradición no ano 1992 o Concello de Vila de Cruces creou a FESTA GASTRONÓMICA DO GALO DE CURRALque ao longo das súas edicións foi medrando en fama e popularidade, asistindo gran cantidade de público a degustar o producto, así como a presenciar os actos culturales e lúdicos que acompañan a festa. O galo de Curral pode ser degustado durante todo o ano nos restaurantes de Vila de Cruces, e pódense adquirir galos vivos ou sacrificados a través da Asociación de Criadores (teléfono 986 532 385), ou na FEIRA DO NADAL DO GALO DE CURRAL que se celebra nesas datas ".

LIGAZÓNS DE INTERESE

Fonte Web do Concello

https://gl-es.facebook.com/galodecurralviladecruces/

imprimir

Feira do viño tinto O Salnés - Barantes Ribadumia

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
  • FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS

    Carballeira de Barrantes (xuño)

    A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva

    Ribadumia atópase nunha situación privilexiada, en pleno corazón do Salnés, limitando cos municipios de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e Meis.

    As comunicacións con Ribadumia véronse favorecidas coa construción da vía rápida do Salnés e da autoestrada A-9, que permiten que a vila estea conectada cos núcleos urbáns máis próximos: Santiago, a 61 quilómetros, Vigo, a 47 quilómetros, Pontevedra, a 22 quilómetros.

    OUTROS EVENTOS DA COMARCA

  • Festa do  Pan do Salnés
  • Romaría de Santa Baia
  • Romaría de Santa Marta de Ribadumia
  • Festa do Polo
  • Feira Medieval de Pontearnelas
  • Festa do Viño Tinto do Salnés

          FONTE: Web do Concello

          Páxina Oficial do Viño do Salnés

imprimir

Feiras das Cereixas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

Feira das cereixas e do viño de Belesar

os días 17, 18 e 19 de maio feira do viño e das cereixas en Belesar. Entre os concellos de O Saviñao e Chantada esta localidade será a sede para catar os viños da zona, a gastronomía típica e os primeiros froitos da tempada.

 

 ****************************************************************************************** 

 ****************************************************************************************** 

 

San Clodio - Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil -  9 e  10 de xuño -  As cereixas da zona de Figueiredo atraen a visitantes de toda a contorna na Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil.

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 1/06/2019 ó  03/06/2019 XXXIII Festa - Feira da Cereixa de Beade (Vigo)  - Feira da Cereixa que terá lugar dende o 1 ao 3 de xuño na  parroquia viguesa de Beade. Degustar a cereixas da tempada e desfrutar das actividades programadas para o público de todas as idades.

 

 ****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019  al 07/07/2019 Festa das Cereixas (Laracha) Paiosaco, parroquia de Lestón , coincidindo coa celebración da primeira feira do mes de Xullo.

Ademais dos postos de venda de cereixas haberá varias actividades relacionadas co produto e actuacións musicais que animarán a xornada.. Festa declarada festa de interese turístico de Galicia.

Asociación de Turismo da Costa da Morte

https://www.visitacostadamorte.com/es/axenda/fiesta-de-las-cerezas-de-paiosaco

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

San Paio - Romaría das Cereixas  (Abegondo) O próximo 30 de xuño e 1 de xullo 2019  o terá lugar na parroquia de Vilacoba, no municipio de Abegondo, a festa relixiosa na honra a San Paio. Actos litúrgicos programados para a ocasión, variadas actuacións musicais e degustación gratuita de cereixas da comarca na popular Romaría das Cereixas.

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

06/07/2019 Festa das Cereixas (Culleredo) Festividade gastronómica popular que se celebrará no lugar de Peiro de Arriba, na parroquia de Celas do municipio de Culleredo, o 8 de Xullo. Os asistentes a esta xornada poderán degustar este exquisito froito de tempada e deleitarse coas variadas actuacións musicais."

 

****************************************************************************************** ******************************************************************************************

 Webgrafía: EnComún, PaxinasGalegas y Google como motor de búsqueda

imprimir

San Antonio

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FESTAS DO SAN ANTONIO

Monforte de Lemos

As festas na honra a O San Antonio,  13 de xuño,  son celebradas en moitos lugares do mundo.

En Galicia temos moita devoción por este santiño e son moitos os ditos que hai sobre a súa tradición.

- Bicarlle un pé ao santiño axuda a facer que casemos ben.

- As festas do San Antonio tes que ir a buscar parella.

A este santiño tamen se lle invoca para atopar os obxectos perdidos.

En  Monforte de Lemos,  polas festas de San Antonio, os rapaces da asociación folclórica Lemavos actuan diante do convento das Clarisas.

Acostuma a vir algún grupo de folclore invitado, así puidemos ver en edicións anteriores agrupacións da rexión de Murcia e do país irmán Portugal que podes ollar nalgún dos enlaces inferiores. No 2016 por coincidir a luns soamente actuaron membros da Escola de Infantil de Danza Lemavos e o grupo de Danza Tradicional Lemavos patrocinados pola comisión de festas do barrio de San Antonio de Monforte.

No 2018 acompañou aos Lemavos  neste festival folclórico do San Antonio o grupo de música tradicional De Pe Feito que podes ver  tanto nas imaxes como na seguinte ligazón á lista de reproducción de Youtube 2018.

Lista de reproducción de vídeos actuación 2018

Lista de reproducción de videos actuación 2017

Lista de Reproducción de Vídeos 2016

ENLACE A FOTOS E VIDEOS 2012  - 2013  - 2014  - 2015 - 2016

 

 

http://aldeasgallegas.com/SanAnton/index.htm

Enlace a páxina ano 2015 e anteriores

Tenda de Retratos

imprimir

No marzal: Festa da Arribada - Gran Mercado Medieval- Baiona

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

imprimir

Feira de Anticuarios de San Lázaro en Sarria

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

6 E 7 DE ABRIL 2019

ANTIGUEDADES

Os primeiros anticuarios pódense situar na historia no século XV, no Renacimiento; época na que se fundaron Academias onde se constituíron as diferentes ramas da Arqueoloxía. Nas súas orixes os Anticuarios preocupáronse principalmente do campo literario e humanista. No século XVI fundouse a numismática española por D. Antonio Agustín. Foi no século XVII e XVIII cando realmente as investigacións dos anticuarios progresaron e formaron coleccións de obxectos antigos e dedicáronse con intensidade ao seu estudo. No século XIX, as ramas da arqueoloxía estendéronse e multiplicaronse de xeito asombroso chegando a acadar un carácter científico.

A exposición que ten lugar en SARRIA, reúne un gran número de obxectos relacionados con ideas, gustos, feitos e costumes dos nosos antepasados. Aquí o visitante vai ter a posibilidade de adquirir obxectos artísticos e ideais.

Pinturas, esculturas e participando delas , cerámica, vitraria, eraria ou broncería, cerraxería, tormentaria, armería, pezas de gliptoloxía, dactilioloxía e musivaria.

Como obxectos ideais, que nos transmiten nada máis velos unha noticia e idea do pasado, pódense atopar iconos, símbolos, libros, selos (esfraxística), moedas e medallas (numismática). Obxectos auténticos e de colección.

A oferta en obxectos que nos serven para ornato das nosas habitacións, servizo e comodidade, mobles, cornucopias, tapices, reloxos.

Bastantes pezas de mobiliario eclesiástico, altares, pilas, insignias. libros litúrgicos, retablos, candeleiros e candelabros.

Si é coleccionista ou quere adquirir algo único a un prezo xusto, nesta Feira é o momento e Sarria o lugar. Os anticuarios da comarca xúntanse este día cos vindos doutros lugares da xeografía galega aumentando a oferta e convertendo a esta feira na máis importante cita anual do sector das antiguedades.

Cada mes de abril pódese vir visitar esta FEIRA DE ANTICUARIOS DE SAN LÁZARO.

 

 

 

 VERSION PRIMEIRA http://aldeasgallegas.com/sarria.html

 

 

imprimir

Feira do Viño AMANDI - D.O. Ribeira Sacra

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

  "Amandi é a historia dun resurxir continuo, dun negarse a perder a batalla. Amandi é o sudor e a esperanza dunha xente convencida de que o futuro tamén pode ser seu. Iste futuro, empezouse a escribir  cando un grupo de veciños  decidiu revitalizala antiga feira de gando do domingo de Ramos;  por elo invitouse aos colleiteiros de viño da zona de Amandi a que trouxeran a capitalidade do municipio unha pequena mostra dos seus caldos. Por parroquias, o Amandi, colleitase en:  Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte de  Anllo San Martiño e Anllo Santo Estevo. En total son 200 hectáreas de viñas, repartidas entre algo máis de 300 viticultores, e con 29 adegas  inscritas no Consello Regulador."

Fonte: Web do Concello http://www.concellodesober.com

Edicións anteriores :

2019 - XXXIX Feira de Amandi 13 e 14 de ABRIL

AMANDI 2018

AMANDI 2017

AMANDI 2016

 

 

 

AMANDI 2015   

AMANDI 2014    

 

imprimir

14 de Abril - Feira de Artesanía do Ferro en Riotorto

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

NO NORTE DA PROVINCIA DE LUGO....

FERRO EN RIOTORTO

Fotos : Laura Alonso

 Os seguintes enlaces conteñen información sobre a tradición do Ferro  nestas  terras

 https://jomacacuchillos.wordpress.com/2015/01/27/un-poco-de-historia/

https://mafartesania.com/category/feira-da-artesania-do-ferro-de-riotorto/

http://www.herculesediciones.com/gl/un-homenaje-a-los-ferreiros-de-lugo-por-jose-manuel-salgado/

http://www.concelloderiotorto.gal/es/content/el-pasado-de-riotorto

 

imprimir

Festa de Exaltación do Viño da Ulla D.O. Rías Baixas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

http://festadovinodaulla.com/

D.O. Rías Baixas - Subzona Ribeira do Ulla.

San Miguel de Sarandón - Concello de Vedra

Festa de Exaltación do Viño da Ulla, viño albariño da subzona do Ulla, a única que pertence á provincia da Coruña. 
Mostra dos Viños da D.O. Rías Baixas Degustación gratuita de viño, que se podrá tomar acompañado de filloas, pulpo, empanada e pichos tradicionais .

Poderás ver carros de bois cargados cós bocois do viño e catalos disfrutando ao son das gaitas e presenciando do espectacular desfile de gaiteiros.

 

Enlace Noticia 2017 

Outro enlace  FOTOS 2017 

 

imprimir

  • 1
  • 2
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS